lunes, 10 de septiembre de 2012

Inauguración do Rodeiro

Quedou inaugurado de maneira brillante o campo de futbol do Rodeiro e non só pola victoria do Camelle diante do Alcaián, senon tamén pola festa vivida fora do terreo de xogo.

 I é que a xente respondeu de maneira sorprendente ó chamamento do clube para acudir ó campo a animar ó noso equipo, e mais de trescentas personas se deron cita no Rodeiro para ver o partido de futbol e, de paso, comprobar de primeira man como quedou o campo tras a reforma a que foi sometido. Ata a meteoroloxía quixo colaborar na festa e fixo unha tarde espectacular.

A afeción quedou encantada co campo, co resultado do partido e coa churrascada coa que a directiva premiou ós xogadores e a todos os socios do clube que se acercaron a pasar unha tarde inmellorable no campo de futbol.

Ademaís esto non queda aquí, xa que animados pola resposta da xente, a directiva segue a traballar na mellora do estado do campo e están a estudar de que maneira poden conseguir finanzamento para acondicionar  con formigón toda a zona de público, dende a entrada ata a grada, para que sexa mais agradable e accesible a todos os que veñan a ver os partidos (calquer idea ou aportación será ben recibida por parte da SD. CAMELLE)

No hay comentarios: