lunes, 25 de marzo de 2013

Crónica 28ª xornada

Sufrida victoria do Camelle en Vimanzo diante dun Castrelo que mellorou con respecto a primeira volta.
  • CASTRELO: Iván, Mario, Felipe, Marcos, Estebo, Litos, Conexo, Edreira, Gus, Germán e Jota.
  • CAMELLE: Purrúa, Adrián P., Valiña, Manuel, Matías, René, Barreiro, Tedín (Adrián T., min. 53), Jose (Vuri, min. 80), Javi Rañal e Miguel Riveiro.
  • GOLES: 1-0, min. 52 - , 1-1, min. 57 - Valiña, 1-2, min. 76 - Adrián T., 1-3, min. 93 - Barreiro
Empezou o partido co dominio do Camelle con algunha ocasión marrada por Barreiro, ainda que este dominio era froito mais das individualidades que do xogo combinativo. Un Barreiro que saía dunha lesión e notou neste primeiro acto a inactividade. O equipo local defendíase ben ainda que apenas creou perigo, dedicándose mais a que transcorriran os minutos que a tentar ir polo partido.

Continúo polos mesmos derroteros a segunda metade ata que nunha xogada illada a saída dun corner, unha mala saída dun Purrúa (moi mermado físicamente tras un tirón no quecemento) fixo que o Castrelo se adiantese no marcador. Tocou a corneta Pupus e cambiou a disposición do equipo en pós de darlle a volta ó marcador, xogando con tres defensas, retrasando a Barreiro ó centro do campo, onde dou a súa mellor versión, e adiantando liñas. Non tardou en empatar Valiña xogandose o físico nun testarazo a rás do chán, ainda que non o pudo celebrar pola conmoción que sufriu o ser golpeado na testa. Co Camelle volcado chegou a remontada con dous goles, un de Adrián Tajes dende dentro do área e a puntilla de Barreiro cando o partido expiraba.

A afección de novo acompañou ó equipo en bó número, ainda que se puxo un pouco nerviosa co resultado que se estaba dando. Terá que mellorar o equipo en conxunto para afrontar o treito final da liga se quere ter opcións de acadar o ascenso.



Crónica de Varu

jueves, 21 de marzo de 2013

12-13. 28ª xornada. Previa


Este sábado o partido será en Vimianzo contra o Castrelo, equipo que está a mellorar as súas prestacións de comezo de liga. Ainda que ocupan a derradeira praza na clasificación con só dez puntos, están a loitar por superar ó retirado Fisterra B e poñendo en apuros a equipos da parte alta da clasificación. Será un rival complicado, como todos a estas alturas de campionato, onde xa non hai partidos fáciles e, como vimos nas últimas xornadas, calquera lle pode ganar a calquera, polo que o que pense que se vai a ganar con facilidade, está moi equivocado. Esta é a xeira de resultados dos partidos do Castrelo.

Na primeira volta o resultado foi de cinco goles a un favorable o equipo camellán


  • XORNADA: 28ª_ CASTRELO CF - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Sábado 23 de Marzo 2013 ás 18:30h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos de ceos anubrados con chuvias frecuentes, vento do sudoeste, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Casanova Vazquez, Manuel (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal de Vimianzo, de herba artificial e de 100x60m, as cores oficiais do Castrelo son pantalón celeste e camisola blanca cunha raia transversal celeste.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas do venres no facebook Camelle
  • martes, 12 de marzo de 2013

    Crónica 26ª xornada

    Derrota dun Camelle ó que parece que non lle sentan ben os cambios de campo, na súa volta ó Rodeiro
    • CAMELLE: Purrúa, Javi, Iván, Valiña, Matías, Varu, Mario, Miguel, Jose (Tedín, min. 55), Sergio (Vuri, min. 70) e Adrián Tajes.
    • LIRA: Andrés, Javi de Milucha, Herminio, Fran de Muros, Santi, Suso Perico, Iago, Miguel, Michelón, Óliver, Fran Perico. (Tamén: Cristián, Pelexo e Javi)
    • GOLES: 0-1, min. 41 - Óliver. 0-2, min 65 - Suso Perico

    Non foi quen o Camelle de marcar un gol a un Lira que recupera as sensacións da primeira parte do campionato e que se levou os tres puntos do Rodeiro con moita loita e un gran porteiro.

    Xogou a primeira metade o Camelle a favor do vento e aproveitouno para poñer cerco a portería do Lira, pero cun dominio bastante infructuoso, xa que non era quen de conseguir que os seus lanzamentos, algún deles dende o centro do campo, fosen por entre os tres paus da portería dun Andrés que, ainda que só é o terceiro partido co Lira, acumula moita experiencia por diversos equipos da costa. Unha falta lanzada por Miguel e que atrapou o cancerbeiro e o rexeite doutra falta lanzada por Matías e que Sergio enviou mansamente as mans do mesmo cando estaba só, foron as mais perigosas ocasións do Camelle neste primeiro tempo. O lira tentaba estirarse un pouco pero apenas sen perigo. Un lanzamento desviado por Purrúa ó longueiro pero no que a xogada xa fora anulada por fora de xogo foi o mais destacado. Cando se chegaba ó remate un despiste defensivo foi aproveitado polo dianteiro liracho para prantarse só ante Purrúa e facer un cero a un sorprendente polo visto no partido.

    Tentou sobrepoñerse o Camelle na segunda parte e tivo ocasións para levarse os tres puntos pero a mala definición cara o gol como nunha xogada na que Javi se interna pola banda dribando a varios contrarios e cedendo o balón a Sergio que se foi do defensa e do porteiro e, cando o mais facil era empurrar o empate, o seu tiro saiu pegado ó pau pero pola parte de fora. Consegiu o segundo gol o Lira no segundo lanzamento a porta que intentaba e coa axuda involuntaria de Purrúa, que esbarou cando ía a despexar o lanzamento de falta directa que , ainda que chegou a tocar o balón,  supoñía o cero a dous. E de aquí ó final o protagonismo foi, de novo, para o porteiro visitante, facendo intervencións de mérito. Un lanzamento de falta de Miguel preto da cepa do pau ou un tiro de Álvaro que entraba pola escadra son exemplos. O colofón foi a detención dun penalti e o posterior remate do rexeite a "bacajarro" a Matías.


    A vindeira semana descansa o Camelle para afrontar o último treito da competición, no que terá que poñer toda a carne no asador para tratar de acadar a mellor posición posible.

    jueves, 7 de marzo de 2013

    12-13. 26ª xornada. Previa


    Volve a xogar o Camelle no campo do Rodeiro. Farao para esquecer o último partido e farao contra un equipo que xa nos puxo as cousas moi complicadas na primeira volta, o Lira. Un Lira que pasou por unhas xornadas complicadas pero que de novo colleu folgos e empeza a parecerse ó equipo de principio de campaña (ver resultados do Lira). O Lira está decimosegundo na táboa clasificatoria con vinteoito puntos, pero cun par de boas actuacións pode subir varios postos na clasificación.

    O ano pasado o Camelle gañou o partido que desputamos co Lira como locales por dous goles a un.




  • XORNADA: 26ª_ SD CAMELLE - LIRA CF
  • DATA E HORA: Sábado 9 de Marzo 2013 ás 16:30h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: intervalos anubrados con chuvascos, vento forte do sudoeste, temperatura en torno ós 13ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Cedeira Méndez, Diego (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Lira son pantalón blanco e camisola roxibranca.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .

  • martes, 5 de marzo de 2013

    Enquisa

    Xa vai de varias veces que escoito unha "discusión" entre os nosos afecionados sobre un tema que me ten intrigado.

    Resulta que o Camelle ten opcións de acadar un ascenso histórico para a entidade, feito endexamais acadado ata o de agora polos distintos equipos que representaron através de distintas épocas ó Camelle. 

    Pois resulta que non todo o mundo considera adecuado que, en caso de finalmente lograr dito feito, se pasase a xogar na liga da costa, porque a liga sería moito mais complicada, os desprazamentos mais longos, e temen que o equipo perda folgos e siareiros. Por outra banda están os que consideran que sí se tería que aproveitar esta circunstancia mailas dificultades que entrañaría, pero que a desputa desta competición (sen dúbida a mais importante a nivel de futbol afecionado de toda España) compensaría todos os inconvintes.

    A pregunta é: ¿Que pensdades vós?

    Para eso habilítase unha enquisa na parte superior dereita deste blog para que expresedes a vosa opinión afirmativa ou negativa se tal feito (o ascenso por dereito propio conseguido ó final da tempada) se produce.

    A VOTAR.....

    lunes, 4 de marzo de 2013

    Crónica 25ª xornada


    Xusta derrota do Camelle en Carballo diante dun equipo que foi mellor que nós.
    • INDEPENDIENTE: Noe, Belar, Dani Rosalía (Jhonatan, min. 60), Seo, Castro (Brais, min. 84),  Carlos, Jorge (Velo, min. 68), Cholo, Benítez (Moreno, min.70), Ivi (Adrián, min.70) e Juni.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Iván, Matías, Varu, Mario (René, min. 70), Tedín, Jose (Adrián T., min. 55), Javi Rañal e Miguel Riveiro.
    • GOLES: 1-0, min. 6 - Jorge,2-0, min. 11 - Cholo,3-0, min. 14 - Benítez.
    Partido para olvidar o que desputou un Camelle que non se pareceu en nada ó equipo que é esta tempada.

    Un cuarto de hora lle bastou ó Independiente para finiquitar o partido de onte, pois foi nese tempo cando conseguiron un claro marcador que tiraba por terra as aspiracións do Camelle no mesmo. Hai pouco que dicir do encontro salvo que os carballeses foron mellores en todos os aspectos do xogo, anticipándose en todas as xogadas e creando sempre perigo.

    O Camelle estivo descoñecido e apenas inquietou a porta local, ainda que, cando menos, foi quen de refacerse do pésimo inicio para que o marcador non sufrise variacións ata o final.

    Pouco mais se pode dicir, salvo que hai que levantarse e pensar no seguinte encontro como se nada pasase, e ir encontro a encontro para ó final de liga ver cal será a posición acadada.

    Lamentable
    Destacar a afeción que se desprazou a carballo e dou exemplo de como se anima a un equipo, con cánticos constantes a favor do Camelle a pesar do claro resultado en contra. Creo, sinceramente, que no deporte hai que saber perder pero tamén hai que saber gañar, e, lamentablemente, onte vironse nas Eiroas comportamentos dunha parte da afeción local que habría que desterrar dos terreos de xogo, sobre todo en categorías de afecionados, polo ben do deporte e dos propios clubes. Pero eso xa corresponde a cada un mirar para súa casa e preguntarse se é eso o que se quere cando se crea un equipo de futbol.......

    viernes, 1 de marzo de 2013

    Bufanderos no Cebreiro

    E como caido do ceo, o noso polivalente xogador Carlos de Dido, sube unha foto ó facebook que nos ven como anel ó dedo para comezar esta sección, cunha estupenda foto dende o Cebreiro. Animádevos todos e veredes como conseguimos un álbum de fotos impresionante.


    Bufanderos viajeros

    Como xa se anunciou a semana pasada, vaise crear unha nova sección no blog na que os afecionados son os que teñen o protagonismo absoluto. Trátase de "Bufanderos viajeros" na que se vos pide a todos que levedes sempre con vós a bufanda do equipo e vos retratedes con ela nos sitios mais curiosos, emblemáticos, incribles ou raros polos que a vida vos leve. Como, ademais, hai moitos camelláns repartidos polo mundo ou surcando os seus mares, esperamos conseguir que as cores do noso equipo recorran os cinco continentes (e que todos as vexamos).

    Todas as fotos nas que saiades coa bufanda e que enviedes a dirección de correo electrónico do blog sdcamelle@gmail.com serán postas na páxina de facebook do Camelle, todas, pero as que enviedes con ela sen que sexan en lugares ónde o Camelle xogue os seus partidos, serán publicadas no blog co título de "Bufanderos en... e o nome do sitio ónde foran realizadas.


    Tamén as podedes poñer na páxina de facebook do Camelle, ainda que sería preferible por temas de calidade das mesmas que as enviarades ó correo do blog.

    Animarvos a todos a participar desta aventura e que dende Finlandia, Bilbao, Arxentina, pasando por todolos mares do mundo, a China ou Xapón, enviedes as vosas fotos coas que crearemos un álbum de recordos moi bó.