miércoles, 31 de agosto de 2011

2ª Xornada - Previa

Despois dun difícil primeiro partido contra o Cerqueda, empezamos os partidos no que será a “nosa casa”, o campo “Hermanas Patiño” de Camariñas, xogando contra o Alcaián, que deu a sorpresa na primeira xornada derrotando ó Carnota, o gran favorito este ano para acadar o ascenso a segunda autonómica.

O Camelle terá que aproveitar a ventaxa de xogar na casa diante da mellor afección de toda a costa, que seguro levará ó equipo a acadar os primeiros puntos do ano.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Alcaián son camisola amarela e pantalón negro, (o cal deberán cambiar por coincidencia coincidencia co noso).

2ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 3 de Setembro ás 19:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)

martes, 30 de agosto de 2011

Aviso da directiva

Infórmasenos dende a directiva do clube que se está a traballar na limpeza do campo de futbol do Rodeiro, e que esta limpeza vai a continuar polo menos durante a tarde de hoxe, polo que se roga a todo aquel que poida e queira colaborar que se pase polo campo e entre todos sexa o traballo un pouco mais liviano.
Do mesmo xeito tamén nos informan de que o próximo viernes durante o entrenamento do equipo en Camariñas, teremos a visita da Voz de Galicia para realizar unha foto do equipo, polo que esperamos que acudan todos os xogadores ainda que se encontren lesionados.

lunes, 29 de agosto de 2011

Crónica 1ª Xornada

Primeiro partido do Camelle desputado no campo municipal “Xaviña” de Buño ante un gran número de aficionados de Camelle.

  • CERQUEDA: Che, Javi, Juan, Rober (Dani Añón, min.70), Javi II (Nion, min.77), Dani (Joan, min.80), Alex, Lorenzo, Manu, Dieguito (Jonathan, min.72) e Maikel (Jorge, min.60).
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Manuel, Juanjo, Valiña, René (Adrián, min.46), Iván, Álvaro (Sergio, min.46), Felipe e Mario (Martín min. 46 (Alvaro Pantera, min.60))
  • Goles. 1-0, min.38: Alex; 2-0, min.42: Juan; 3-0, min.71: Lorenzo; 4-0, min.82: Alex.
Sen facer un gran partido o Cerqueda superou ó noso Camelle, que ten moita xuventude nas súas filas e necesita un período de adaptación. Os locais pouco a pouco foron entrando no partido e foron marcando goles, e aínda tiveron varias ocasións e tres tiros aos paus.
Ben plantados no campo os nosos rapaces foron aguantando bastante ben os envites do Cerqueda durante a primeira metade, pero cando empezaron a faltar as forzas o equipo local encontrouse con dous goles bastante afortunados cara o final da mesma que decantaron o encontro ó seu favor. 
A segunda parte foi de claro dominio do equipo malpicán, con multitude de ocasións, e cun equipo moi xoven do Camelle que pagou en exceso a sua inexperiencia en partidos de competición oficial.
A pesar de que o equipo estivo ben colocado durante todo o encontro, ainda que un pouco retrasados, pudose apreciar un pouco de mala forma física dos nosos xogadores que foron indo a menos co paso dos minutos. Nada grave nin que non se poida arranxar; a inexperiencia irá desaparecendo co pasos dos partidos e a forma física terase que ir ganando rapidamente para que melloren os resultados.
Os tres xogadores mais destacados do Camelle foron Manuel, Felipe Barreiro e o porteiro Carlos.
¡¡ANIMO RAPACES QUE ESTO ACABA DE EMPEZAR!!


Por outra banda destacar a gran afluencia de aficionados de Camelle o campo do Cerqueda, demostrando que ainda que o equipo poida que non sexa dos mellores da categoría, a afición é a mellor da costa

jueves, 25 de agosto de 2011

Primeira foto da tempada


Por xentileza de Oscar Santos de quepasanacosta.com
Aquí temos a primeira foto do equipo sacada este pasado fín de semana no amistoso xogado en Vimianzo co Soneira B e que rematou con empate (2-2) despois dun bo partido no que fomos de mais a menos debido o cansancio acumulado de xogar o día anterior outro amistoso contra o Xaviña e que tamén rematou co mesmo resultado.
A destacar de ámbolos dous encontros a todolos rapaces que debutaban nun partido en campo grande (que no noso equipo son moitos) e que deron a talla e unha mostra do que son capaces de acadar con esforzo.

miércoles, 24 de agosto de 2011

1ª Xornada - Previa

A primeira xornada da liga xa está aquí, e o noso equipo empeza a tempada xogando contra o difícil equipo do Cerqueda que o ano pasado completou unha magnífica campaña quedando nun meritorio quinto posto a só seis puntos de acada-lo ascenso á segunda autonómica, co que se converte nun dos favoritos da presente campaña.

O partido desputarase no campo municipal “Xaviña” de Buño, (100x60m) de herba artificial. As cores oficiais do Cerqueda son camisola e pantalón Branco, polo que deberíamos xogar coa segunda equipación, pero tras acordalo coa directiva do Cerqueda, o debut oficial será coa primeira equipación.

Dende aquí desexarlle ó equipo os mellores desexos para a tempada.

1ª Xornada:
     - Fecha e hora: Domingo 28 de Agosta ás 18:30 horas
     - Campo: Municipal “Xaviña” de Buño (sintético)

lunes, 22 de agosto de 2011

Benvida

Benvidos a todos a esta páxina que só ten a finalidade de informar dentro do posible de temas ralacionados co equipo de fubtol de camelle, a SOCIEDAD DEPORTIVA CAMELLE.

Intentarase dende aquí informar tanto a xogadores como a afeccionados de tódalas novas que poidan ser de interese tanto sobre o propio equipo, como sobre horarios, clasificacións, avisos, etc... e todo dende a máxima cordialidade e respeto.

Calqueira cousa que creades que deba ser tida en conta ou contada, podedes enviar un correo electrónico a esta páxina sdcamelle@gmail.com ou a propia directiva do clube sdcamelle@yahoo.com, e faremos o posible por dala a conocer

Un saudo