lunes, 26 de marzo de 2012

Crónica 32ª xornada

Inxusta derrota do Camelle na casa diante dun Laxe que non mereceu os tres puntos.
  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Carlos de Dido, Manuel, Coruña (Buri, min. 80),  Adrián, René, Iván, Jose (Varu, min. 75) , Sergio , Barreiro e Mario.
  • LAXE: Diego, Rellán (Illote, min.78), Aarón, Naya, Ventura, Jacinto (Saleta, min. 46), Borja, Roi (Rivera, min. 46), Darío, Samuel e Iván Ferreiro.
  • Goles: 0-1, min.6: Samuel, 1-1, min.20: Barreiro, 1-2, min.48: Saleta, 2-2, min.52: Mario (de penalti), 2-3, min. 89: Saleta.
I e que o pouco acerto cara o gol dos camelláns impediu que o Laxe saira non só goleado de Camariñas senon cunha victoria a todas luces inxusta.

Nunha primeira parte igualada e moi entretida ambos equipos intentaron controlar o encontro, ó comezo o Laxe  e pouco a pouco o noso equipo que se foi facendo co mesmo. Empezou marcando o Laxe cando ainda non se saira da caseta co que conseguiron crear incertidume nos nosos xogadores, que pouco a pouco se foron asentando no partido ata que Barreiro conseguiu de vaselina o empate. Foi con este cando o Camelle se fixo co control do partido e poido adiantarse antes do descanso nun lanzamento a porta baleira de Barreiro a pase de Mario (ver foto do instante) que se lle marchou por riba cando xa non había porteiro.

Pero foi na segunda parte, na que o Laxe marcou nada mais empezar o segundo gol en claro fora de xogo e o Camelle empataba de penalti por mans da defensa por medio de Mario cinco minutos despois, na que o Camelle deu un autentico baño os Laxenses, con constantes chegadas a portería (Barreiro tivo tres man a man co porteiro nas que duas llas parou o acertadísimo cancerbeiro e noutra lle fixeron un penalti que viu todo o mundo menos o árbitro) e cun xogo combinativo que desarbolou totalmente a un equipo da zona media alta da clasificación, pero sen acadar o premio do terceiro gol. A dez minutos para o final unha acción discutible mandou para a caseta a Varu e ó porteiro visitante, trastocando o que ata ese momento se vira no campo, e aprobeitando o Laxe para facer co tempo case cumplido un  gol que lle daba os tres puntos que non merecera en toda a tarde.

Agradecer de novo a afección o seu apoio e mandarlle dende aquí un saudo ó Coruña, que sufriu no partido un forte golpe que lle causou unha pequena fractura no nocello e un forte esguince, ¡¡¡Ánimo Ángel!!.

lunes, 12 de marzo de 2012

Crónica 30ª xornada

Volveu a perder o Camelle na casa dando a cara diante dun dos grandes da categoría.
  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Carlos de Dido, Manuel, Mauri, Adrián, René (Valiña, min. 70), Varu (Iván, min. 55), Jose (Tedín, min. 65) , Sergio (Buri, min. 80), Barreiro e Mario.
  • CABANA: Añón, Eloi García, Jose, Fariña (Rubén García, min. 65), Marcos, Sandro, Adrián (Pablo, min.73), Diego (Miki, min.72), Fernando (Pancho, min. 82), Ruben Rama e Eliseo (Moreno, min. 88) .
  • Goles: 0-1, min.60: Miki, 0-2, min.67: Eliseo, 1-2, min.75: Mario (de penalti).
Outro bo partido do Camelle sen premio e outra vez diante dun dos grandes que é onde os noso xogan o seu mellor futbol ainda que novamente sen premio.


Nunha primeira parte onde o partido estivo moi igualado o único que levou perigo a portería contraria foi o noso equipo, que tivo por medio de Sergio, ó pouco de principiar o partido, unha gran ocasión para desnivelar o marcador pero na que o seu lanzamento marchou fora por pouco. Tamén Manuel rematou cerca do pau un saque de esquina botado por Varu. Despois moito control e moi pouco perigo en ambas portas, pero con boas sensacións por parte dos nosos.

Empezou a segunda metade polo mesmo camiño pero o Camelle a contra podía acadar algo mais. Foi nestas cando nunha boa xogada se plantou só Mario diante do porteiro visitante (o mellor do seu equipo) que fixo un paradón ó seu lanzamento axustado desviandoo a corner. Adiantouse inxustamente o Cabana nun lanzamento de falta sen perigo aparente pero no que Carlos non andivo fino. Entón o Camelle subeu as liñas o centro do campo para tentar presionar mais arriba e acada-lo empate, pero o que chegou foi o segundo gol do Cabana noutro despiste de Carlos que co equipo arriba estaba debaixo dos paus. Non se rendeu o Camelle que recurtou distancias nun lanzamento dende os once metros de Mario  nunha xogada un tanto rigurosa e na que o porteiro cabanés fixera dous paradóns (un a Barreiro e outro a Adrián) antes de facerlle o penalti a Adrián. Cos cambios feitos intentou o equipo a igualada, pero esta xa non chegaría, ainda que as sensacións foron boas antes de derbi contra o Xaviña da vindeira semana.
Novamente a afeción deixou a súa pegada nas gradas do Hermanas Patiño, causando admiración incluso no equipo visitante, que se maravillaban do ambiente cun punto de envexa.

lunes, 5 de marzo de 2012

Crónica 29ª xornada

Un empate sacou o Camelle na súa visita ó Muxía nun partido no que os erros propios impedironlle levar os tres puntos.
  • MUXÍA: Ángel Luis, Carrera, Martinciño, José Manuel, Pataca, Julián, David Pena (Juan do Coral, min.46), Ramón, Raúl, Peski e Arxires.
  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Carlos de Dido, Manuel, Mauri, Adrián, René, Varu, Valiña, Sergio, Tedín e Mario.
  • Goles: 0-1, min.25: Mario, 1-1, min.47: En propia porta.
Partido entretido o visto na tarde do domingo en Muxía onde a falla de puntería dos nosos en ataque impediu colleitar unha victoria merecida.

Dominio prácticamente total do Camelle durante o primeiro tempo con múltiples ocasions de gol nun campo en que non o poñía nada fácil debido ó seu estado. I é que o vento axudou moito a que o balon estivese prácticamente todo o tempo no campo local e o Camelle dispuxera durante a primeira parte ocasións claras por medio de Valiña, Varu, Mario, Tedín e Mauri, pero só Mario foi capaz de enviar o balón dentro da porta do Muxía nun bo remate en volea imposible para o porteiro. Gol que tivo unha dedicatoria especial para o noso compañeiro Diego e a súa muller, que o venres foron pais de dous fermosos rapaces Ízan e Daniela. A única ocasión de perigo do Muxía foi nun remate de cabeza nunha falta lateral e un contragolpe onde os locais pediron a expulsión do noso porteiro ó derribar ó dianteiro muxián antes de entrar no área.

No segundo tempo e co vento tamén de protagonista sacudiuse o Muxía o dominio e tirou do equipo para arriba. Na primeira xogada que tivo conseguiu empatar no lanzamento dun corner nunha xogada desgraciada para os nosos xa que o despexe do porteiro petou no lombo dun dos nosos e colouse dentro da portería. Tentaba poñer coto o Muxía a portería de Camelle pero todo o que conseguía era facer lanzamentos lonxanos ben atallados polo noso porteiro ou xogadas de estratexía que a nosa defensa resolveu con solvencia. Non tirou o partido o Camelle que pouco a pouco foi sacudíndose da presión local e foi chegando a portería contraria, dispoñendo de varias ocasións claras, destacando unha de Adrián, outra de Tedín e outra de Varu que si ben fixo un moi bó partido non tivo sorte a hora de definir cara o gol.

De novo a magnífica afeción do Camelle volveu a acompañar en masa ó equipo que nunca está só ala dónde xogue.