lunes, 24 de octubre de 2011

Crónica 10ª xornada

Inxusta derrota do Camelle diante dun Muxía inferior no que se desaprobeitou un penalti.
  • CAMELLE: Carlos, Juanjo, Mauri, Coruña, Cristian, Valiña, Varu, Adrián, Sergio, Mario e René (Álvaro Pantera, min.75).
  • MUXÍA:Ángel Luis, Raúl, Martín, Sergio, Currás, Javi, Julián, Ziro, Pesqui, Arxires e Alberto.
  • Goles: 1-0, min.20: Cristian; 1-1, min.44: Arxires; 1-2, min.60: Pesqui.
Dificil explicar o resultado do partido despois do visto os noventa minutos sobre o campo camariñán. O noso equipo dominou completamente o encontro de principo a fín pero non acadou premio ningún ó seu esforzo. Cun equipo de circunstancias debido as baixas e as sancións (só tiñamos doce xogadores ainda que se recuperou ó porteiro e a Mauri despois de nove partidos) comenzou dominando o Camelle, xogando sempre o balon ó pé e facendo boas combinacións. Sen embargo foi Cristian quen marcou un golazo dende fora da área logo de varios rexeites da defensa muxiana. Non fixo o gol que cambiara o partido senon que o Camelle segiu tocando e dominando, cunha ocasión moi clara de René a pase de Mario e coas internadas de Sergio pola banda esquerda facendo moito dano. A media hora un bo pase en profundidade cara Adrián comberteuse nun claro penalti por mans do defensa de Muxía que, sen embargo, Mauri non foi capaz de converter en gol. Xusto antes do descanso conseguio empatar o Muxía no lanzamento dunha falta pola escadra no seu primeiro tiro a porta (Carlos fixera minutos antes un paradón nun mal despexe de Juanjo cara a nosa portería).
No segundo tempo, e xa con noite, seguía todo igual, ainda que xa non creabamos tanto perigo cara a porta muxiana, ata que chegou a xogada clave do partido. O árbitro pitou unha falta a favor do Muxía na frontal da nosa área (falta que por certo non foi), o xogador do Muxía quedou mancado no chan con evidentes síntomas de dor, os xogadores do Camelle acudiron ó rapaz que estaba sen aire e facendo ostensibles chamamentos ó banquillo muxián. No medio do barullo, e co entrenador do Muxía dentro do campo, os visitantes sacaron a falta (pedindolle barrera ó árbitro que dí que él non o escoitou) e marcaron un gol que o árbitro concedeu, pero do que personalmente opino que, a mín, daríame vergonza marcar un gol así. Ainda estivo uns minutos o partido detido ata que se recuperou o rapaz, pero o árbitro non variou de opinión e os visitantes acadaban o gol da victoria.
Esta xogada espoleou os nosos que convertiron o resto do partido nun asedio a portería visitante, ainda que certamente con pouco perigo e principalmente con tiros lonxanos, máxime cando o Muxía quedou con dez xogadores pola expulsión dun centrocampista. Pero o marcador xa non se moveu mais e rematou cunha nova derrota do Camelle.
Todo o equipo tivo un boa actuación, pero os mais destacados foron Valiña, Sergio, Adrián e Cristian co seu gol.
Non gustou tampouco os xogadores do Camelle a excesiva “agresividade” dalguns xogadores do Muxía que se pasaron o partido ameazando (sobre todo ós xogadores mais novos do Camelle) con romper pernas, dar patadas en cabezas, etc… Non é a primeira vez que algún equipo se queixa desto contra o Muxía que, ó mellor, se debería replantear que clase de deportividade inculca os seus rapaces.

1 comentario:

Cristian dijo...

Unha vergonza xogar contra esta xente...