jueves, 13 de octubre de 2011

Crónica 8ª xornada

Nova goleada recibida, esta vez en Coristanco
  • CORISTANCO: Pombo, Arantón (Iván, min.75), Oscar (Castro, min.65), Luís, Marcos, Pazos, Mallón (Adrián, min.70), Benitez, Carlos, Edgar (Sergio, min.80) e Toniño.
  • CAMELLE: Coruña, Cristian, Juanjo (Adrian, min.65), Manuel, Valiña, Mario, René, Varu, Sergio, Barreiro e Alvaro Pantera.
  • Goles: 0-1, min.15: Benítez; 0-2, min.30: Edgar; 0-3, min.40: Edgar; 0-4, min.50: Mallón; 0-5, min.75: Toniño, de penalti; 0-6, min.90: Toniño, de penalti.
Continúa o Camelle nunha mala línea de resultados, ainda que o xogo realizado dista bastante do que dín os marcadores, pero a gran cantidade de baixas, unidas ós despistes defensivos que estamos a ter, fan que esteamos ocupando unha das últimas prazas na clasificación, ainda que creo que temos mais equipo do que esta está reflexando.

Pasou en Coristanco, donde sufrimos unha importante goleada, pero na que o equipo dou a cara, tendo varias ocasións de gol por medio de René e de Varu en lanzamentos de falta, pero onde o Coristanco se encontrou con tres goles na primeira metade casi sen esperalo. Na segunda xogaron coa tranquilidade do marcador e remataron a goleada con dous penaltis.

Lamentar tamén a expulsión de Manuel o remate do partido e a quinta amarela de Barreiro, que van deixar mais tocada ainda a alineación nos próximos partidos (onte só tiñamos doce xogadores disponibles).

Os xogadores mais destacados do partido foron René e Álvaro Pantera.


No hay comentarios: