miércoles, 5 de octubre de 2011

7ª xornada - Previa

Xa está aqui a séptima xornada e o noso equipo xoga contra o Volantes de Baño, un equipo de nova creación pero moi dificil, capaz do mellor e do peor. Destaca pola súa frouxa defensa por por un ataque temible, con xogadores de moita categoría (que xogaban ata hai nada en preferente) destacando especialmente a dous homes Piti e Brais (que non poderá xogar este partido por sanción). Polo tanto non podemos deixar que os muradáns toquen moito o balón no medio do campo porque nos bailarán e teremos que aproveitar as ocasións que teñamos, que eles atrás frouxean.

O partido desputarase no campo municipal “Miraflores” de Muros, (95x54m) de herba artificial. As cores oficiais do Volantes son camisola Naranxae pantalón Negro, polo que, en principio, deberíamos xogar coa segunda equipación.

7ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 8 de Outubro ás 18:30 horas
     - Campo: Municipal “Miraflores” de Muros (sintético)

No hay comentarios: