jueves, 28 de febrero de 2013

12-13. 25ª xornada. Previa


Partido da xornada o domingo en Carballo entre dous dos tres equipos chamados a conseguir o ascenso directo e, porque non, a gañar a liga. Dous equipos totalmente diferentes en canto a xogo, os carballeses basados nunha forte defensa e rápidas saídas ó contragolpe, e os camelláns, cun mellor trato do balón pero cunha defensa que se está a mostrar igual de forte, de feito son os dous equipos menos goleados. O Independiente está segundo na clasificación por detrás do Camelle, a só tres puntos, pero con partido menos. A xeira de resultados dos seus partidos neste ano é a seguinte: Pinchar aquí. Será, sen duda, o partido que definirá as opcións reales dos dous equipos para ser campións.

A temporada pasada o resultado foi de catro goles a tres para o Independiente.

  • XORNADA: 25ª_ INDEPENDIENTE DE CARBALLO. - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 3 de Marzo 2013 ás 18:15h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos totalmente despexados, vento frouxo do sureste, temperatura en torno ós 16ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Martínez Rodríguez. Carlos (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal "As Eiroas" de Carballo, de herba artificial e de 96x50m, as cores oficiais do Independiente son pantalón negro e camisola roxinegra.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23 horas no facebook
  • viernes, 22 de febrero de 2013

    Novas

    Como todos sabedes xa, esta fín de semana non hai partido para o Camelle, xa que nos tocaría enfrontarnos ó retirado Fisterra B, polo que o resultado do encontro xa está definido coa victoria do Camelle por dous goles a cero. Esto permite ó equipo manter a privilexiada posición de líder da competición en solitario unha semana mais e chegar ó encontro da semana que ven contra o Independiente de Carballo na primeira posición.

    Tamén estamos a preparar dende o blog a creación dunha nova sección onde os protagonistas serán os afecionados do Camelle que, seguramente, estará lista a vindeira semana.

    martes, 19 de febrero de 2013

    Estatísticas dos xogadores


    A falta de pouco menos dun tercio de campionato, aquí vos deixo unha tabliña con estatísticas dos xogadores para que vos entreteñades un pouco. Esta é a segunda entrega das estatísticas e completarase con outra ó finalizar a campaña. Podedes ver a anterior táboa premendo aquí

    fonte: propia do blog contrastando as crónicas

    NOTA: Para ver a maior tamaño pulsar sobre a imaxe

    lunes, 18 de febrero de 2013

    Crónica 23ª xornada


    Importantísima victoria do Camelle nun campo dificilísimo non só polo rival, senon tamén polo estado do terreo de xogo.
    • MUXÍA: José Antonio, Luís Romaní, Martín (Ruso, min. 70), Pesqui, Pataca, Ángel, Currás, Javi (Julián, min. 60), David, Adrián Negro (Lagoa, min. 75), Dimas
    • CAMELLE: Carlos de Dido, Manuel (Coruña, min. 46) Valiña, Iván, Matías, Varu (Adrián T., min. 83), Mario, Tedín (Jose, min. 73), Javi Rañal, Miguel Riveiro e Barreiro.
    • GOLES: 1-0, min.12 David (de penalti) 1-1, min. 28 - Tedín, 1-2, min. 53 - Mario 
    Complicado partido o xogado en Arliña, con poucas ocasións e un campo de xogo en moi malas condicións debido a carga de partidos que soporta cada fín de semana.

    Empezou mellor o Muxía aprobeitando que xogaba co vento a favor e facendose co control do partido. Feito que aproveitou ós dez minutos para poñer en apuros a un Carlos de Dido que sigue destacando na portería por mor doutra lesión de Purrúa. Tan só dous despois Iván cometía penalti que os muxians transformaban no un a cero. Repuxose o Camelle deste gol e conseguiu nivelar o encontro, e tras un lanzamento de falta de Matías os xogadores camelláns reclamaron un claro penalti por mans na área local pero o xuiz de liña anulou a xogada por fora de xogo previo. Foi no minuto vinteoito cando Tedín aprobeitou un balón morto que o porteiro local non atallou a lanzamento de falta de Matías para facer un empate que parecía xusto polo xogo que estaban a despregar ambos equipos e co que se chegaría ó descanso.

    Dou unha tregua o tempo na segunda metade e o Camelle saiu mais inspirado, se ben non tivo o control do partido, si tivo algunha ocasión, mentres que o Muxía desapareceu en ataque. Pero foi gracias a un erro do porteiro local ó intentar despexar un centro-chut de Mario sen aparente perigo como conseguiu o Camelle o gol da victoria, xa que o balón acabou entrando pola escadra no intento de despexe do mesmo. Despois moita loita, moita tensión por mor do marcador e da importancia dos puntos para os dous equipos e pouco mais, algunha ocasión para o Camelle por medio de Barreiro, Javi ou un lanzamento lonxano de Matías, pero foi Jose o que poido sentenciar no tempo de desconto pero o seu lanzamento dende cerca do punto de penalti saiulle alto.



    O mellor son os tres puntos que permiten consolidar o liderato en solitario e a afección que non deixa de acompañar ó equipo nos seus partidos.

    jueves, 14 de febrero de 2013

    12-13. 23ª xornada. Previa


    Complicado partido o do Camelle este domingo en Arliña ante un Muxía que, pouco a pouco lle foi collendo o pulso a tempada e ó que espera o seu entrenador, converténdose nun dos equipos mais perigosos e que mais opcións teñen de achegarse a sexta praza que dá acceso a desputa do play-off vendo a súa evoución. O Muxía está, con trinta puntos, octavo na clasificación, pero con menos encontros desputados que os que están por riba del na táboa. A xeira de resultados dos seus partidos neste ano é a seguinte: Pinchar aquí. O Camelle estrea liderato e terá a obriga de demostralo nun campo complicado; ademais quere dedicarlle a victoría a Álvaro "tonsón" que está a pasar por un trance delicado, pero do que vai sair con "un par de juevos"

    A temporada pasada o resultado foi de empate a un



  • XORNADA: 23ª_ MUXÍA CF. - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 17 de Febreiro 2013 ás 16:15h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos cubertos con chuvias, vento moderado do sur, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Patricio Blanco, Pablo Miguel; Asistentes: Gil Soriano, Álvaro e Cabado Rodriguez, Joel (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal "Arliña" de Muxía, de herba natural e de 100x57m, as cores oficiais do Muxía son pantalón azul e camisola roxa.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23 horas no facebook
  • miércoles, 13 de febrero de 2013

    Crónica 19ª xornada (aprazada)


    Victoria do Camelle no partido aprazado da 19ª xornada e que o aupa ó mais alto da clasificación da terceira da costa, feito inédito do equipo a estas alturas do campionato.
    • ALCAIÁN:
    • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Adrián P., min. 58) Valiña, Iván, Matías, Varu (René, min. 75), Mario, Tedín (Álvaro Pantera, min. 81), Sergio (Adrián T., min. 63), Javi Rañal e Barreiro.
    • GOLES: 0-1, min. 13 - Javi Rañal, 0-2, min. 67 - Matías (penalti) 
    Cambiou a cara o Camelle con respecto ó partido anterior para facerse, con bó xogo, cos tres puntos en Coristanco.

    Foi moi superior, sobre todo no primeiro tempo, o Camelle, que dispuxo de moitas ocasións de gol, ainda que o colexiado do encontro anulara moitas delas por foras de xogo mais que dubidosos. De feito anulou un gol de Barreiro ós oito minutos cando foi a todas luces legal, pero tamén hai que comprender o sumamente difícil que resulta a labor do árbitro. Foi chegando ó cuarto de hora cando Javi Rañal, de disparo raso e lonxano tras unha boa xogada personal, facía o primeiro do Camelle. Gol que daría moita tranquilidade ante un equipo que non presionaba moito e permitía ós bos xogadores camelláns sacar o balón controlado dende atrás. Apenas inquietou o Alcaián a meta defendida unha vez mais por un Carlos de Dido que sempre o fai ben, xogue de porteiro o de lateral. Rematou o primeiro tempo con outro fora de xogo inexistente no que Barreiro se prantaba só contra o porteiro rival.

    Foi a segunda metade de mais control do Camelle, no que intentaba ter o dominio do balón diante dun Alcaián que se estirou un pouco cara arriba, ainda que só fixo certo perigo cun lanzamento cruzado que se perdeu preto do pau dereito da nosa portería. Tamén as tivo o Camelle, como unha por medio de Sergio, que nion foi quen de definir cando só tiña diante ó porteiro. No minuto vintaedous, o pesadelo da defensa local que foi Felipe, internouse no área local e o zagueiro derribouno de maneira moi clara. O penalti foi transformado por Matías para facer o cero a dous definitivo.


    Destacar que case un centenar de afecionados de Camelle se desprazaron a animar ó equipo apesar da data e do horario, dando boa conta da mágnifica afeción que ten o equipo e que debe ser un referente na costa.

    lunes, 11 de febrero de 2013

    Crónica 22ª xornada

    Importante victoria do Camelle que o aupa á loita por unha das dúas prazas de ascenso directo.

    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Varu, Iván, Mario, Adrián T. (Jose, min. 57), Javi Rañal e Barreiro.
    • CORCOESTO: Anxo, Sergio, Edelmiro, Germán, Pablo, Luis, Xavi (Couto, min. 65), Pablo, Javi, Rodri, Héctor (Pichuco, min. 46)
    • GOLES: 1-0, min. 6 - Barreiro, 1-1, min. 39 - Héctor, 2-1, min. 49 - Adrián T., 3-1, min. 85 - Barreiro, 4-1, min. 93 - Javi Rañal
    Partido bastante malo do Camelle no que a efectividade cara o gol foi o factor determinante no resultado final do encontro.

    Sobre todo na primeira metade, onde só tivo o Camelle dúas ocasións e as dúas nada mais comezar, unha de Javi que remata dende cerca tras un saque de banda, rechaza o porteiro e revolvese ben para que non chegue Adrián, e o gol ós seis minutos de Barreiro, picando por riba do porteiro un pase en profundidade de Matías. E ahí diluíuse o noso equipo, onde non foi quen de facerse co partido i era superado constantemente no medio do campo por un Corcoesto moi inocente que non conseguía crear perigo. Ata case o final deste primeiro tempo onde conseguiu empatar cun maxistral lanzamento de falta que se colou por toda a escadra da portería defendida por Purrúa.

    Empezou con moita efectividade a segunda metade para o Camelle, xa que o primeiro balón que foi a portería ós catro minutos foi gol. E un bonito gol de Adrián de Barca, que estrenou titularidade no equipo da mellor maneira posible, empalmando un balón que quedou morto na frontal sen que o porteiro visitante o poidera atallar a pesar da estirada que tentou. Creaba perigo o Corcoesto pero case sempre en lanzamentos directos de falta e Purrúa tivo que emplearse a fondo en dúas ocasións para evitar que empataran os visitantes desta maneira. Tamén o poideron facer nun centro lateral tras unha perdida tonta do Camelle, pero o remate de cabexa do dianteiro visitante estrelouse contra o longueiro e foise fora. Non sería ata os minutos finais cando o Camelle se volveu a acercar a portería contraria, e faríao con perigo. Varu no 38 e en semifallo, obrigou o porteiro visitante a facer unha meritoria parada, pero nada podería facer dous minutos despois nun saque de esquina que Barreiro rematou de cabeza a pracer dentro do área pequena para facer o seu segundo gol da tarde. A puntilla conseguiuna Javi Rañal cando xa se cumprira o tempo regulamentado picando por riba do porteiro un  balón largo que peiteou  Felipe.

    O mais importante son os tres puntos conseguidos e que permiten ó equipo entrar na loita directa por colocarse líder da categoría. Este martes volverá a xogar o Camelle en Coristanco as oito da tarde o partido da xornada 19 contra o Alcaián e que fora aprazado polo mal tempo. De conseguir a victoria encaramaríase a ese primeiro posto da táboa clasificatoria e sería un reforzo anímico importante ante os próximos e complicados encontros que terá que desputar en Muxía e Carballo.

    viernes, 8 de febrero de 2013

    12-13. 22ª xornada. Previa


    Novo partido do Camelle en Camariñas. Nesta ocasión para enfrontarse a un dos equipos da zona baixa da clasificación, o Corcoesto. Un Corcoesto que é un dos equipos que mais ilusión teñen por xogar, xa que apesar das dificultades que teñen para xuntar xente para os seus partidos (motivo polo que sempre xogan en domingo) sempre se presentan coa mesma ilusión, e se teñen un día bó, complicanlle o partido a calquera (ver resultados do Corcoesto).Este ano, ademais, están a mellorar notablemente en defensa. O Corcoesto está decimoquinto na táboa clasificatoria con dezanove puntos, moi preto do grupo da zona media da clasificación.

    O ano pasado o Camelle gañou o partido que desputamos co Corcoesto por tres goles a un.


  • XORNADA: 22ª_ SD CAMELLE - SDC CORCOESTO
  • DATA E HORA: Domingo 10 de Febreiro 2013 ás 16:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: intervalos anubrados con chuvascos, vento forte do oeste, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO:   (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do municipal "Hermanas Patiño" de Camariñas, de herba artificial e de 98x58m, as cores oficiais do Corcoesto son pantalón blanco e camisola celeste.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .



  • AVISO IMPORTANTE:


    LEMBRAR A TODOS QUE O PARTIDO APRAZADO DIANTE DO ALCAIAN DESPUTASASE O MARTES 12 (MARTES DE ENTROIDO) ÁS 20:00 HORAS NO CAMPO MUNICIPAL DE CORISTANCO

    lunes, 4 de febrero de 2013

    Crónica 21ª xornada


    Intenso o partido vivido na tarde do sábado en Buño e onde o Camelle se levou uns valiosísimos tres puntos.
    • CERQUEDA: Costa, Bastón, Javi, Pablo, Javi Pazos, Santi, Dani, Dani Seaia, Moisés, Dieguito, Juanjo (Lorenzo, min. 53)
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel (Iván, min. 60), Matías, Varu, Mario, Jose (Tedín, min. 56), Miguel, Javi Rañal e Barreiro.
    • GOLES: 0-1, min. 45 - Matías
    • EXPULSIÓNS: min. 79 - Miguel e o defensa local Pablo
    Partido moi intenso, con fases de bó xogo e dominio alterno de dous equipos que demostraron o porqué da súa posición na táboa clasificatoria.

    Empezou dominando o Camelle o partido durante o primeiro cuarto de hora, embotellando ós locais no seu campo ainda que sen crear moito perigo e onde unha internada de Barreiro que tentou o pase definitivo cara Jose en duas ocasions, e que foi despexada pola defensa, foi o mais salientable. Sacudíuse o Cerqueda o dominio camellán e comezou a chegar con perigo en rápidas internadas, rematando con claridade en ata tres ocasións nos seguintes quince minutos pero o marcador non variaba. Pasaba un pouco da media hora cando, nunha bonita xogada do Camelle a pelota chegáballe a Miguel na frontal do área e o seu disparo foi rexeitado nunha moi boa parada polo porteiro local, pero o balón quedou morto nos pés de Javi que deu o pase da morte para que Barreiro o mandase ó fondo das mallas, sen embargo o árbitro anulouno por un fora de xogo a todas luces inexistente. Pouco despois e tras unha violenta entrada no medio do campo sobre Miguel formouse unha pequena tangana que non foi a maiores. Intentouno Javi dende dentro da área pero o balón foiselle alto. Non así a Matías, quen marcaba de falta directa cando xa se cumpría o tempo regulamentado.

    Non tivo un dominador claro a segunda parte do encontro e sí moita incertidume e tensión. Chegandose ó cuarto de hora tivo o Cerqueda a mais clara no saque dunha falta, pero Purrúa fixo unha parada de moito mérito despexando o balón fora. Tamén o Camelle tivo oportunidades como unha que Barreiro non foi quen de rematar na liña de gol tras unha boa xogada. Houbo outro rifirrafe entre Miguel e un xogador local despois dunha patada sen balón dende o chán deste último e que rematou cos dous xogadores expulsados. Dende ahí ata o final poido sentenciar o Camelle con tres chegadas (duas de Barreiro e unha de Matías) pero o marcador xa non se movería mais.

    Destacar, unha vez mais, a afluencia de afecionados do Camelle nun desprazamento do equipo e denunciar dende aquí unha situación moi habitual e que non se debería dar, i é que cando por circunstancias do xogo hai algún tipo de enganchón entre xogadores, saltan ó campo personas relacionadas ou non cos equipos para (supoñese) intentar separar ós xogadores, pero o único que se consegue e crear mais nerviosismo e facer mais difícil a labor do árbitro. Os partidos de futbol son eso, partidos de futbol, e hai patadas, enganchóns, discusións, etc.. pero deberíamos ser o suficientemente intelixentes como para darnos conta de que hai que ser deportistas e personas, e ir a pasalo ben os campos de xogo e desfrutar do futbol e do teu equipo e só a eso....