jueves, 27 de octubre de 2011

Previas - 11ª e 12ª xornadas

11ª Xornada

Partido que se prevé difícil para o Camelle en Neaño contra o Cabana, máxime cando eles están nunha boa racha de resultados e nunha boa situación na táboa clasificatoria (cuartos, a só catro puntos do líder pero cun partido menos) e nós no fondo da mesma.

Teremos que aproveitar a confianza que poidan ter por enfrontarse ó pechacancelas, intentar manter a nosa a porta a cero (algo que ainda non fomos capaces no que vai de liga) e esperar que recuperemos a algún xogador. O ano pasado, o Cabana rematou sexto na clasificación, o que dá conta do seu potencial na categoría.

O partido desputarase no campo “As Redondas” de Neaño, (91x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Cabana son camisola a raias azuis e negras e pantalón negro.

As Redondas de Neaño
11ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 29 de Outubro ás 18:00 horas
     - Campo: “As Redondas” de Neaño (sintético)
     - Previsión meteorolóxica: ceos pouco anubrados, vento fruoxo do sudoeste, tempertura entre os 16 e os 14º.
     - Árbitro: Gestal Caridad, Borja

12ª Xornada

E sen tempo para dixerir o resultado do partido do sábado, xogarase unha nova xornada o martes día de Todolos Santos. Será en Camariñas diante do Xaviña e farémolo como locais.

Será un derbi difícil para os dous equipos que xa nos enfrontamos en pretemporada cun resultado de empate a dous. Tampouco marcha ben o equipo xaviñan, ainda que están a merecer mellores resultados dos que están a lograr. O ano pasado ocuparon a penúltima posición na clasificación final do campeonato.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Xaviña son camisola branquiazul e pantalón azul.

Hermanas Patiño de Camariñas
12ª Xornada:
     - Fecha e hora: Martes 1 de Novembro ás 19:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)
     - Previsión meteorolóxica: ceos moi anubrados con posibilidade de choivas febles, vento forte do sur-suroeste, tempertura sobre os 15º.
     - Árbitro: Castelo Pérez, Diego

lunes, 24 de octubre de 2011

Crónica 10ª xornada

Inxusta derrota do Camelle diante dun Muxía inferior no que se desaprobeitou un penalti.
  • CAMELLE: Carlos, Juanjo, Mauri, Coruña, Cristian, Valiña, Varu, Adrián, Sergio, Mario e René (Álvaro Pantera, min.75).
  • MUXÍA:Ángel Luis, Raúl, Martín, Sergio, Currás, Javi, Julián, Ziro, Pesqui, Arxires e Alberto.
  • Goles: 1-0, min.20: Cristian; 1-1, min.44: Arxires; 1-2, min.60: Pesqui.
Dificil explicar o resultado do partido despois do visto os noventa minutos sobre o campo camariñán. O noso equipo dominou completamente o encontro de principo a fín pero non acadou premio ningún ó seu esforzo. Cun equipo de circunstancias debido as baixas e as sancións (só tiñamos doce xogadores ainda que se recuperou ó porteiro e a Mauri despois de nove partidos) comenzou dominando o Camelle, xogando sempre o balon ó pé e facendo boas combinacións. Sen embargo foi Cristian quen marcou un golazo dende fora da área logo de varios rexeites da defensa muxiana. Non fixo o gol que cambiara o partido senon que o Camelle segiu tocando e dominando, cunha ocasión moi clara de René a pase de Mario e coas internadas de Sergio pola banda esquerda facendo moito dano. A media hora un bo pase en profundidade cara Adrián comberteuse nun claro penalti por mans do defensa de Muxía que, sen embargo, Mauri non foi capaz de converter en gol. Xusto antes do descanso conseguio empatar o Muxía no lanzamento dunha falta pola escadra no seu primeiro tiro a porta (Carlos fixera minutos antes un paradón nun mal despexe de Juanjo cara a nosa portería).
No segundo tempo, e xa con noite, seguía todo igual, ainda que xa non creabamos tanto perigo cara a porta muxiana, ata que chegou a xogada clave do partido. O árbitro pitou unha falta a favor do Muxía na frontal da nosa área (falta que por certo non foi), o xogador do Muxía quedou mancado no chan con evidentes síntomas de dor, os xogadores do Camelle acudiron ó rapaz que estaba sen aire e facendo ostensibles chamamentos ó banquillo muxián. No medio do barullo, e co entrenador do Muxía dentro do campo, os visitantes sacaron a falta (pedindolle barrera ó árbitro que dí que él non o escoitou) e marcaron un gol que o árbitro concedeu, pero do que personalmente opino que, a mín, daríame vergonza marcar un gol así. Ainda estivo uns minutos o partido detido ata que se recuperou o rapaz, pero o árbitro non variou de opinión e os visitantes acadaban o gol da victoria.
Esta xogada espoleou os nosos que convertiron o resto do partido nun asedio a portería visitante, ainda que certamente con pouco perigo e principalmente con tiros lonxanos, máxime cando o Muxía quedou con dez xogadores pola expulsión dun centrocampista. Pero o marcador xa non se moveu mais e rematou cunha nova derrota do Camelle.
Todo o equipo tivo un boa actuación, pero os mais destacados foron Valiña, Sergio, Adrián e Cristian co seu gol.
Non gustou tampouco os xogadores do Camelle a excesiva “agresividade” dalguns xogadores do Muxía que se pasaron o partido ameazando (sobre todo ós xogadores mais novos do Camelle) con romper pernas, dar patadas en cabezas, etc… Non é a primeira vez que algún equipo se queixa desto contra o Muxía que, ó mellor, se debería replantear que clase de deportividade inculca os seus rapaces.

jueves, 20 de octubre de 2011

Previa - 10ª Xornada

Nova xornada de liga para o Camelle que, outra vez, vai ter moitas dificultades para formar un once. O rival será o Muxía, último clasificado nestes intres pero que teñen un equipo moi agresivo que vai a loitar por levarse os tres puntos do campo camariñan. O ano pasado o Muxía quedou en noveno lugar na liga, o que demostra que teñen mais equipo do que nestes momentos dí a clasificación.

Ademais de tódalas baixas que temos dende hai varias xornadas, haberá que sumalas de Carlos de Dido cunha perna inflamada, Barreiro e Manuel por sanción e Iván que, probablemente, non poderá vir esta semana. Esperemos, polo menos, recuperar ó porteiro, e pode que a Mauri.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Muxía son camisola vermella e pantalón azul.

6ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 22 de Outubro ás 19:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)
     - Árbitro: González Seoane, Daniel
     - Previsión meteorolóxica: ceos con nubes e claros, vento fruoxo e variable, tempertura sobre 15º.     

miércoles, 19 de octubre de 2011

Entrenamentos na Coruña

Queremos desde este blog agradecer ó At. San Pedro de Oleiros a oportunidade que lle dan ós xogadores do Camelle que viven na Coruña e arrededores de poder entrenar con eles. Este agradecemento faise extensivo tanto ó clube, como a entrenedores e xogadores do equipo, que tan ben recibiron na xornada de onte ós nosos rapaces.
Lembrar que os entrenamentos son os martes e venres as oito e media da tarde no campo do San Pedro (ainda que os venres TODOS os que poidan deberían entrenar en Camariñas).
Do mesmo xeito instar a que os rapaces que están en outros lugares (Santiago, Ferrol, León, etc...) intenten buscar un equipo co que poder entrenar, que seguro lle deixaran facelo encantados.

lunes, 17 de octubre de 2011

Crónica 9ª xornada



Derrota do Camelle en Cee diante dun rival combativo
  • At.PEREIRIÑA:Simón, Alvaro (Mateo, min.46), Mario, Gabri, Javichu, Mario (Riki, min.30), Adán (Javi, min.46), Rafa (Grille, min.75), Néstor (Jose Express, min.83), Poki e Víctor.
  • CAMELLE: Coruña, Cristian, Juanjo, Manuel (Varu, min.65), Carlos, Valiña, Mario, René, Iván, Barreiro e Alvaro Pantera (Adrian, min.75).
  • Goles: 0-1, min.27: Barreiro; 1-1, min.48: Mateo; 2-1, min.52: Poki; 3-1, min.57: Víctor; 4-1, min.62: Nestor.
Seguen os problemas para o Camelle que non foi quen de conseguir nada bo na súa visita ó campo dun dos últimos clasificados. Foi mellor o Camelle na primeira metade, dónde o Pereiriña non foi capaz de crear nin unha sola ocasión de gol, mentres nós, ademais dun par de oportunidades pouco claras, fixemos un bonito gol tras unha boa combinación entre Mario e René para que o primeiro lle dese o pase da morte a Barreiro que fusilou o porteiro local.
Pero chegou a segunda metade e con ela a gran páxara do noso equipo que nun “visto y no visto” apañou catro goles como catro soles. Parecía neses intres o Pereiriña unha versión costeira do Madrid entrandonos polas bandas como flechas e dominando o centro do campo como o Barsa sen que os nosos rapaces viran por onde lles caían. Pero pasou, e voltamos a un partido que xa estaba tolo con ocasións nas dúas porterías, e dónde fallamos por pouco varios goles. Pantera errou un remate prácticamente a porta valeira e a Barreiro foronselle fora tres man a man co porteiro das que non suele fallar, pero así son os partidos.
Para semana xogamos co colista coa gran cantidade de baixas que temos, as que lle haberá que engadir as de Barreiro e Manuel por sanción e Carlos de Dido por lesión. Polo menos recuperamos ó porteiro… ou eso creo.
Os xogadores mais destacados do partido foron René, Mario e Barreiro.

viernes, 14 de octubre de 2011

Previa - 9ª Xornada

Nova xornada de liga e novo encontro fora da casa. Desta volta xogamos en Cee contra o Atlético Pereiriña, partido que se prevé igualado, xa que os dous equipos ocupámolas ultimas prazas na clasificación xunto co Muxia.  

Ambos equipos contan con numerosas baixas que están lastrando as súas actuacións e levan unha tendencia bastante mala, pero e hora de levantar a cabeza, dar un paso adiante e gañarlle ó filial do Cee, equipo que o ano pasado rematou cuarto pola cola na taboa clasificatoria.

O partido desputarase no campo “Novo Raices” de Cee, (105x68m) de herba artificial. As cores oficiais do At. Pereiriña son camisola verde e pantalón negro.

9ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 15 de Outubro ás 16:00 horas
     - Campo: “Novo Raices” de Cee (sintético)
     - Previsión meteorolóxica: ceos pouco anubrados, vento fruoxo e variable, tempertura sobre 22º.

jueves, 13 de octubre de 2011

Crónica 8ª xornada

Nova goleada recibida, esta vez en Coristanco
  • CORISTANCO: Pombo, Arantón (Iván, min.75), Oscar (Castro, min.65), Luís, Marcos, Pazos, Mallón (Adrián, min.70), Benitez, Carlos, Edgar (Sergio, min.80) e Toniño.
  • CAMELLE: Coruña, Cristian, Juanjo (Adrian, min.65), Manuel, Valiña, Mario, René, Varu, Sergio, Barreiro e Alvaro Pantera.
  • Goles: 0-1, min.15: Benítez; 0-2, min.30: Edgar; 0-3, min.40: Edgar; 0-4, min.50: Mallón; 0-5, min.75: Toniño, de penalti; 0-6, min.90: Toniño, de penalti.
Continúa o Camelle nunha mala línea de resultados, ainda que o xogo realizado dista bastante do que dín os marcadores, pero a gran cantidade de baixas, unidas ós despistes defensivos que estamos a ter, fan que esteamos ocupando unha das últimas prazas na clasificación, ainda que creo que temos mais equipo do que esta está reflexando.

Pasou en Coristanco, donde sufrimos unha importante goleada, pero na que o equipo dou a cara, tendo varias ocasións de gol por medio de René e de Varu en lanzamentos de falta, pero onde o Coristanco se encontrou con tres goles na primeira metade casi sen esperalo. Na segunda xogaron coa tranquilidade do marcador e remataron a goleada con dous penaltis.

Lamentar tamén a expulsión de Manuel o remate do partido e a quinta amarela de Barreiro, que van deixar mais tocada ainda a alineación nos próximos partidos (onte só tiñamos doce xogadores disponibles).

Os xogadores mais destacados do partido foron René e Álvaro Pantera.


lunes, 10 de octubre de 2011

Previa - 8ª Xornada

Sen tempo para recuperarse dun partido xa temos outro enriba. Desta volta xogamos contra o Coristanco e, debido ó complicado de xogar entre semana (a maioría dos xogadores non residen en Camelle), fixose un cambio co Coristanco para desputar nesta primeira volta o partido na terra da pataca, deixando para a segunda volta o xogar “na casa”.

Teremos moitas dificultades diante dun equipo que está situado na cuarta posición da clasificación, mesmo lugar que acadou a tempada pasada e que casi fai que ascendan a liga da costa (2º autonómica), xa non só polas cualidades do rival, senon tamén pola cantidade de ausencias nas nosas filas, xa que difícilmente conseguiremos levar a once ou doce xogadores.

O partido desputarase no campo “A Rocheira” de Coristanco, (93x53m) de herba artificial. As cores oficiais do Coristanco son camisola verde e pantalón branco.

8ª Xornada:
     - Fecha e hora: Mércores 12 de Outubro ás 17:00 horas
     - Campo: “A Rocheira” de Coristanco (sintético)

Crónica 7ª xornada

Derrota sen paliativos en Muros contra o Volantes de Baño
    • VOLANTES: Masu, Juan, Josiño, Mou (Maikel, min.62), Paki (Fran, min.72), Ramón, Ivi (Nimo, min.72), Varo, Benja (Pardelo, min.20 (Pirujo, min.57)), Javi e Piti.
    • CAMELLE: Coruña (Adrián, min.16), Cristian, Manuel, Carlos, Juanjo, Álvaro (Sergio, min.63), René, Valiña, Mario, Martín (Pantera, min.32) e Felipe.
    • Goles: 1-0, min.10: Juan; 2-0, min.48: Juan; 3-0, min.52: Piti; 4-0, min.59: Ivi; 5-0, min.75: Piti; 6-0, min.78: Piti; 7-0, min.83: Piti.
Nada que decir da derrota do noso equipo en Muros, que aguantou bastante ben a primeira metade, na que só se perdía por un gol, pero que na segunda foi desarbolado totalmente polo equipo local.
As baixas que estamos a sufrir están sendo un lastre importante, xa que só fomos con catorce xogadores a Muros, e cun xogador de campo facendo de porteiro, que, ademais, tivo que ser sustituido por outro compañeiro mediada a primeira metade, e tendo que lamentar outra baixa, a de Martín tamén nesta primeira parte.

Nada podemos reprochar ós nosos rapaces, únicamente pedirlle un pouco de calma, xa que os resultados e a impotencia da situación están a facer que se poñan moi nerviosos no campo, protesten en exceso e se dean situacións pouco agradables. Estade tranquilos que os resultados non son importantes, xa se iran recuperando os lesionados e iredes cara arriba como cohetes, xa o veredes. ¡¡¡ÁNIMO!!!

O xogador mais destacado do partido foi Carlos de Dido, que debutou despois de fichar esta semana; facendoo moi ben como central e moi ben como porteiro por mor da lesión do Coruña.

miércoles, 5 de octubre de 2011

7ª xornada - Previa

Xa está aqui a séptima xornada e o noso equipo xoga contra o Volantes de Baño, un equipo de nova creación pero moi dificil, capaz do mellor e do peor. Destaca pola súa frouxa defensa por por un ataque temible, con xogadores de moita categoría (que xogaban ata hai nada en preferente) destacando especialmente a dous homes Piti e Brais (que non poderá xogar este partido por sanción). Polo tanto non podemos deixar que os muradáns toquen moito o balón no medio do campo porque nos bailarán e teremos que aproveitar as ocasións que teñamos, que eles atrás frouxean.

O partido desputarase no campo municipal “Miraflores” de Muros, (95x54m) de herba artificial. As cores oficiais do Volantes son camisola Naranxae pantalón Negro, polo que, en principio, deberíamos xogar coa segunda equipación.

7ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 8 de Outubro ás 18:30 horas
     - Campo: Municipal “Miraflores” de Muros (sintético)

lunes, 3 de octubre de 2011

Reflexións sobre o que vai de tempada

Bueno compañeiros, cun tercio da primeira volta xa desputada vamos a facer as seguintes reflexións.

Temos catro puntos, que poden parecer poucos, pero non é asi e vou explicar porqué:
   1º.- É o noso primeiro ano despois de moitos sen futbol en Camelle, co que o equipo necesita un periodo de adaptación a competición e para que os xogadores se acomoden a xogar xuntos.
   2º.- Apenas fixemos pretemporada, xa que só xogamos dous partidos, co que ainda non temos a forma física adecuada para a competición.
   3º.- Estamos tendo moi mala sorte coas lesións. Jose do Gati, Mauri, Manuel, Carlos Purrúa, Juanjo, Martín, Albertiño, Diego, Cristian, son xogadores que están ou estiveron lesionados en algún partido da tempada. Se Mouriño ou Guardiola se queixan de plantillas cortas e xogadores lesionados ¿como nos estaremos nós?
   4º.- Se miramos a clasificación podemos ver que nos enfrontamos xa ós cinco primeiros clasificados, e o único partido que non disputamos contra un destes equipos gañámolo facilmente.

Polo tanto creo que estamos mellor do que poida parecer xa que:
   1º.- Pouco a pouco vamos collendo unha mellor forma física.
   2º.- Cada vez os xogadores están mais conxuntados entre eles.
   3º.- Os xogadores lesionados iranse recuperando e aportando mais ó equipo.
   4º.- Xogar contra os equipos grandes está a facer que o equipo medre como tal e, ainda que agora veñen partidos contra equipos da parte media-alta da taboa, vamos a empezar a xogar contra equipos da "nosa liga" que darán a verdadeira medida do equipo.

O que nos queda agora é estar todos unidos e "remar na mesma dirección", que parece que estamos un pouco desanimados e non ten que ser así. Hai que animarse, unirse e aceptar o papel que a cada un lle toque no equipo, ainda que non se xogue moito ou pareza que non contan moito con nós, xa que a temporada é larga, e esforzandonos e entrenando duro seguro que todos contaredes con minutos para demostrar a vosa valía dentro do equipo.

ANIMO CAMELLE, QUE SODES MELLORES DO QUE PENSADES

Crónica 6ª xornada


Nova derrota do Camelle diante doutro dos primeiros clasificados.

(Por mor da lesión de Diego non puden ver o partido, polo que a crónica do mesmo é a que sae na páxina de deportes de que pasa na costa punto com http://www.quepasanacosta.com/?p=9801 coa autorización do seu autor. Gracias Oscar)
  • CAMELLE: Coruña, Juanjo, Diego (Adrián, min.30), Iván, Cristian (Alvaro, min.55), Valiña, Alvaro, Mario, René, Martín (Sergio, min.60) e Felipe Barreiro.
  • MONTELOURO: Jose (Isma, min.65), José (Jeiko, min.55), Pedro de García, César, Alvaro (Juan, min.75), Chema, Chumy, Raúl (Denís, min.60), Pesco, Jarondo (Germán, min.75) e Rico.
  • Goles: 1-0, min.3: Cristian; 1-1, min.8: Rico; 1-2, min.20: Rico; 1-3, min.35: Rico; 1-4, min.70: Jarondo; 1-5, min.80: Pesco.
Si xa tiña a enfermería cargada,aínda terá que engadir un máis o Camelle, este sábado foi Diego o que levou un forte golpe nun nocello e tivo que desprazarse ao San Rafael a facer unha revisión. Tanta baixa propiciou que Coruña, xogador de campo, se tivera que poñer na porta e pouco puido facer para deter o vendaval de Louro que puido endosar unha goleada maior.