jueves, 31 de enero de 2013

12-13. 21ª xornada. Previa



A liga non para e este sábado toca partido complicado ante o Cerqueda. O equipo malpicán sigue a súa línea de temporadas anteriores e está situado en postos de promoción de ascenso, e buscarán unha victoria que os consolide nos mesmos e os acerque ó terciro posto que ostenta o Camelle. A súa posición na táboa é a quinta, con trintaecinco puntos. A xeira de resultados dos seus partidos neste ano é a seguinte: Pinchar aquí

A temporada pasada o resultado foi de catro a cero favorable ó Cerqueda



  • XORNADA: 21ª_ UD CERQUEDA - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Sábado 2 de Febreiro 2013 ás 16:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos con nubes e claros e con chuvias, vento moderado do norte, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Vázquez Lema, David (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal "Xaviña" de Buño, de herba artificial e de 97x59m, as cores oficiais do Cerqueda son pantalón e camisola brancas.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23 horas no facebook
  • lunes, 28 de enero de 2013

    Crónica 20ª xornada


    Importante victoria do Camelle para afianzarse no terceiro posto na táboa clasificatoria.
    • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Adrián P., min. 46), Mauri, Valiña, Javi Rañal, Varu (Álvaro Pantera, min. 85), Mario, Sergio, Jose (Buri, min. 75), Tedín (René, min. 77) e Barreiro.
    • XAVIÑA: Moro, Chiribi, Esteban, Juan Antonio, Rodrigo (Pión, min. 46)  Beto, Gatuso, David (Gallego, min. 75)  Perucho (Elvis, min. 75), Felipe e Martelo (Ruso, min. 65).
    • GOLES: 1-0, min. 60 - Jose, 2-0, min. 70 - Barreiro, 3-0, min. 81 Varu.
    Bo resultado o colleitado polo Camelle diante dun Xaviña moi loitador pero que só creou perigo a balón parado.

    Empezou ben o partido o Xaviña presionando moito no medio campo a un Camelle que tentaba levar o control do partido sen conseguilo e por momentos tiña que xogar moi preto da súa área. Un Xaviña que creou moita incertidume na defensa local a balón parado, xa fora en saques de esquina ou en lanzamentos de falta lateral, nas que conseguían rematar case sempre, e, nunha desas foi Javi o que sacou o balón baixo paus na xogada mais perigosa dos visitantes. Foise estirando o Camelle e froito delo chegaron varias ocasións moi claras. Primeiro unha de Barreiro que se foi só a portería e quixo regalarlle o gol a Sergio, pero non foi quen de empurrar a gol o pase da morte. Un Sergio moi activo e que obligou a lucirse ó Moro cando, tras unha parede con Barreiro, lanzou dende fora do área e xa se cantaba o gol na grada. Noutra internada de Sergio o seu lanzamento cruzado pasou rozando o pau da portería visitante. Tamén Mario tivo a súa pero o marcador non variaría neste primeiro tempo.

    Foi distinto o partido na segunda metade, na que o Camelle se foi arriba e non permitiu xogadas de perigo do Xaviña. Estivo, ademais, moi acertado cara o gol e Jose, adiantandose ó porteiro e picandolla por riba, facía o primeiro da noite facendo xustiza ó visto. Dez minutos despois foi Barreiro o que cruzaba o balón ó fondo das mallas nun bó pase en profundidade de Adrián. Poido facer Jose o terceiro de maneira similar a como conseguira o seu gol, pero desta volta o balón que tocou por riba do porteiro foi petar na base do pau e saiu fora. O golazo da noite fixoo Varu no saque dunha falta dende trintaecinco metros e escorada ó lateral dos banquillos, cando viu que o porteiro estaba mais pendiente dun centro decidiu golpear directamente a porta e, ainda que o porteiro chegou a tocar o balón, non foi dabondo para que este se acabara colando no fondo da portería do Xaviña para deixar o marcador nun claro tres a cero.

    A mentalidade do equipo debe ser ir partido a partido e xa se verá a dón de se pode chegar arroupados por un afeción que non desfallece e continúa animando ó equipo ónde sexa, no noso campo, nos desprazamentos ou, como nestes últimos encontros, no "exilio" camariñan

    jueves, 24 de enero de 2013

    12-13. 20ª xornada. Previa

    Continúa o "desterro" do Camelle en Camariñas debido ó mal estado do campo do Rodeiro. E será para enfrontarse a un Xaviña que xoga os seus partidos nese campo, polo que non se verá afectado por xogar fora da casa. Un Xaviña moi irregular (ver resultados do Xaviña) e que depende moito de que poida dispoñer dos "xogadores titulares" para acadar resultados. O Xaviña está decimosegundo na táboa clasificatoria con vintaetres puntos, non moi lonxe dos postos que dan dereito ó play-off e polos que intentarán loitar de seguro.

    O ano pasado o Camelle gañou o partido que desputamos de locais en Camariñas por un gol a cero.



  • XORNADA: 20ª_ SD CAMELLE - XAVIÑA FC
  • DATA E HORA: Sábado 26 de Xaneiro 2013 ás 18:30h (fonte: información propia do clube)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: intervalos anubrados con chuvascos, vento forte do sur, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO:   (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do municipal "Hermanas Patiño" de Camariñas, de herba artificial e de 98x58m, as cores oficiais do Xaviña son pantalón azul e camisola branquiazul.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .
  • lunes, 21 de enero de 2013

    Partido suspendido

    Polas malas condicións do terreo de xogo de Portorrubio tivo que ser suspendido o partido desta xornada  en Alcaián ata novo aviso, do que se informará puntualmente tanto aquí como no facebook do Camelle

    jueves, 17 de enero de 2013

    12-13. 19ª xornada. Previa


    Tras a derrota do último partido só queda pensar no Alcaián para mellorar a imaxe ofrecida. O equipo de Coristanco non será un rival facil, e moito menos no seu campo, e ven, ademais, de golear ó Lira a domicilio por cero goles a sete, mostrando unha importante melloría nas últimas xornadas. Decimosegundos con vintaedous puntos, non están moi lonxe dos postos de loita polo ascenso e, nesta liga tan apretada, tres bos resultados farían que estivesen ahí.. A xeira de resultados dos seus partidos neste ano é a seguinte: Pinchar aquí

    A temporada pasada o resultado foi de catro a dous favorable ó Alcaián


  • XORNADA: 19ª_ SD ALCAIÁN - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 20 de Xaneiro 2013 ás 16:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos anubrados con chuvias frecuentes, vento moderado do sudoeste, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Castreje Ferrío, David (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo "Portorrubio" de Alcaián - Coristanco, de herba natural e de 90x60m, as cores oficiais do Alcaián son pantalón negro e camisola amarela.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas no facebook
  • lunes, 14 de enero de 2013

    Crónica 18ª xornada

    Merecida derrota do Camelle no peor partido que se lle recorda dende que volveron a competición.
    • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Tedín, min. 50), Manuel (Adrián P., min. 50)  Valiña, Matías, Varu (René, min. 83), Mario, Miguel, Jose (Sergio, min. 62), Javi Rañal e Barreiro (Adrián T., min. 83).
    • LAXE: Illote, Adrián, Jacinto, Naya, Pailos, Gora (Samuel, min. 46), Borja, Mandi, Felipe, Saleta, Carrabete.
    • GOLES: 0-1, min. 25 - Carrabete, 0-2, min. 45 - Mandi, 0-3, min. 93 Felipe
    • EXPULSIÓNS: Matías, min.57. Carrabete, min. 60. Miguel, min.82
    Partido con pouco futbol por parte dun Camelle que colleita a primeira derrota como local da tempada e volve a perder cun Laxe que xa lle ganara na primeira volta.

    Non empezou mal nin o partido nin o Camelle, que os catro minutos dispoxo dunha boa ocasión por medio de Miguel a pase de Barreiro que desbaratou o porteiro visitante. Pouco despois foille anulado un gol ó Laxe por fora de xogo e nova ocasión, esta vez para Barreiro, que non foi quen de precisar unha bolea dende a frontal cando se cumpría o cuarto de hora. O Laxe estaba moi ben prantado e intentaba sair a contra con moita rapidez, pero foi nun saque de esquina ós vintaecinco minutos cando, cun remate franco de cabeza, se adiantaba no marcador. E aquí empezou a debacle do Camelle, mais preocupado en protestarlle ó árbitro as reiteradas faltas do Laxe que en desputar o encontro.  Un achegamento de Barreiro nun mal despexe da defensa laxense cun lanzamento desviado foi o pouco fixo o equipo local ata o final do primeiro tempo, un final que chegou co segundo gol do Laxe, noutro saque de esquina tras unha parada de moito mérito de Carlos de Dido (de novo porteiro por lesión de Purrúa). O lanzamento do corner chegou rexeitado ó borde do área onde o xogador do Laxe voleou sen oposición para facer un gran gol. 

    A segunda metade foi un autentico correcalles, onde o Laxe executaba rápidas contras ante un Camelle deslabazado en pós dun gol que o metera no partido, e no que o colexiado se fixo protagonísta cambiando toda a permisividade que tivera co Laxe na primeira parte por unha sucesión de amonestacións mais que discutible e que fixo que ningún dos dous equipos acabase o partido cos once xogadores no campo. Se ben é certo que o Camelle o intentou ata o pitido final, tamén é claro que o fixo sen ton nin són, con moitas guerras individuales e con constantes perdas de ubicación de posicións, onde ninguén estaba onde tiña que estar. O Laxe tentou aprovietar isto con perigosas contras, pero entre o longueiro e un inspirado Carlos de Dido (sen dúbida o mellor do equipo) non foron capaces de facer o terceiro ata o minuto noventaetrés cando tras un novo paradón de Carlos, aproveitaron o seu rexite para marcar a pracer.
     
    Non sentou nada ben ó equipo o "exilio" camariñan e agora só queda pensar no seguinte partido e afronta-lo do mellor xeito posible. Destacar sobre todo á magnifica afeción do Camelle que se desprazou ata Camariñas para animar ós nosos e, encabezados por Ana Pérez, non deixaron de animar en ningún momento a pesar do mal partido e do resultado.

    jueves, 10 de enero de 2013

    12-13. 18ª xornada. Previa

    Empeza a segunda volta da competión coa retirada do Fisterra B e empezamos xogandoa "na casa" diante dun dos dous equipos que nos gañaron na primeira volta. Por se fora pouco, teremos, ademais, que xogar en Camariñas debido ó mal estado do noso propio campo. E chega forte o equipo Laxeiro con dúas clarísimas victorias nos últimos partidos xogados fora da súa casa (ver resultados do Laxe). O Laxe está noveno na táboa clasificatoria con vintaetres puntos, a só unha victoria dos postos que dan dereito ó play-off.

    O ano pasado gañaron o partido que desputamos  por dous goles a tres.



  • XORNADA: 18ª_ SD CAMELLE - SD. LAXE
  • DATA E HORA: Sábado 12 de Decembro 2012 ás 18:30h (fonte: información propia do clube)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: intervalos anubrados con chuvascos, vento moderado do oeste, temperatura en torno ós 10ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Fernández Blanco, David  (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do municipal "Hermanas Patiño" de Camariñas, de herba artificial e de 98x58m, as cores oficiais do Laxe son pantalón e camisola brancos.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .