miércoles, 28 de septiembre de 2011

6ª Xornada - Previa

Xa está aqui a sexta xornada de liga e o noso equipo volve a xogar no Hermanas Patiño. O rival será o Montelouro, único equipo que, polo momento, conta por victorias tódolos seus partidos, sendo, ademais, o equipo menos goleado da categoría. O ano pasado o Montelouro non participou na competición, pero este ano voltou con forza.

Vimos da primeira victoria do ano e sería bo poder continuar nunha línea positiva para ter contenta a magnífica afeción de Camelle, que volverá a ateigar o campo para animar ós nosos rapaces.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Montelouro son camisola e pantalón branco.

6ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 1 de Outubro ás 19:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)

martes, 27 de septiembre de 2011

Crónica 5ª Xornada

Primeira victoria da temporada do Camelle no campo do Corcoesto
  • CORCOESTO: Siro, Germán, Edelmiro, Manuel, Rodri, Luis, Uru, Carlos Longo, Pablo, Javi e Miguel.
  • CAMELLE: Carlos, Cristian (Adrián, min.60), Diego, Manuel, Coruña (Buri, min.60), Iván, Varu (Alberto, min 75), Valiña (René, min.70), Martín (Sergio, min.45), Felipe Barreiro e Mario.
  • Goles: 0-1, min.12: Iván, 0-2, min. 25: Barreiro, 0-3, min. 32: Barreiro, 0-4, min. 50: Barreiro, 1-4, min.75: Miguel, 1-5, min.76, Mario, 2-5, min.78, Miguel, 2-6, min.80, Mario, 3-6, min.80, Rodri, 3-7, min.82, René, 4-7, min.85, Miguel.
Partido con menos historia da que indica o marcador xa que, ata o minuto 75, o Camelle dominaba e controlaba completamente o encontro cun claro cero a catro, e que se volveu tolo nos minutos finais pero sempre claramente faborable ó noso equipo.

Dominou o Camelle a primeira metade no medio do campo cun gran partido de Varu, que foi o dono do xogo, e rápidamente se puxo o marcador a favor cun gol de Iván. Barreiro en dúas xogadas, unha nun rápido contragolpe perfectamente culminado cunha vaselina pola escadra e con outro gol nun regalo do porteiro local cerraron a primeira metade cun 0-3 que deixaba práctimente sentenciado o partido. Non estivo parado o Corcoesto, que abusando de balons en largo tivo dúas ocasions neste primeiro tempo con sendos tiros ós paus.

Comezou a segunda metade como a primeira e marcou Felipe o seu terceiro gol ós poucos minutos. Cos cambios tornou o conto e ca marcha de Varu o partido volveuse tolo cun montón de goles en poucos minutos. Fallos defensivos e do noso porteiro permitiron que o Corcoesto maquillara un marcador que redondearon Mario en dúas ocasións e René cun gran gol nunha fermosa xogada do propio Mario.

Agradoulle moito a magnifica afeción de Camelle, que se volveu a desplazar en masa para animar cun comportamento exquisito ó equipo, o bo trato do balón que sempre intentaron ter os nosos rapaces que, nun campo en non moi boas condicions, sempre tentaron baixar a pelota e xogar en curto.

E difícil cando se produce un resultado así destacar a alguén e ser xusto, pero os mais destacados do encontro foron Barreiro, Varu e Diego, ainda que outros como Valiña, Cristian, Mario ou Adrián poderían estar aquí.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

5ª Xornada - Previa

Chegamos a quinta xornada e o noso equipo xoga contra o Corcoesto, un dos equipos “da nosa liga”, despois de enfrontarnos contra catro equipos chamados a estar na parte alta da clasificación e a espera de xogar na vindeira xornada contra o líder. A temporada pasada o Corcoesto rematou en última posición, pero este ano comezou mellor e xa ten catro puntos no seu casilleiro.

O partido desputarase no campo  “As Bouzas” de Corcoesto, (95x60m) de herba natural (non moi boas condicions). As cores oficiais do Corcoesto son camisola Azul Celeste e pantalón Branco, polo que, en principio, deberíamos xogar coa camiseta da segunda equipación e o pantalón e medias da primeira.

5ª Xornada:
     - Fecha e hora: Domingo 25 de Setembro ás 17:00 horas
     - Campo: “As Bouzas” de Corcoesto (herba natural en non moi bo estado)

lunes, 19 de septiembre de 2011

Crónica 4ª Xornada

Xusta derrota do Camelle diante dun dos favoritos desta tempada.
  • CAMELLE: Carlos, Cristian (Coruña, min 45), Diego (Adrián, min.80), Manuel, Juanjo, Iván, Alvaro, Valiña, René (Alvaro Pantera, min.45), Felipe Barreiro e Mario (Sergio, min 85 ).
  • OUTES: Gato, Alvaro (Lago, min.80), Martín (Saúl, min.46), Debé, Chúa, Poke, David, Fabio, Deivi, Potor (Kin, min.46) e Pesco (Damian, min.71)
  • Goles: 0-1, min.5: Fabio; 1-1, min.9: Felipe Barreiro; 1-2, min.44: Debé; 1-3, min.64: Fabio; 2-3, min.66: Felipe Barreiro; 2-4, min.68: Deivi, de penalti; 2-5, min.88: Deivi.
Caeu derrotado o Camelle diante do Outes por un resultado que ainda que por xogo non foi merecido, si o foi en canto a ocasions de gol. Empezou forte o Outes que consegiu o gol nunha xogada desafortunada para o Camelle xa que nun despexe do noso porteiro o balón golpeu no dianteiro do Outes e entrou na nosa portería.
Pero o Camelle comenzou a xogar mellor e froito dun roubo de René preto da área empatamos por medio de Barreiro. Despois do gol conseguiu o Camelle amedrentar ó Outes durante boa parte do primeiro tempo pero cando este estaba acabando volveu a marcar o Outes no típico despiste ó saque dunha falta que lle esta a costar ó noso equipo moitos goles neste comenzo de campaña.
Balons en longo as costas da nosa defensa foi o recurso do Outes na segunda metade, na que rápido consegiu o terceiro gol nun claro fora de xogo que o árbitro foi o único que non viu. Pero tivo arrestos o Camelle para acercarse no marcador nunha magnifica xogada que empezou Juanjo na defensa e rematou Barreiro co seu segundo gol do partido. Pero o paso dos minutos e os cambios foron unha lousa para o noso equipo que encaixou o cuarto gol nun claro penalti cometido por Manuel e que Carlos estivo a piques de deter cunha magnífica palomita. Poidemonos acercar de novo nun lanzamento de falta maxistralmente lanzado por Alvaro, pero a fortuna fixo que o balon golpease no pau, rebotara no porteiro e volvese a pegar no pau para sair fora. Co equipo volcado tivo varias ocasions o Outes que consegiu o quinto cando xa morria o partido noutro contragolpe.
Os tres xogadores mais destacados do Camelle foron Manuel, Barreiro e Carlos Purrúa.
Sempre destacamos dende aquí a magnifica afección do Camelle, pero ata o mellor escribano comete algún borrón. Debemos lembrar todos que simplemente se trata de xogar ó futbol, facer un pouco de deporte e pasalo ben todos, uns xogando e outros animando. En ningún momento se trata de ter vía libre para insultar ou intentar sacar de quicio xogadas ou accions do partido, xa que tanto os árbitros como os xogadores dos outros equipos fan exactamente o mesmo que nós, intentar facer un pouco de deporte e pasalo ben. Por ese motivo creo que deberíamos ir o campo coa mentalidade de animar e pasalo ben, non coa de ir a desafogarse insultando ou con alma de anxel vengativo de accions do xogo. Por favor, un pouco de cordura e mirarse un mesmo antes de actuar, ou que exemplo é o que lle queremos dar os nosos fillos???. Non creo que a ningún de nós lle gustaría que ós seus fillos os insultasen o tentasen agredir por un ir xogar ó futbol.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

4ª Xornada - Previa

Chegamos xa a cuarta xornada de liga e o Camelle volve a xogar no Hermanas Patiño esta vez como local. O rival será o Outes, que empezou a tempada de maneira brillante cun promedio de catro goles por partido situándose na parte alta da clasificación como xa fixera o ano pasado no que quedou en séptima posición.

Empezamos o ano xogando contra os equipos mais fortes da liga o que nos está axudando a crecer como equipo, ainda que non non o faga na taboa clasificatoria, e seguro que, a partir de aquí, só podemos ir a mais.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Outes son camisola a raias brancas e negras e pantalón branco.

4ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 17 de Setembro ás 19:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)

martes, 13 de septiembre de 2011

Parte médico

Bos novas respecto a lesión de Jose xa que a grave lesión que sufriu vai evolucionando satisfactoriamente dentro do posible. Nunha revisión feita onte comprobouse que ten todolos osos no seu sitio, co que o vindeiro luns cambiaraselle a escaiola e continuará coa sua recuperación que esperamos sexa rápida.
Por outra banda a lesión de Mauri e un pouco mais complicada do que en principio parecía, xa que ten rota a cabeza do radio co que estará de baixa mais tempo do principio estimado, ainda que, como se pudo comprobar no pasado encontro, a defensa está perfectamente cuberta.

Crónica 3ª Xornada

Inxusto resultado o colleitado no derbi polo noso equipo que mereceu mais contra o Porteño.
  • PORTEÑO: Asiel, Pejo (Tajes, min.65), Yago (Quilmes, min.55), Yago Sestayo, Maikol, Cousillas, Asier, Ismael, Sergio

  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Diego, Manuel, Juanjo, Iván, Alvaro, Valiña (Buri, min.73), René (Sergio, min.55), Felipe Barreiro e Mario.
  • Goles: 1-0, min.80: Cousillas.
Tivo que loitar moito o Porteño para sacar un resultado positivo contra un Camelle que vai a mais partido a partido e que si segue nesta línea pronto empazará a acadar bos resultados nesta liga.
Empezaron os dous euipos intentando xogar o balón pero ningún dos dous conseguía ter ocasións claras de gol, ainda que era o Camelle con rápidas incursions de Felipe e de Mario o que daba a impresión de poder adiantarse no marcador. A igualdade marcou os dous tempos do encontró pero só co paso dos minutos e cun xogo mais físico o equipo local conseguiu nun rebote adiantarse no marcado a poucos minutos do final.
Non se rendiu o Camelle e estivo a piques de empatar na última xogada do partido, pero Sergiño non foi capaz de culminar en gol una magnifica xogada colectiva cun último pase de Alvaro que o deixou só diante do porteiro.
En ningún momento o Camelle foi inferior a un equipo feito como o Porteño e que é un dos grandes favoritos a estar na loita polo ascenso.
Donde non houbo color foi nas ateigadas gradas do campo de Camariñas, onde os siareiros camellans gañaron por goleada (tanto en número como en animosidade) ós nosos vecinos.
Por último, e non por elo menos importante, destacar a boa labor dunha directiva que está a traballar a reo para que os rapaces de Camelle poidan practicar deporte e estar unidos. Como vemos nos outros equipos hai moitos xogadores que non son do lugar no que xogan e en Camelle podemos estar moi contentos e orgullosos de que todos os nosos rapaces son de Camelle (Buri, ainda que é de Arou está casado en Camelle e ten un fillo camellán) e sinten como nadie o noso escudo.
ANIMO RAPACES, SEGUIDE ASI QUE SODES OS MELLORES!!!!

miércoles, 7 de septiembre de 2011

3ª Xornada - Previa

Nesta terceira xornada, despois do accidentado partido contra o Alcaian, temos o gran derbi contra o Porteño. Partido que xogaremos no campo “Hermanas Patiño” de Camariñas, pero esta vez como visitantes, diante doutro dos favoritos deste ano para acadar o ascenso a segunda autonómica. O porteño, que o ano pasado descendeu, realizou varias fichaxes para voltar rápidamente a categoría perdida. O noso equipo terá que sobrepoñerse ó importante número de baixas que ten para este partido, pero os xogadores disponibles daran todo o que teñen para acadar un bo resultado.

Seguro que se vivirá un gran ambiente nas gradas, xa que os dous equipos son dos que mais aficionados moven nós seus partidos. Esperamos que a nosa xente demostre que é a mellor afección da costa animando ó Camelle pero co máximo respeto para os nosos contrincantes e veciños.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Porteño son camisola roja e pantalón azul.

3ª Xornada:
     - Fecha e hora: Domingo 11 de Setembro ás 18:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)

martes, 6 de septiembre de 2011

Crónica 2ª Xornada

Accidentado debut do Camelle “na casa” diante do Alcaian no que se conseguí o primeiro punto da tempada
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri (Coruña, min.46), Manuel, Juanjo, Iván, Alvaro, Gati (Buri, min.35), René (Sergio, min.60), Felipe Barreiro e Mario.
  • ALCAIAN: Rizos, Pombo, Andrés (Tote, min.65), Dani, Luís, Negreira, Pío, Nahuel, Pistolas, Víctor e Roberto.
  • Goles: 1-0, min.22: Gati; 1-1, min.40: Roberto.
  • Expulsión: O local Coruña (min.86) por dobre cartón amarelo.
Gran primeira metade do Camelle, que mellorou claramente con respecto ó primeiro partido desputado en Cerqueda, controlando en todo momento o balón durante os primeiros cuarenta e cinco minutos e facendo xogadas de gran mérito.
Nunca destas xogadas, un perfecto pase en profundidade de Iván, aproveitabao Jose para driblar ó porteiro e batilo a placer, adiantando ó Camelle. Pouco despois unha impresionante triangulación ó primeiro toque entre Iván, Álvaro, René e o propio Jose estivo a piques de acabar nun segundo gol que non se chegou a conseguir.
A base de empuxe e cun xogo moi físico foise estirando o Alcaián que estivo a punto de conseguir o empate nun man a man co porteiro que Carlos resolveu a perfección enviando o balon a corner.
Fotos de diariocamarinan.com

Nun choque “fortuito” Jose sufriu unha importante lesión que obrigou a parar o encontro uns minutos e tivo que ser evacuado en ambulancia ó Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Aproveitou o Alcaian un despiste defensivo no saque dunha falta para empatar o encontro antes do descanso e ahí morreu prácticamente o encontro.
A segunda metade, desputada baixo unha chuvia espesa, converteu o partido nunha loita polo balón no medio do campo sen moitas oportunidades, destacando un remate de cabeza de Felipe que saiu cerca do pau. O cansanzo nos dous equipos notouse neste periodo e o partido rematou coa expulsión de Ángel (Coruña) cando o partido estaba a piques de rematar.
Os tres xogadores mais destacados do Camelle foron Manuel, Iván e Cristian, ainda que todos xogaron un bo partido e poderían estar aquí como destacados.

Tamén se debe destacar a gran afeción do Camelle, que ateigou o campo de Camariñas animando en todo momento ó equipo e demostrando que é a mellor afeción do mundo (O presidente do Camariñas chegou a comentar que nunca vira tanta xente no campo).
Por último lamentar as baixas do equipo, xa que perdeu tres xogadores para os vindeiros partidos, Jose cunha fractura de cúbito e radio, Mauri cunha fisura no codo e Ángel Coruña por sanción.

lunes, 5 de septiembre de 2011

Mensaxes de ánimo para Jose

Hai cousas mais importantes co futbol, e unha delas é a saude dos nosos xogadores. Como xa todos sabedes, o noso gran xogador Jose "do Gati" sufreu unha importante lesión este fín de semana no partido desputado contra o Alcaian.
Dende aquí queremos mandarlle todolos ánimos posibles a Jose e a súa familia para recuperarse o antes posible desta lesión, para eso pedimos que no apartado de comentarios lle enviedes as vosas mensaxes de apoio.

¡¡¡ ANIMO JOSE !!! en nada estarás marcando goles para todos nós.