Derrota sen paliativos en Muros contra o Volantes de Baño
- VOLANTES: Masu, Juan, Josiño, Mou (Maikel, min.62), Paki (Fran, min.72), Ramón, Ivi (Nimo, min.72), Varo, Benja (Pardelo, min.20 (Pirujo, min.57)), Javi e Piti.
- CAMELLE: Coruña (Adrián, min.16), Cristian, Manuel, Carlos, Juanjo, Álvaro (Sergio, min.63), René, Valiña, Mario, Martín (Pantera, min.32) e Felipe.
- Goles: 1-0, min.10: Juan; 2-0, min.48: Juan; 3-0, min.52: Piti; 4-0, min.59: Ivi; 5-0, min.75: Piti; 6-0, min.78: Piti; 7-0, min.83: Piti.
Nada que decir da derrota do noso equipo en Muros, que aguantou bastante ben a primeira metade, na que só se perdía por un gol, pero que na segunda foi desarbolado totalmente polo equipo local.
Nada podemos reprochar ós nosos rapaces, únicamente pedirlle un pouco de calma, xa que os resultados e a impotencia da situación están a facer que se poñan moi nerviosos no campo, protesten en exceso e se dean situacións pouco agradables. Estade tranquilos que os resultados non son importantes, xa se iran recuperando os lesionados e iredes cara arriba como cohetes, xa o veredes. ¡¡¡ÁNIMO!!!
As baixas que estamos a sufrir están sendo un lastre importante, xa que só fomos con catorce xogadores a Muros, e cun xogador de campo facendo de porteiro, que, ademais, tivo que ser sustituido por outro compañeiro mediada a primeira metade, e tendo que lamentar outra baixa, a de Martín tamén nesta primeira parte.

O xogador mais destacado do partido foi Carlos de Dido, que debutou despois de fichar esta semana; facendoo moi ben como central e moi ben como porteiro por mor da lesión do Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario