viernes, 28 de septiembre de 2012

¡Última hora!

Foto: deporsport



Como se dun diario deportivo se tratara, temos unha nova de última hora do noso equipo, i é que o Camelle acaba de facer efectiva unha nova fichaxe para completar o seu plantel de cara a esta campaña e faino, ademais, cun xogador cunha importante bagaxe no futbol galego e que xa fora compañeiro da outra gran fichaxe deste ano (Miguel Riveiro).

Trátase de Francisco Javier Abeleira Mártinez, Javi Rañal, que o ano pasado xogou no Pastoriza, pero que coñece moi ben a costa, xa que ademais do Pastoriza ou o At. Arteixo, foi xogador do Cee e do Ponteceso, co que se proclamou campeón da Copa da Costa na tempada 2008.

Esta fín de semana podería xogar os seus primeiros minutos co Camelle ante o Corcoesto.

jueves, 27 de septiembre de 2012

12-13. Quinta xornada. Previa




  • XORNADA: 5ª_ S.D.C. CORCOESTO -  SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 30 de Setembro 2012 ás 17:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos de ceo anubrado, vento moderado do nordés, temperatura en torno ós 18ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Álvarez Izquierdo, Domingo (fonte: federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo "As Bouzas" de Corcoesto, de herba natural e de 95x60m, as cores oficiais do Corcoesto son pantalón branco e camisola azul celeste.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas  en  facebook Camelle .
  • miércoles, 26 de septiembre de 2012

    Noticias "prensa seria"

    Outra nova que saiu a semana pasada na "prensa seria" falando do Camelle:


    deporsport Miguel e Matias

    Resultado da enquisa

    Xa está pechada a enquisa que realizmos para ver en que posto credes que vai rematar o Camelle a tempada. Os resultados son os seguintes:

    Votos totales: 29
    Posición estimada:
    Campeón: 1 voto
    entre 2º e 5º posto: 14 votos
    entre 6º e 9º posto: 10 votos
    entre 10º e 13º posto: 4 votos
    entre 14º e 17º posto: 0 votos

    Veremos alá a mediados do mes de Maio que porcentaxe de vós ten razón...

    domingo, 23 de septiembre de 2012

    Crónica 4ª xornada

    Merecida a victoria do Camelle nun partido con moito vento.

    • CAMELLE: Carlos de Dido, Adrián, Mauri, Valiña (René, min. 75), Matías, Varu (Alvaro Pantera, min. 82), Mario, Miguel, Jose (Tedín, min. 55), Sergio (Adrián, min. 62), Barreiro (Buri, min. 85)
    • CERQUEDA: Costa, Dani, Javier, David, Iván (Juanjo, min. 46), Diego, Manuel (Maikel, min. 46), Pazos, Iván, Jou, Héctor (Pichi, min.46)
    • GOLES: 1-0, min. 14 - Miguel; 2-0, min. 37 - Barreiro.

    Nun sábado marcado polo aviso de temporal e con fortes rachas de vento do vendabal, consegiu o Camelle a terceira victoria consecutiva neste bo comenzo de campaña que está a realizar.

    I e que xogou moito mellor o Camelle na primeira metade a favor do vento creando moito perigo na porta do Cerqueda. Ós oito minutos Varu enviaba o balón ó pau nun gran tiro dende fora da área, o rexeite mandouno Jose ó fondo da portería pero o árbitro anulouno por fora de xogo. Foi Miguel o que onte tirou polo equipo e cando ainda non se levaba un cuarto de hora consegiu o seu primeiro gol co Camelle no seu debut no campo do Rodeiro, rematando co peito unha falta lateral. Seguia xogando ben o Camelle tras o gol e loitando o Cerqueda contra o vento e un rival que o dominaba, cando Barreiro se foi do seu defensor, que tivo que agarralo para que non se prantara só diante do porteiro, gañandose a expulsión merecidamente. Cun mais o Camelle ainda tivo mais control, e nun perfecto pase de Miguel fixo Barreiro o segundo para os locais. Ainda poideron marcar outro nunha xogada perfecta a base de paredes entre os dous protagonistas dos goles pero o árbitro volveu a anula-la xogado por outro dudoso fora de xogo.

    Na segunda parte, e aprobeitando xogar a favor do vento, intentou subir lineas o Cerqueda, pero non foi quen de crear nin unha sola ocasión de perigo diante dunha defensa Camellana moi seria apesar das numerosas baixas que acumulaba. Si fixo perigo o Camelle por medio de Jose, Varu ou Adrián Tajes, pero non fixo mais goles que poideran reflexar mellor o visto no terreo de xogo.


    A afeción do Camelle de novo espectacular, desfrutando do equipo e da churrascada coa que o Camelle a agasallou tralo partido.

    sábado, 22 de septiembre de 2012

    Prensa seria falando de nós

    Acheganos René unha publicación do DeporSport na que falan (outra cousa é que sexa verdade) sobre o noso equipo.


    Estamos encantados de que medios mais grandes que o noso humilde blog (depor sport, que pasa na costa) se fagan eco do noso equipo e aprobeiten fotos ou novas que aquí se publican, ainda que non fagan referencia a nosa páxina.

    jueves, 20 de septiembre de 2012

    12-13. Cuarta xornada. Previa


    O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro



  • XORNADA: 4ª_ SD CAMELLE - UD CERQUEDA
  • DATA E HORA: Sábado 22 de Setembro 2012 ás 17:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos cubertos con chuvias apartir de mediodía, vento forte do sur, temperatura en torno ós 20ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Espasandín Cores, Sergio (fonte: federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Cerqueda son pantalón e camisola brancos.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en  facebook Camelle .


  • martes, 18 de septiembre de 2012

    Enquisa en marcha

    Lembrarvos dende aquí que temos en marcha unha enquisa e unha "porra virtual" para ver canto sabemos de futbol (ou canto temos de adivinos).

    Para votar na enquisa só tedes que marcar a posición na que pensades pode quedar o Camelle a final de tempada e pulsar <voto>.

    Para a porra, ides a comentarios (tanto desta entrada como na da semana pasada)  e deixades o voso nome e a posición exacta na que credes que vai a rematar o Camelle a final de ano (como ususario anónimo non necesitades rexistrarvos nin incluir datos personais para facelo).

    Polo de agora só hai dúas apostas, a deste blog (7º) e a de Mario (6º). Recordarvos que tedes como máximo ata última hora do domingo para facelo. Tamén que todos estades invitados a participar neste blog do noso equipo na forma que consideredes oportuna, se vos apetece aportar algo podedes facelo enviando un correo electrónico a sdcamelle@gmail.com

    domingo, 16 de septiembre de 2012

    Crónica 3ª xornada

    Intenso derbi o vivido o sábado entre o Xaviña e o Camelle.


    • XAVIÑA: Moro (Lalá, min. 46), Juan Antonio, Beto, Caamaño (Gallego, min. 30), Chiriví, Bieito, Ismael, Elvis, David (Felipe, min. 46), Rusiño (Pirucho, min. 46), Frutos (Dani, min. 46)
    • CAMELLE: Púrrua, Carlos de Dido, Coruña, Manuel, Matías (Diego, min. 86), Iván, Miguel (René min. 83), Sergio (Adrián, min. 72), Jose (Tedín, min. 62), Mario, Barreiro (Varu, min. 89).
    • GOLES: 0-1, min. 53 - Barreiro, 0-2, min. 78 -  Tedín, 1-2, min. 83 - Felipe.
    • EXPULSIÓNS: O local Ismael, min. 60; e os visitantes Púrrua, Iván e Manuel, nos min. 85, 89 e 91. A segunda metade chegou ata os 56 minutos.

    Derbi en estado puro no Hermanas Patiño no que o resultado favoreceu a un Camelle que, co partido completamente controlado, estivo a piques de tiralo pola borda.

    Na primeira metade viuse un mal partido con moito balón largo e moi pouco xogo combinativo, no que as mellores ocasións foron para un Xaviña que mandou dous balóns ó pau, un ó principio nunha xogada rápida e outro ó final no lanzamento dunha falta que desviou Purrúa e acabou dando no longuerio. Pola contra o Camelle tivo a súa por medio de Barreiro no minuto 40, pero o porteiro local fixo unha boa parada.

    Cambiou o partido no segundo tempo en canto a ocasións, non en canto ó xogo, no que foi o Camelle o que tivo as mais claras. Ós oito minutos marcou Felipe un golazo pola escadra a pase de Miguel e tivo só cinco minutos despois o cero a dous, pero o balón foiselle o longueiro no remate dun corner. Acababase de cumprir a media hora do segundo tempo cando Tedín remataba a pracer un bó centro para facer o segundo do Camelle, e parecía o partido sentenciado xa que o Xaviña xogaba cun xogador menos. Pero non foi así xa que un gol do Xaviña no remate dun corner e a expulsión de tres xogadores do Camelle nos últimos minutos (o porteiro e dous centrais) concederon unha incertidume o partido ata o pitido final.

    Creo, a título personal, que se debería facer un pouco de autocrítica por riba do resultado, xa que co partido completamente controlado non se pode botar a perder en discusións, en protestas ó árbitro (que sí, que son moi malos, pero si sabemos que son malos e que non se lles pode dicir nada, o que hai que facer é deixalos, non dicirlle nada, e dedicarse a xogar que é o que hai que facer), en entrar a todos os trapos que nos ensinan como se fóramos touros bravos. Non lle votemos a culpa a ninguén, ó árbitro, ós contrarios, votémonola a nós mesmos, que non somos capaces de controlar nin a boca nin o xenio...

    viernes, 14 de septiembre de 2012

    12-13. Terceira xornada. Previa




  • XORNADA: 3ª_ XAVIÑA F.C. -  SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Sábado 15 de Setembro 2012 ás 17:30h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos pouco anubrados ou despexados, vento frouxo variable, temperatura en torno ós 26ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: sen datos (a páxina da Federación Galega de futbol non está actualizando este dato)
  • O partido desputarase no campo do municipal "Hermanas Patiño" de Camariñas, de herba artificial e de 94x54m, as cores oficiais do Xaviña son pantalón azul e camisola branquiazul.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas.
  • martes, 11 de septiembre de 2012

    Fotos 2ª xornada





























    Para ver a galería completa:   Fotos Camelle - Alcaián (2-0)
    Fotos de Tamara


    Canto sabemos de futbol????

    Vamos a facer unha enquisa para ver canto sabemos de futbol en Camelle. Intentaremos pronosticar (visto lo visto ata agora) en posto vai a quedar o noso equipo cando remate a tempada.

    Para facelo un pouco mais interesante e ver quén é o que mais sabe desto, pediríavos que, ademais de votar na enquisa que podedes atopar enriba da clasificación, deixarades a modo de porra nos comentarios (nos que pode opinar todo aquel que queira) o voso nome e a vosa predicción concreta, para así, ó final de ano, ver quen foi o mais atinado, ou quen ten mellor ollo para esto do futbol.

    Para que non se diga, o primeiro en opinar vou ser eu, dicindo que o Camelle rematará na séptima posición cando remate a tempada 2012-2012.

    Tedes ata o domingo 23 (cando tamén remata a enquisa) par diexar nos comentarios a vosa predicción para esta porra virtual, para que sea tida en conta a final de ano.

    lunes, 10 de septiembre de 2012

    Inauguración do Rodeiro

    Quedou inaugurado de maneira brillante o campo de futbol do Rodeiro e non só pola victoria do Camelle diante do Alcaián, senon tamén pola festa vivida fora do terreo de xogo.

     I é que a xente respondeu de maneira sorprendente ó chamamento do clube para acudir ó campo a animar ó noso equipo, e mais de trescentas personas se deron cita no Rodeiro para ver o partido de futbol e, de paso, comprobar de primeira man como quedou o campo tras a reforma a que foi sometido. Ata a meteoroloxía quixo colaborar na festa e fixo unha tarde espectacular.

    A afeción quedou encantada co campo, co resultado do partido e coa churrascada coa que a directiva premiou ós xogadores e a todos os socios do clube que se acercaron a pasar unha tarde inmellorable no campo de futbol.

    Ademaís esto non queda aquí, xa que animados pola resposta da xente, a directiva segue a traballar na mellora do estado do campo e están a estudar de que maneira poden conseguir finanzamento para acondicionar  con formigón toda a zona de público, dende a entrada ata a grada, para que sexa mais agradable e accesible a todos os que veñan a ver os partidos (calquer idea ou aportación será ben recibida por parte da SD. CAMELLE)

    domingo, 9 de septiembre de 2012

    Crónica 2ª xornada. (por Varu)

    A crónica desta xornada por xentileza de Varu.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido (Coruña, min. 78), Manuel, Valiña, Matías, Iván, Varu (René, min. 77), Sergio (Adrián, min. 83), Jose (Tedín, min. 65), Mario (Buri, min. 84) e Barreiro.
    • ALCAIÁN: Martín, Jorge, Lino, Martínez, Pombo, David, Corral, Iván, Dani, Pichel e Daviciño.
    • GOLES: 1-0, min. 55 -Sergio, 2-0, min. 70 -Sergio.
    Victoria clara do Camelle diante dun equipo bastante mermado polas baixas (acudiu con só once xogadores), que pudo ser cun marcador mais abultado , pero no que o Camelle pecou de falta de puntería.

    Empezou o Camelle moi forte pero con moitas prisas por agradar a gran cantidade de siareiros que se deron cita na estrea do campo do Rodeiro. Nos primeiros minutos tivo o Camelle ata catro ocasións moi claras que non foron quen de resolver.O Alcaián apenas inquietou o marco defendido por Purrúa na primeira metade, na que se chegou co empate a cero ó descanso.

    Empezou o segunda metade cunha boa ocasión para o Alcaián no lanzamento dunha falta na que o porteiro local fixo unha intervención de mérito. A partir de ahí, ocasions e mais ocasións para os xogadores do Camelle que as tiveron por mediación de Jose, de Barreiro, de Tedín, de Buri ou de Varu, pero nas que só Sergio foi capaz de marcar por partida doble.

    Segundo o noso comentarista ocasional, o partido estivo controlado en todo momento por un equipo que nunca se descompuxo en pos da victoria, a pesar das presas por chegar ó área rival das que adoeceu o equipo.

    viernes, 7 de septiembre de 2012

    12-13. Segunda xornada. Previa


    O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro



  • XORNADA: 2ª_ SD CAMELLE - SD ALCAIAN
  • DATA E HORA: Sábado 8 de Setembro 2012 ás 17:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos pouco anubrados con posibilidade de entrada de nubes baixas e neboa dende o mar, vento frouxo do Oeste, temperatura en torno ós 24ºC baixando se entran as neboas (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: sen datos (a páxina da Federación Galega de futbol non está actualizando este dato)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Alcaian son pantalón negro e camisola amarela.
  • CONVOCATORIA: Tedín, Coruña, René, Adrián (de Barca), Buri, Barreiro, Mario, Sergio, Jati, Iván, Álvaro, Matias, Manuel, Valiña, Dido, Purrúa.


  • miércoles, 5 de septiembre de 2012

    Campo do Rodeiro

    Como xa todos sabedes, esta próxima fín de semana xogamos no campo do Rodeiro, despois de que na mañá do pasado sábado técnicos da Federación se pasasen polo mesmo a facerlle unha inspección e dar o visto bó ó mesmo.

    Que esto se lograse debese, en gran medida, o empeño do presidente e do secretario, Tono e Antonio, que sempre estaban ahí, pero tamén gracias a a moitas outras personas que prestaron o seu tempo,  traballo, coñecemento ou maquinaria para que esta realidade fora posible. Para non olvidarnos de nadie porque foron moitos e en distintos momentos,  a todos os que fixestedes posible esto e que sabedes quenes sodes:

    GRACIAS



    Fotos de xurxomrb

    Se queredes lembrar como estaba o campo hai só un ano: http://antigo.quepasanacosta.com/content/view/8331/26/

    lunes, 3 de septiembre de 2012

    Precisanse colaboradores

    Faise un chamamento dende aquí a todos aqueles que queiran colaborar na elaboración deste blog.

    Calquer iniciativa na que se queira axudar será ben recibida. Ben sexa para facer crónicas, reportaxes fotográficas dos encontros, opinións, anécdotas históricas, etc... o que queirades para facer un pouco mais atractivo o blog.

    Todo elo dentro da cordialidade e respeto que sempre imperou en www.sdcamelle.blogspot.com

    Calquera de vós que queira colaborar que envíe un correo electrónico a: sdcamelle@gmail.com para poñermonos en contacto. Todalas ideas son boas e todos o podedes facer moi ben.

    Animadevos!!!!

    domingo, 2 de septiembre de 2012

    Crónica 1ª Xornada

    Partido moi desputado en Laxe que gañou o equipo local pero no que se pudo dar calquer outro resultado.

    • LAXE: Illote, Pailos, López, Ventura (Samuel, min. 46), Roi (Darío, min. 30), Felipe, Borja, Iván Vilanova, Iván Porteiro, Zurich e Manuel Saleta.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Manuel (René, min. 86), Valiña, Adrián (Coruña, min. 51), Matías, Iván (Varu, min. 80), Miguel, Sergio (Buri, min. 70), Jose e Barreiro.
    • GOLES: 0-1 min. 18.- Iván, 1-1 min. 47.- Darío , 2-1 min.85.- Samuel

    Moi intenso o primeiro partido da tempada o desputado na tarde do sábado en Laxe. O comezo foi para o Camelle, que era o que tiña o dominio do balón e do xogo, facendo perigo sobre todo pola banda esquerda e dispoñendo moi rápido dunha clara ocasión que Barreiro non foi quen de marcar  cando na grada xa se cantaba o gol. Ese que non tardaría en chegar cando nun balón largo peiteado por Barreiro deixaba franco a Iván que recorreu todo o campo do Laxe para plantarse só diante do porteiro e marcar por baixo. Gol que facía xustiza ó visto, xa que o Laxe poñía moita vontade e demasida intensidade pero pouco xogo. Pero apartir do gol, e pouco a pouco, o Laxe foi xogando un pouco mellor e facendose co control do partido. No último minuto unha gran parada de Purrúa (que uns minutos antes pudo ser expulsado por unha falta fora da área) impedía un empate que o Laxe non merecera.

    Pero cambiou o partido no segundo tempo no que nada mais comezar empataba o Laxe cun balón as costas de Adrián e batendo por baixo a un Purrúa que nada poido facer. O camelle perdeu por completo o control do partido e só a calidade de moitos dos xogadores mantiñan a igualdade no xogo e no marcador. Unha desafortunada acción no medio do campo rematou coa expulsión de Jose e do local Zurich, montandose unha pequena tangana sen maiores consecuencias e que esperamos non se volten a repetir. Tras varias ocasións polos dous bandos, entre elas unha clara de Carlos de Dido tras unha parede con Miguel, a nova fichase do Camelle para esta tempada, pudo decantarse o partido ó noso favor se Barreiro empurrase dentro un magnifico saque en longo do porteiro que controlou con moita calidade, prantandose só diante do porteiro local pero mandando o balón pegado ó pau pola parte de fora cando faltaban dez minutos para rematar. O que sí acertou foi un Laxe cun punto mais de agresividade que o Camelle seis minutos despois aproveitando unha indecisión dentro da área para conseguir o dous a un definitivo.


    Se algo destacou no encontro foi a afección do Camelle que, unha tempada mais, acompañou en masa ó equipo, deixandose notar en terras laxenses, e animando durante todo o encontro ó noso equipo. Con uns siareiros así da gusto ir a xogar ó futbol a calquer lugar do mundo.