11ª Xornada
Partido que se prevé difícil para o Camelle en Neaño contra o Cabana, máxime cando eles están nunha boa racha de resultados e nunha boa situación na táboa clasificatoria (cuartos, a só catro puntos do líder pero cun partido menos) e nós no fondo da mesma.
Teremos que aproveitar a confianza que poidan ter por enfrontarse ó pechacancelas, intentar manter a nosa a porta a cero (algo que ainda non fomos capaces no que vai de liga) e esperar que recuperemos a algún xogador. O ano pasado, o Cabana rematou sexto na clasificación, o que dá conta do seu potencial na categoría.
O partido desputarase no campo “As Redondas” de Neaño, (91x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Cabana son camisola a raias azuis e negras e pantalón negro.
- Fecha e hora: Sábado 29 de Outubro ás 18:00 horas
- Campo: “As Redondas” de Neaño (sintético)
- Previsión meteorolóxica: ceos pouco anubrados, vento fruoxo do sudoeste, tempertura entre os 16 e os 14º.
- Árbitro: Gestal Caridad, Borja
12ª Xornada
E sen tempo para dixerir o resultado do partido do sábado, xogarase unha nova xornada o martes día de Todolos Santos. Será en Camariñas diante do Xaviña e farémolo como locais.
Será un derbi difícil para os dous equipos que xa nos enfrontamos en pretemporada cun resultado de empate a dous. Tampouco marcha ben o equipo xaviñan, ainda que están a merecer mellores resultados dos que están a lograr. O ano pasado ocuparon a penúltima posición na clasificación final do campeonato.
O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Xaviña son camisola branquiazul e pantalón azul.
- Fecha e hora: Martes 1 de Novembro ás 19:00 horas
- Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)
- Previsión meteorolóxica: ceos moi anubrados con posibilidade de choivas febles, vento forte do sur-suroeste, tempertura sobre os 15º.
- Árbitro: Castelo Pérez, Diego