domingo, 23 de diciembre de 2012

Crónica 17ª xornada

Cerrou o Camelle unha magnífica primeira volta de campionato vencendo con claridade ó Coristanco na terra da pataca.
  • CORISTANCO:
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido (Diego, min. 75), Valiña, Iván (Coruña, min. 71), Matías, Varu, René (Tedín, min. 52), Jose (Adrián T., min. 65), Miguel, Javi Rañal (Sergio, min. 73) e Barreiro.
  • GOLES: 0-1, min. 41 - Matías; 0-2, min. 54 - Barreiro; 0-3, min. 60 - Varu; 1-3, min. 69 -
Mala primeira metade do Camelle na que un gol o fío do descanso dou a tranquilidade necesaria para impoñerse a un Coristanco plagado de xuvenís que deron a cara en todo momento ante un dos mellores equipos da liga como é o Camelle.

Empezou mal o Camelle, mal situado e impreciso no pase, e poido aproveitalo o Coristanco. Ós seis minutos Purrúa desviaba a corner un lanzamento de falta que se colaba na súa porta, e cinco minutos despois anulábanlle un gol por falta ó noso porteiro. Pouco a pouco foi o Camelle intentando controlar o balón e nivelar o encontro, e conseguíuno ós cachos cando o balón pasaba por Varu e René, pero moi intermitentemente. Nunha boa xogada de Barreiro chegou a ocasión mais clara do Camelle neste primeiro acto, pero o porteiro local desviou cos pés o tiro final de Javi Rañal. Chegábase ó descanso cando nun lanzamento de corner de Varu a frontal do área, foi empalado por Matías sen deixala caer ó fondo das mallas locais. Non facía xustiza ó visto pero o futbol é así.

Camboiu moito o conto na segunda metade co vento a favor para o Camelle, ainda que a primeira foi para os locais, pero un inspirado Purrúa evitaba o empate cando o dianteiro se plantara só diante del. O que non perdonou foi Barreiro quen cunha boa combinación con Miguel Riveiro encarou portería e picouna de xeito maxistral para o dous a cero. Redondeou Varu cinco minutos despois cun lanzamento dende a frontal que se colou pola escadra sen que o porteiro pudese facer nada. Non se renderon os xoves xogadores locais e recurtaron no saque lateral dunha falta que ninguén foi capaz de despexar e se colou mansamente na nosa portería. Nos últimos minutos poido golear o Camelle ó contrataque pero non estivo acertado. Un lanzamento de Miguel dende o medio do campo que saiu a rentes do pau (intentaba o seu terciro gol da tempada dende esta distancia) e unha contra que Adrián non acertou por pouco foron as mais claras pero o marcador xa non se movería.
Cabe destacar a actuación dos xogadores que entraron no segundo tempo e mantiveron o nivel do equipo. Magnífico ambiente de novo nun partido do Camelle que sempre está moi ben acompañado cando se desplaza. Remata a primeira volta e faino o Camelle nunha posición privilexiada, a só catro puntos do liderato e con quince de ventaxa sobre o play-off.

jueves, 20 de diciembre de 2012

12-13. 17ª xornada. Previa

Última xornada da primeira volta que se desputará en Coristanco (tras permutar a orde dos partidos para intentar que o campo do Rodeiro non se deteriore mais deixandoo descansar ata xaneiro). O equipo da terra da pataca está a obter uns resultados peores do agardado trala boa tempada anterior e o cambio de mister por un de contrastada fiabilidade como é Rochiccioli,  pero que está a ter problemas co plantel e está a xogar con moitos xuveniles. Decimocuartos con catorce puntos, están moi lonxe dos postos de loita polo ascenso, pero nesta liga tan apretada, tres bos resultados farían que estivesen ahí.. Será un rival complicado  no seu campo e esta é a xeira de resultados dos seus partidos.

A temporada pasada o resultado foi de seis goles a cero favorable o equipo pataqueiro

  • XORNADA: 17ª_ SD CORISTANCO - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 23 de Decembro 2012 ás 16:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos anubrados con chuvias, vento forte do sur, temperatura en torno ós 14ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Montes Montes, Diego Israel (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo "As Rocheiras" de Coristanco, de herba artificial e de 93x53m, as cores oficiais do Coristanco son pantalón blanco e camisola verde.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas no facebook
  • lunes, 17 de diciembre de 2012

    Crónica 16ª xornada


    Merecida victoria do Camelle en Vimianzo nun partido mais tranquilo do que se prevía.
    • SONEIRA B: Martín, Chuchi, Alberto, Chans, Curra, Christian (Pichón, min. 77), Quilmes, Borjita, Chino (Christrian, min. 61), Richi, Wii
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Varu (Álvaro Pantera, min. 79), Mario, Jose (Adrián T., min. 58), Miguel (René, min. 77), Javi Rañal (Sergio, min. 77) e Barreiro.
    • GOLES: 0-1, min. 14 - Barreiro; 0-2, min. 22 - Miguel Riveiro; 1-2, min. 24 - Wii; 1-3, min. 24 - Javi Rañal; 1-4, min. 74 - Barreiro
    • EXPULSIÓNS: min. 67 o entrenador local, min. 72 - Wii
    Partido moi cómodo do Camelle o desputado o sábado no municipal de Vimianzo, ante un Soneira B que intentou facer o seu xogo de toque pero ó que un bó Camelle superou con claridade.

    Intentou xogar sempre o balón dende atrás o equipo local, pero moi inocentes caían ante a presión que o Camelle facía dende a primeira línea, ademais a conexión Barreiro, Javi Rañal, Miguel Riveiro desarbolaba ó filial completamente. Felipe Barreiro facía o primeiro cando non se chegaba ó cuarto de hora, reencontrandose co gol e Miguel Riveiro facía o segundo pouco despois cun golazo dende o medio do campo (o segundo que consegue desta maneira nesta tempada). Nun minuto tolo, o 24, o camellán Wii recurtaba distancias para o filial, e Purrúa facía unha gran parada que poido ser o empate, pero era Javi Rañal o que facía o un a tres que mataba o encontro.

    A tónica foi a mesma no segundo tempo e foi Barreiro o que cerrou o marcador tras unha asistencia de Mario (a segunda do día) que só tivo que empurrar ó fondo das mallas. A semana vindeira cerrarase a primeira volta ante o Coristanco en Coristanco, xa que se cambiou a orde dos partidos, e unha nova victoria cerrariaa de maneira espectacular.

    Tanto as fotos como os datos de alineacións e goles son de Rubén Toja e a crónica está feita a partir dos relatos de varios dos asistentes ó encontro. Gracias

    jueves, 13 de diciembre de 2012

    12-13. 16ª xornada. Previa

    Este sábado o partido será en Vimianzo contra o Soneira B, equipo que, según tódalas crónicas dos medios que cubren esta liga, é dos equipos que mellor fútbol fan, un fútbol de toque e vistoso, con xente moi nova na súa gran maioría pero que xa teñen experiencia na categoría. Quintos con vintecinco puntos, están nos postos de loita polo ascenso, completando unha magnífica campaña. Será un rival complicado e esta é a xeira de resultados dos seus partidos.

    A temporada pasada o resultado foi de un gol a cero favorable o equipo de Vimianzo



  • XORNADA: 16ª_ SONEIRA "B" SD - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Sábado 15 de Decembro 2012 ás 16:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos de ceos anubrados con chuvascos, vento forte do sudoeste, temperatura en torno ós 14ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Zas Vazquez, Jose Luis (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal de Vimianzo, de herba artificial e de 100x60m, as cores oficiais do Soneira B son pantalón e camisola blancos.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas no facebook C
  • lunes, 10 de diciembre de 2012

    Crónica 15ª xornada


    Empate a cero no partido da xornada en terceira cun ambiente no campo digno dunha final de copa

    • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Sergio, min. 45), Iván, Valiña, Matías, Varu, Mario, Miguel (Adrián Tajes, min. 83), Tedín (Jose., min. 50), Javi Rañal e Barreiro.

    • PORTEÑO: Pablo, Cousillas, Pejo, Sestayo, Iago, Isma, Asier, Búa (Yuyo, min. 45), Mario Toja, Brais (Nené, min. 65), David Toja (Bieito, min. 75)

    Partido complicado para os dous equipos que intentaron non perder e conseguirono e no que o terreo de xogo non deixou moito espacio para  o bó futbol.

    Empezou o partido sen un control claro e sen ocasións de gol, feito que foi unha tónica durante todo o encontro, xa que o Porteño intentaba tocar algo mais o balón pero o camelle presionaba ben e defendía ainda mellor, ademais de ter homes con moita calidade que facían boas combinacións que o equipo visitante tentou parar as mais das veces con excesiva dureza. Reclamaron os camellans unhas mans dentro do área do Porteño mediado o primeiro tempo que o árbitro non viu, o que si fixo a media hora esta vez dentro da do Camelle ( mans que non foron xa que o xogador local tiña a marca do balón na camisola). O penalti lanzouno fora dunha portería moi ben defendida por Carlos de Dido (tras a sanción a Purrúa) o xogador do porteño. Un lanzamento de falta de Matías que saiu preto do longueiro foi a xogada mais perigosa do Camelle neste primeiro tempo.

    Dous cambios ofensivos fixo Pupus no comenzo da segunda metade para tratar de ir polo partido e gañou profundidade o equipo con mais chegadas a portería porteña. Barreiro nunha internada que desviou o porteiro a corner, un lanzamento lonxano de Jose que saiu lambendo a escadra puxeron en apuros ós visitantes antes de que o árbitro anulara un gol a Mario por presunto empurrón de Sergio a un defensa, falta moi dubidosa que eu, personalmente, non apreciei e que pudo decantar o partido de bando local. Os visitantes tampouco crearon perigo mais que en balóns colgados o área, xa fora en lanzamentos de falta ou en saques de banda, buscando sempre a altura do seu xogador Pejo (que probablemente debería ser expulsado pola súa brusquedade, xa que fixo varias entradas moi perigosas e mais tendo en conta o estado do terreo de xogo). Sen embargo, ningún dos dous equipos foi capaz de inclinar o marcador para o seu lado e o resultado, que non é malo para ningún dos dous, pódese considerar xusto.

    Só lamentar que o campo estivera moi blando polo que leva chovido nestas semanas e co paso dos minutos fora sendo mais dificil xogar o balón con comodidade. Por outra banda cabe salientar o lado extradeportivo, xa que o partido foi unha auténtica festa nas bancadas, onde mais de medio MILLEIRO de afecionados deron cor a unha tarde de futbol, cun ambiente digno dunha final de Copa da Costa. A afeción do Camelle non deixou de animar ó seu equipo dando unha imaxe moi boa; ademais, a afeción do Porteño acudíu en gran número a animar ós seus debido a proximidade e a boa marcha que leva o equipo nesta temporada na que son os máximos favoritos ó ascenso.

    Hoxe colgaremos as fotos do encontro na páxina de facebook do Camelle, e mañan e pasado farémolo coas da afección e coas da cea de Navidade do sábado da SD Camelle

    viernes, 7 de diciembre de 2012

    12-13. 15ª xornada. Previa


    Este sábado xogase no Rodeiro o partido da xornada, o derbi contra o Porteño. E chega moi forte o equipo da Ponte como lider destacado da categoría e ainda invicto nas catorce xornadas desputadas, cunha vaga de resultados certamente impresionante. O Porteño está líder na táboa clasificatoria con trintaesete puntos de trintaenove posibles, e a obligación do Camelle é gañarlles para que non se escapen definitivamente na clasificación.

    O ano pasado gañaron o partido que desputabamos de titulares (os dous equipos estabamos a xogar no Hermanas Patiño de Camariñas) por un gol a catro.

    O partido foi declarado pola directiva como DÍA DO CLUBE, e piden o máximo apoio posible da afeción

  • XORNADA: 15ª_ SD CAMELLE - PORTEÑO C.F.
    O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

  • DATA E HORA: Sábado 8 de Decembro 2012 ás 16:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos despexados, vento moderado do nordés, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Gómez Senín, Jesús Miguel  (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Porteño son pantalón azul e camisola vermella.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .

  • martes, 4 de diciembre de 2012

    Fotos 14ª xornada

    fotos de lidia

    Para ver a galería completa no facebook: nanton-camelle

    Bufandas e outros...

    Para informar a todo o mundo e que nadie quede sen sabe-lo.
    Vaise a facer un pedido de bufandas co escudo e o nome da SD. Camelle, hai unha lista na Molinera na que poder apuntarse e cantos mais sexamos mellor. As bufandas son de un metro cuarenta por vinte centímetros de ancho, custan oito euros (8€) e hai que pagalas ó apuntarse.
    En principio a lista estará colocada uns días mais e farase o pedido (xa hai mais de oitenta peticións) e despois non haberá opción a conseguir mais, polo que si estades interesados apuntádevos canto antes.

    Por outra banda dende este blog vamos intentar reconstruir a historia do clube coa maior cantidade de datos posible, polo que pedimos a vosa colaboración con toda a información sobre o mesmo que dispoñades (de calquer tipo, fotos, datas, nomes, clasificacións, anécdotas, etc...). Podedes enviar todo o que consideredes oportuno ó correo do blog sdcamelle@gmail.com, escribir na facebook do camelle, ou darme os datos directamente a mín, como prefirades. Gracias pola vosa axuda.


    Crónica 14ª xornada


    Importante victoria do Camelle en Nantón previa ó partdo contra o lider da clasificación.
    • NATÓN: Bonano, David, Carlos Santos, Félix, Diego, Martín, Cachi, Amado (Rubén, min. 75), Dani Costa (Luís, min 46), Carlos Vidal, Iván (Ernesto, min. 24)
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, René (Varu, min. 52), Mario, Jose (Tedín, min. 57), Miguel, Javi Rañal (Sergio, min. 77) e Barreiro (Coruña, min. 89).
    • GOLES: 0-1, min. 24 - Matías (de penalti); 0-2, min. 78 - Barreiro
    • EXPULSIÓNS: min. 22 o porteiro local, min. 55 - Purrúa
    Partido mais igualado do que dí o marcador final e no que o Camelle foi quen de aproveitar as ocasións que tivo mentres que o Nantón non o fixo.

    Entrou mellor no partido o Nantón, controlando mais o xogo e con mais intensidade que os nosos, que non estaban cómodos no campo, ainda que sen crear apenas perigo. Pero un bo pase deixou só a Miguel que driblou ó porteiro e este derribao claramente, pitando o árbitro penalti e a expulsión do porteiro local. Matías encargouse de marcar o seu terceiro gol de penalti da tempada. Con un menos diluíuse o control do Nantón, e o partido igualouse, xa que ningún dos dous equipos tiña un dominio claro nin crearon apenas ocasións en todo o que restaba de primeiro tempo, apenas algún lanzamento lonxano de Matías e algunha internada local que remataba con malos disparos a porta.

     Foi distinta a segunda parte, onde si houbo ocasións, ainda que só o Camelle conseguiría marcar. Entrou no descanso o pichichi da competición e o Nantón deu mais sensación de perigo, ainda que non tivo o seu día e desaproveitou duas claras ocasións, pero tamén provocou a expulsión ós dez minutos do noso porteiro. Con igualdade númerica no campo o partido converteuse nun ida e volta constante, dónde o Nantón intentaba atacar e o Camelle sair a contra. Foi nun balón recuperado por Mario na frontal da nosa área e conducido por él mesmo o que lle chegou a Sergio, que dou un magnífico pase no que o balón chegou a Barreiro para facer o cero a dous definitivo. O Nantón ainda tivo tempo de mandar dous balóns ós paus da portería defendida por Carlos de Dido, pero o resultado non variaría mais ata o pitido final do árbitro.

    Novamente rematou o Camelle o partido moi separado nas súas líneas, coa defensa moi preto da frontal da área, co que o Nantón tratou de aproveitar os ocos e foi cando mais perigo creou. Hai que intentar sacar o equipo mais ó medio do campo para non pasar apuros finais. De novo a afeción de camelle de dez, dando exemplo polos campos da costa.