Sen tempo para recuperarse dun partido xa temos outro enriba. Desta volta xogamos contra o Coristanco e, debido ó complicado de xogar entre semana (a maioría dos xogadores non residen en Camelle), fixose un cambio co Coristanco para desputar nesta primeira volta o partido na terra da pataca, deixando para a segunda volta o xogar “na casa”.
Teremos moitas dificultades diante dun equipo que está situado na cuarta posición da clasificación, mesmo lugar que acadou a tempada pasada e que casi fai que ascendan a liga da costa (2º autonómica), xa non só polas cualidades do rival, senon tamén pola cantidade de ausencias nas nosas filas, xa que difícilmente conseguiremos levar a once ou doce xogadores.
O partido desputarase no campo “A Rocheira” de Coristanco, (93x53m) de herba artificial. As cores oficiais do Coristanco son camisola verde e pantalón branco.
8ª Xornada:
- Fecha e hora: Mércores 12 de Outubro ás 17:00 horas
- Campo: “A Rocheira” de Coristanco (sintético)
No hay comentarios:
Publicar un comentario