lunes, 19 de diciembre de 2011

Crónica 20ª Xornada

Regalo de Nadal do Camelle ó Cerqueda no último partido.
  • CAMELLE: Carlos, Adrián, Carlos de Dido, Mauri, Cristian (Juanjo, min.45), Buri (Álvaro Pantera, min. 60), Valiña, Tedín, Sergio (Alberto, min.80), Mario, e Barreiro.
  • CERQUEDA:Rubén, Javi Pazos, Juan, Javi, Nión, Cane, Sante, Maikol, Lorenzo, Dani Añón (Juanjo, min.55), Manu.
  • Goles: 0-1, min.10: Lorenzo, 0-2, min.18: Dani, de penalti, 1-2, min. 25: Sergio, 1-3, min.28: Lorenzo, 2-3, min.75: Mario.
Levou o agasallo de Papa Noel o Cerqueda por anticipado do campo do Camelle nesta última xornada do ano. I é que tan só os propios erros do noso equipo foron os que fixeron que marcharan os tres puntos para terras malpicanas.
Empezou moi nervioso e desubicado o Camelle que regalou un balón dentro da área que non foron capaces de despexar entre tres xogadores para que o dianteiro do Cerqueda marcase fácil o un a cero cando case nen se empezara a suar no campo. Pero a cousa non se arreglou cando pouco despois Mauri cometeu un claro penalti onde ninguén o chamara para que o Cerqueda se puxese co partido de cara. Pero foi este o punto de inflexión do partido, o punto onde os nosos rapaces se puxeron a xogar e a dominar o encontro. Empezou avisando Felipe nun bo desmarque co que quedou só diante do porteiro pero a vaselina que intentou saiu fora por moi pouco; tras un rápido saque de banda conseguiu Sergio recurtar distancias e traer esperanzas tanto ós propios xogadores como a multitude de afecionados que, unha vez mais, se deron cita no Hermanas Patiño. Seguiu por esa senda o Camelle (a do bo xogo e a presión) en nun bó desmarque chegou o penalti e a expulsión do porteiro Cerquedense. Non foi capaz Barreiro de conseguir o empate dende os once metros (e levamos tres fallos de tres lanzamentos). Para mais colmo, na seguinte xogada, unha indecisión entre Adrián e Carlos de Dido nun balón franco para a defensa, converteuse nun man a man entre o dianteiro visitante e o noso porteiro para converterse no un a tres.
Non camboiu nada este gol e continuou o Camelle co bo xogo e co dominio do encontro (axudado pola inferioridade numérica do Cerqueda). Foi así durante todo o que quedou de partido pero só Mario mediada a segunda metade e cun gran gol foi capaz de recurtar distancias e achegar ó equipo a un resultado positivo. Finalmente non poido ser e un efectivo Cerqueda conseguiu marcar tres goles en tres lanzamentos a portería gracias ós nosos propios erros.

Os mais destacados do partido foron Sergio e Mario. Pero tamén hai que decir que deberíamos ter un pouco mais de tranquilidade e intentar xogar ó futbol olvidándonos de circunstancias externas ó equipo, como poidan ser os árbitros ou o público. Todos sabemos que esta é a categoría federada mais baixa do pais, co que os árbitros tamén son da mesma categoría, pero o que temos que facer é xogar mellor que os demais e olvidarnos de culpar a outros de cousas que nós poderíamos solucionar.
Ánimo equipo, que xogando como neste partido sacaranse bos resultados en breve.

viernes, 16 de diciembre de 2011

Previa 20ª xornada

Comeza a segunda volta da competición cun novo partido do Camelle no Hermanas Patiño de Camariñas, esta vez diante do Cerqueda.

Xa avisou o Cerqueda do seu potencial na primeira volta onde nos derrotaron claramente no seu campo por catro goles a cero nun partido onde o Camelle non estaba rodado. Veremos se somos capaces de sacar un resultado positivo no noso campo para mellorar o feito ata o de agora

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Cerqueda son camisola e pantalón blanco.

Hermanas Patiño de Camariñas
20ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 17 de Decembro ás 18:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)
     - Previsión meteorolóxica: intervalos nubosos, vento moderado do noroeste, tempertura sobre os 11º.
     - Árbitro: Gómez Senin, Jesus Miguel

jueves, 15 de diciembre de 2011

Resumo da primeira volta

Por motivos laborais levo tres semanas co blog desatendido (cando non se pode non se pode...), pero eso non quere dicir que esto rematara, espero que apartir de aquí poda seguir desenvolvendoo como ata o de agora.

Bueno, vamos ó chollo. O caso é que rematou a primeira volta sen moitas novedades, destacando a fichaxe de Tedín que esperemos poida aportar cousas ó equipo, e unha nova lesión de importancia, esta vez foi René o que sufreu unha caida en bicicleta que lle custou a fractura do escafoides e uns dous meses de baixa.

Dentro de tódalas circunstancias que rodearon ó equipo nesta primeira volta do campionato non podemos mais que facer un balance positivo, por mais que a terquedade dos resultados e a clasificación inviten ó contrario. Primeiro porque as lesións fixeron barro nos nosos xogadores (houbo partidos nos que só tivo a once xogadores dispoñibles); segundo porque para ser o primeiro ano deste equipo, sempre dou a cara nos partidos, mais aló do resultado dos mesmos, e terceiro e definitivo, porque temos unha das mellores afecións do mundo que está a apoiar ós nosos de maneira incondicional a pesar das circunstancias.

Por todo esto non queda mais que animarse, rematar o ano cun bo partido diante do Cerqueda, e empezar o 2012 recuperando a xente lesionada e que vai a facer subir o listón do equipo.

Ánimo CAMELLE!!!!