martes, 18 de septiembre de 2012

Enquisa en marcha

Lembrarvos dende aquí que temos en marcha unha enquisa e unha "porra virtual" para ver canto sabemos de futbol (ou canto temos de adivinos).

Para votar na enquisa só tedes que marcar a posición na que pensades pode quedar o Camelle a final de tempada e pulsar <voto>.

Para a porra, ides a comentarios (tanto desta entrada como na da semana pasada)  e deixades o voso nome e a posición exacta na que credes que vai a rematar o Camelle a final de ano (como ususario anónimo non necesitades rexistrarvos nin incluir datos personais para facelo).

Polo de agora só hai dúas apostas, a deste blog (7º) e a de Mario (6º). Recordarvos que tedes como máximo ata última hora do domingo para facelo. Tamén que todos estades invitados a participar neste blog do noso equipo na forma que consideredes oportuna, se vos apetece aportar algo podedes facelo enviando un correo electrónico a sdcamelle@gmail.com

1 comentario:

Anónimo dijo...

primeiros