martes, 30 de octubre de 2012

lunes, 29 de octubre de 2012

Crónica 9ª xornada

Moi boa victoria do Camelle en Carnota diante do Lira antes do partido de descanso.

  • LIRA: Miguel Anxo, Pelexo, Hermi, Manolo (Fran, min. 40), Isma, Germán (Abel, min. 80), Miguel, Cristian (Tono, min.40) (Saúl, min. 60), Suso Patachín (Santi, min. 40), Óliver e Suso Perico.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel (Coruña, min. 80), Matías, René (Buri, min. 74), Barreiro, Sergio (Adrián Tajes, min. 56), Jose (Tedín, min. 65), Miguel e Javi Rañal (Álvaro Pantera, min. 92).
  • GOLES: 0-1, min. 90 - Barreiro.
  • EXPULSIÓNS: Coruña e un xogador liracho, min.89.

Durísimo partido o desputado en Carnota fronte a un Lira intenso pero que apenas dispuxo de ocasións de gol claras.

Falta Matías min.45

Se comparamos o partido cun combate de boxeo podese dicir que o Camelle noqueou ó Lira no último asalto nun partido que tiña gañado ós puntos. Empezou dando o Camelle cun tiro ó pau os seis minutos cando un lanzamento de Jose petou no lombo de Javi despistando ó porteiro pero golpeando o balón na madeira. Tras varios lanzamentos do Camelle a portería sen moito perigo  chegou a ocasión mais clara do Lira en todo o partido os vintesete minutos cando nun remate de cabeza no borde da área pequena, o balón se perdeu preto do pau defendido por Purrúa. Seguiuno intentando o Camelle con ocasións de René, e Sergio pero sen moito perigo. O partido era bastante trabado e varios xogadores do Camelle tiveron que ser atendidos por golpes na cara, ademaís o Lira tivo que facer neste primeiro tempo ata tres cambios por lesións musculares de xogadores. Na última deste primeiro tempo unha falta de Matías saiuse por milímetros co pitido final.
Javi Rañal ó pau co porteiro batido


Mais do mesmo no segundo tempo, cun Camelle insistindo unha e outra vez sobre a portería liracha, esta vez con ocasións mais claras. Un pase perfecto de René en profundidade tocouno Sergio cara atrás dende a liña de fondo e O porteiro paroulle a Jose o remate a bocajarro. Seguiu con unha doble de Jose e Javí que non foron capaces de marcar en tres tiros consecutivos, un deles sacado baixo paus pola defensa co porteiro xa batido e outra de Javi, que enviou ó pau cando xa regateara ó porteiro, ou un lanzameno lonxano de Miguel que saiu lambendo o pau. Non era capaz o Lira de crear ocasión e o máximo perigo que creaban era con centros longos ben resoltos pola defensa camellana ou rematados sen perigo. Foi no último minuto, e cando os dous equipos se quedaron con dez no campo, cando nunha xogada que este ano se está a repetir moito entre Barreiro e Javi, deixou só ó primeiro tras unha magnifica parede no borde do área que Felipe resolveu de maneira maxistral por riba do porteiro, conseguindo o gol dunha victoria merecida.
Gol Barreiro no último min.


Cabe destacar a magnífica afección do Camelle que novamente acompañou de maneira masiva ó equipo, e ós xogadores non habituales, que últimamente non estaban a ter moitas oportunidades, e raiaron a gran nivel no encontro nos minutos que desputaron.

jueves, 25 de octubre de 2012

12-13. Novena xornada. Previa


Este fín de samana xogamos en Lombáns (Carnota) ante o Lira, un equipo que, xunto co Camelle, foi dos que mais progresou en relación a tempada pasada, e nestes momentos da competición, atópase séptimo con once puntos.
A temporada pasada o Lira rematou en decimocuarta posición con 27 puntos, tres mais que o Camelle, e no enfrontamento contra o noso equipo en Lira o resultado foi favorable para o Lira por dous goles a cero (Non hai crónica dese partido).


  • XORNADA: 9ª_ LIRA CF - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 28 de Outubro 2012 ás 16:30h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos nubrados con chuvias febles ocasionais, vento moderado do nordés, temperatura en torno ós 14ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Gesto Lago, Jacobo (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal de Lombáns de Carnota, de herba artificial e de 90x57m, as cores oficiais do Lira son pantalón branco e camisola roxibranca.(A información de que o partido se desputa en Carnota en lugar de en Lira sae da páxina da Federación Galega de fútbol)
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas en facebook Camelle .
  • miércoles, 24 de octubre de 2012

    Noticias "prensa seria"

    Esta noticia saliu hai uns días no deporsport e xa tiñamos coñecemento dela a través do WhatsApp que temos os membros do equipo, e agora colocámola aquí para coñecemento xeral.



    Pódedela consultar no deporsport

    lunes, 22 de octubre de 2012

    Fotos 8ª xornada


    Como ten moito mais éxito e, ademais, é mais práctico, as fotos subiranse ó facebook do Camelle de maneira definitiva; dende aquí só se porá un link as mesmas. Esperamos que sexades vos mesmos os que vos etiquedes nas fotos, ademais de facer os comentarios que consideredes oportunos.



    Para ver a galería completa: camelle - independiente

    domingo, 21 de octubre de 2012

    Crónica 8ª xornada

    Empate a uns foi o resultado colleitado polo Camelle cos dous primeiros puntos que escapan do Rodeiro.

    • CAMELLE: Púrrua, Carlos de Dido, Manuel, Valiña, Matías, Varu, Mario (René, min. 89)  Miguel, Jose (Sergio, min. 71), Javi Rañal e Barreiro
    • INDEPENDIENTE: Noe, Joni, Dani, Castro, Velo (Ribes, min. 80), Michel, Carlos, Cholo, Palermo (Benitez, min. 60), Juni, Mario
    • GOLES: 0-1, min. 4 - Palermo; 1-1, min. 77 - Matías.
    • EXPULSIÓNS: min. 67 - Juni do Independiente e Varu.
    Partido dificil polas condicións do campo despois de unha semana de abundantes chuvias en Camelle diante dun equipo complicado, que sempre busca o contacto para que os outros equipos non xoguen, que non se complican atrás e que teñen un bo dianteiro.

    I empezou o partido de cara para os visitantes, que se adiantaban os catro minutos nunha mala saida de Purrúa que aproveitou o dianteiro carballés para mandar o balón ó fondo da portería por alto. Só cinco minutos despois tivo outra boa ocasión pero o disparo saiulle alto. Pouco a pouco foi o Camelle facendose co campo e Javi Rañal tivo duas ocasións, unha cun tiro frouxo e outra moi clara despois dunha excelente xogada coa que se prantou diante do porteiro pero o tiro saiulle alto. Poido marcar o segundo o Independiente no saque dunha falta lateral pero o remate en liña de gol foi por riba da portería de maneira incomprensible. Ainda tivo outra moi clara, pero Carlos de Dido foi capaz de sacar o balón na mesma liña cando este xa sobrepasara ó noso porteiro. Controlaba mais o Camelle pero as ocasións poñíanas os carballeses.
    Cambiou o conto na segunda metade xa que o Camelle reaccionou facendose co control total do partido  ainda que as ocasións eran tímidas. No minuto 22 o árbitro expulsaba o dianteiro carballés e a Varu e despareceu por completo un Independiene que intentaba capear o temporal da presión local. Foi o momento de Barreiro que primeiro cun tiro alto, cun lanzamento cerca do pau e provocando un penalti se facía notar no partido. Foi Matías o encargado de marcar o penalti e conseguía o seu cuarto gol nos últimos catro partidos. Seguiuno intentando un Camelle levado en volandas polo numerosísimo público que de novo se deu cita no campo do Rodeiro, pero cun último lanzamento de Sergio desviado remataba o encontro co primeiro empate da tempada.

    jueves, 18 de octubre de 2012

    12-13. Oitava xornada. Previa


    Volve o futbol ó Rodeiro esta fín de samana e cun partido na cume contra o segundo clasificado desta liga, o Independiente de Carballo, equipo que ainda non conoce a derrota no que vai de liga e do que só nos separa un punto (ainda que eles cun partido menos).
    A temporada pasada o Independiente rematou en decima posición, xusto na metade da táboa, con 53 puntos, e no enfrontamento contra o Camelle, neste caso en Camariñas, o resultado foi favorable para o Independiente por un gol a tres.
    Fixonos a nosa amiga Lidia unha suxerencia para incorporar na previa dos partidos a crónica do partido da temporada anterior, pero neste partido non pode ser porque o ano pasado, por temas de traballo, non se poideron facer todas as crónicas; cousa que pode ocurrir tamén esta tempada, polo que, dende aquí, animarvos ós que vos apeteza, a colaborar na realización deste blog. Xa sabedes que para facelo só hai que ter un pouco de ganas e nengún coñecimento, que é moi facil. Só tedes que avisarme ou mandar un correo a sdcamelle@gmail.com e faremos este blog mais ameno.





  • XORNADA: 6ª_ SD CAMELLE - INDEPENDIENTE DE CARBALLO C.F.
    O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

  • DATA E HORA: Sábado 20 de Outubro 2012 ás 16:30h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos anubrados con chuvias febles ocasionales, vento frouxo e variable, temperatura en torno ós 15ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Goyeneche García, Sergio (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Independiente son pantalón negro e camisola negra e roxa.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .
  • lunes, 15 de octubre de 2012

    Crónica 7ª xornada


    Derrota do Camelle en Fisterra dónde un empate podería ser un resultado mais xusto.



    • FISTERRA: David, Insua, Dani, Jorge (juanjete, min. 35), Santi (Sheh, min. 60), Juan, Bebeto, Pana, Mario (Eloy, min. 90), Rivas, Cristian.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel (Coruña, min. 80), Matías, Iván, Mario, Sergio (Adrián Tajes, min. 65), Jose, Miguel e Javi Rañal.
    • GOLES: 0-1, min. 35 - Miguel, 1-1, min. 38 - propia meta, 1-2, min. 55 - Matías (penalty), 2-2, min. 75 - Bebeto, 3-2, min 90 - Insua.



    Ocasión perdida do Camelle para quedar no alto da clasificación despois de un partido bonito de ver en Fisterra.

    Moi igualado foi o partido desta fín de samana onde os dous equipos intentaron levar o peso do partido pero ningún foi capaz de impoñerse neste aspecto ó outro. Na primeira metade estivo mais serio o noso equipo pero todo o interesante pasou en oito minutos despois de tímidas chegadas as dúas áreas. A media hora tivo un doble ocasión o Fisterra, pero primeiro Purrúa e despois Valiña desbarataron a clara ocasión do equipo local cando na grada xa cantaban gol. Sen embargo foi o Camelle o que golpeou primeiro cinco minutos despois, e fixoo cun auténtico golazo de Miguel Riveiro que, vendo adiantado ó porteiro, lanzou dende mais de cincuenta e cinco metros para sorprender a todos os que alí estábamos. So tres minutos durou a alegría, pois nunha xogada desgraciada para o Camelle ó intentar despexar un pase en profundidade, foi Valiña o que deviaba o balón dentro da nosa propia portería igualando o encontro.

    No segundo tempo houbo dúas partes diferenciadas, o comezo que foi claro para o Camelle con dúas ocasións clarísimas (Javi Rañal nunha internada que picou por riba do porteiro e saiu pegada o pau e Sergio fallando un pase da morte a porta baleira) nos cinco primeiros minutos e poñendose por diante tras transformar Matías unha pena máxima provocada por Sergio; e tralo 1 a 2 no que o equipo se partiu en dous, con moita distancia entre os que defendían e os que atacaban permitindo que o Fisterra convinase mellor. Sen embargo doi nun fallo do noso porteiro no saque dun corner o que deixou o balón franco a un xogador fisterrán para que acadara o empate a media hora desta segunda metade. Non se conformaban ningún dos dous equipos e parecía que calquera do dous se podía levalo encontro ainda que o Camelle parecía fisicamente peor. Cando o tempo chegaba ó fín e con só o tempo de desconto por xogar chegou o gol da victoria local que non foi inxusto como tampouco o sería calqueira outro resultado.

    De novo a afeción do Camelle se deixou notar nos campos da costa ateigando unha grada con moito público pero con maioría (e moito mais animosa) camellán.

    jueves, 11 de octubre de 2012

    12-13. Séptima xornada. Previa

    Por petición popular voltamos a facer unha pequena introducción na previa dos partidos, asi que farase o que se poida.
    Este fín de samana xogamos en Fisterra ante o Fisterra B, equipo que non está a ter un bó comezo de liga pero no que están a baixar a xogadores do primeiro equipo de primeira autonómica para tratar de endereitar o rumbo.
    A temporada pasada o fisterra rematou en decimoprimeira posición con 43 puntos, e no enfrontamento contra o Camelle en Fisterra o resultado foi favorable para o noso equipo por cero goles a tres.
     
  • XORNADA: 7ª_ S.D. FISTERRA "B" - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 14 de Outubro 2012 ás 16:30h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos nubrados con chuvias intermitentes, vento moderado do noroeste, temperatura en torno ós 16ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: sen información
  • O partido desputarase no campo municipal "Arasolis" de Fisterra, de herba artificial e de 97x51m, as cores oficiais do Fisterra son pantalón negro e camisola verde.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas en facebook Camelle .

  • domingo, 7 de octubre de 2012

    Crónica 6ª xornada


    Quinta victoria consecutiva do Camelle nun típico partido da terceira da costa.

    • CAMELLE: Púrrua, Carlos de Dido, Manuel, Valiña, Matías (Coruña, min. 77)  Varu (René, min. 88), Mario, Miguel, Jose (Sergio, min. 84), Javi Rañal (Adrián Barca, min. 68), Barreiro
    • MUXÍA: José Antonio, Pesqui, Martín, Pataca, Currás, Santi, Adrián Negro, Javi, Casais (Carrera, min. 75), David e Alberto.
    • GOLES: 1-0, min. 15 - Matías; 1-1, min. 30 - David; 2-1, min.50 - Jose.
    • EXPULSIÓNS: min. 70 - Javi Muxía; min. 75 - Papi (entrenador Muxía); min. 83 - Barreiro
    Gañou o Camelle con moita calidade e con mais ocasións un partido desputado, con bó ambiente e cun tempo propio dun Outono gris.

    Empezou o partido o Camelle a favor do vento e aprobeitouno para levar o control do xogo, cun Muxía mellor do que dí a clasificación e ben prantado no campo. Os quince minutos un saque de banda pola dereita do ataque Camellán acabou remachandoo Matías no segundo pau tras peitear o balón Barreiro e facendo o un a cero. Pero tras este gol empezou o Muxía a combinar mellor e igualando en canto a xogo o partido. Fixoo tamén no marcador no lanzamento dunha falta directa a media hora e levou a incerteza a unha grada do Rodeiro de novo ateigada de siareiros.

    Pero na segunda parte, e cando o Muxía tiña o vento a favor, foi o Camelle o que golpeou primeiro por medio de Jose, que se adiantou o defensa para mandar por riba do porteiro o balón para facer o definitivo dous a un. Intentouno o Muxía , pero foron superados en todo momento por unha boa defensa e polos dous medios centros do Camelle, que equilibraron un equipo que onte estaba un pouco descompensado cara diante. O porteiro muxián tivo a partir de ahí intervencións de moito mérito como unha man increíble que lle sacou a Mario tras un saque rápido de falta. Nun arreón típico deste novo Camelle e entre os minutos trinta e trinta e tres, tivo a oportunide de sentenciar cun tiro ó pau de jose e dous man a man de Barreiro co porteiro no que mandou o primeiro alto e o segundo volveu a sacalo o porteiro.

    Tres novos puntos que fan que o Camelle empate na primeira posición co Independiente e co Porteño ainda que cun partido mais.

    jueves, 4 de octubre de 2012

    12-13. Sexta xornada. Previa


    O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

  • XORNADA: 6ª_ SD CAMELLE - MUXIA C.F.
  • DATA E HORA: Sábado 6 de Outubro 2012 ás 16:30h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos de nubes baixas con chuvias ocasionales, vento moderado do sur, temperatura en torno ós 20ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Zas Vázquez, Jusé Luis (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Muxía son pantalón azul e camisola vermella.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .

  • lunes, 1 de octubre de 2012

    Crónica 5ª xornada

    Victoria inapelable do Camelle en Corcoesto.

    • CORCOESTO: Anxo, Pablo, Sergio, Edelmiro, Germán, Uru (Couto, min. 46), Javi, Josiño, Martín, Txavi, Hector (Miguel, min. 40)
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido (Diego, min. 77), Valiña, Manuel (Coruña, min. 67), Matías, Iván, Mario (René, min. 79), Sergio (Javi Rañal, min. 46), Jose (Tedín, min. 73), Miguel e Barreiro.
    • GOLES: 0-1, min. 50 - Jose, 0-2, min. 54 - Matías, 0-3, min. 63 - Barreiro, 0-4, min. 84 - Iván.
    Ampla victoría do Camelle que poido ser maior se o porteiro local non estivera tan acertado.

    Empezou o partido o Camelle coa clara intención de ir a polo partido, i en só tres minutos xa dispuxera de dúas claras ocasións por medio de Miguel, cun tiro axustado, e de Jose, nun cabezazo. Pero a base de xogo duro foi o Corcoesto impedindo que os nosos desarrolasen o seu xogo e só Matías de falta e Sergio cando a primeira parte expiraba foron capaces de crear mais perigo. Perigo que o Corcoesto non tivo en todo o partido, pois só en dous despistes defensivos conseguiron chegar a porta camellana pero con moita inocencia.

    Sen embargo foi un vendabal o Camelle no segundo tempo e non só marcou catro goles, senon que desperdiciou dous penaltis e tivo ata outras tres clarísimas ocasións por medio de Javi Rañal (dúas) e Matías, nas que un inspirado porteiro local fixo intervencións de moito mérito. Os goles chegaron por medio de Jose, Matías de falta tras petar na barreira, Barreiro a pase de Miguel e Iván ó aproveitar o rexeite do porteiro cando conseguira deterlle a Diego o segundo penalti, o priomeiro paroulo a Mario.

    Bo debut da nova incorporación do Camelle, Javi Rañal, que entrou no descanso sustituíndo a Sergio e causando unha grata impresión ós numeros afecionados de Camelle que se desprazaron ata Corcoesto para animar ó noso equipo