lunes, 29 de abril de 2013

Crónica 32ª xornada

Perdeu o seu partido o Camelle na Ponte e con él prácticamente todas as opcións de ascenso directo.

  • PORTEÑO: Pablo, Oscar, Iago (Asier, min. 80), Pejo, Maikol, Parga, Mario Toja, David Toja, Ismael, Iago e Cousillas.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Mauri (Varu, min.56), Matías, Mario, Barreiro,  Miguel Riveiro, Jose, Javi Rañal e Sergio (Tedín, min. 74).
  • GOLES: 1-0, min. 67 -  David Toja.
I eso que o partido tiña mais pinta de empate, pero os locais conseguiron un gol mediado o segundo tempo que o Camelle non foi quén de levantar.

Empezou o partido con moito respeto por ambas escadras e cun pouco de nerviosismo, ainda que foi o Porteño o que levou o peso do mesmo. Sen embargo, ese control era esteril, xa que apenas creou perigo, a excepción dunha xogada na que, pasada a media hora, enviou un balón ó longueiro de Purrúa nun lanzamento lonxano tras rexeite da defensa. Era o Camelle o que daba mais sensación de perigo nas súas chegadas, creando moita incertidume nos saques de banda que remataban sempre e cunha xogada moi rápids na que Sergio se adiantou ó porteiro local, pero o balón quedoulle un pouco atrás, dándolle tempo a Pablo a refacerse e sacar de maneira incrible un lanzamento que xa se cantaba como gol. Tamén poido adiantarse se o árbitro pitara unhas mans moi claras de Pejo dentro da área (e que él mesmo recoñeceu ós xogadores visitantes), pero o partido íriase ó descanso como comezou.

A segunda parte comezou mal para o Camelle, cando tivo que facer un cambio, obrigado por lesión, nunha defensa que xa estaba moi mermada polas baixas, e trastocar o plantexamento inicial. Mais control do Porteño e menos chegadas a porta. Sen embargo, un balón cruzado e que non foi capaz de despexar ninguén, aproveitaríao David Toja para facer o un a cero tirándose a rás do chán e marcando no segundo pau. Estirouse o Camelle un pouco e o Porteño tentouno con contras, pero o marcador xa non se movería. Un lanzamento dende o medio do campo de Matías que pasou rozando o largueiro sería a ocasión mais clara dun Camelle ó que apenas lle queda mais opción que a de ir pensando na promoción para refrendar o feito ata o de agora.

Destacar o ambiente festivo que se viveu no campo da Grixa, con dúas moi boas afecións que estiveron animando ós seus durante todo o encontro coa cordialidade que se ten que ter entre equipos veciños.Felicitar, tamén, ó Independiente de Carballo, que nesta xornada acadou o ascenso directo a Liga da Costa, onde esperamos velos o ano que ven.

Por último lembrar que comeza a Cpa da Costa para o Camelle, que xogará en Laxe o mercores 1 de Maio as 17:00 horas.

viernes, 26 de abril de 2013

12-13. 32ª xornada. Previa

Este domingo xogase no campo da Grixa o partido da xornada na Costa. Dous equipos veciños que están a facer unha tempada inmellorable e que se van a xogar unha praza de ascenso a Liga da Costa. Porteño segundo e Camelle terceiro a un só punto e a falta de tres xornadas para que remate a liga apurarán as súas opcións neste partido. Un partido bonito e intenso e no que debe reinar a rivalidade pero tamén a deportividade e a tranquilidade. Que cada un acuda polos seus e que cando remate o partido todo o mundo se sinta orgulloso dos equipos e das súas actitudes.

 Esta é a xeira de resultados dos partidos do PorteñoNa primeira volta o resultado foi de empate a ceros



  • XORNADA: 32ª_ CF PORTEÑO - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 28 de Abril 2013 ás 17:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos anubrados con posibilidade de chuvias, vento do nordés, temperatura en torno ós 14ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Mundín Mendizabal, Ion Ánder (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal da Grixa, en Ponte do Porto, de herba natural e de 95x50m, as cores oficiais do Porteño son pantalón azul e camisola vermella.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas do venres no facebook Camelle
  • miércoles, 24 de abril de 2013

    Último esforzo

    Quedan só tres partidos para acabar a liga e hai que facer un último esforzo por conseguir tres victorias que nos colocarían en segunda autonómica, na Liga da Costa. Esto é así. Hai que apretar os dentes e intentalo con todas as forzas posibles. Esto vale para todos, para os xogadores e para os afecionados que ata o de agora nos apoiaron.

    Pulsar sobre ela para ver en grande
    E para que non decai o ánimo vamos a facer un pouco de memoria: 
    Aquí tedes a clasificación do ano pasado.    >>>>>>>>>>>>>    >>>>>>>>>>>

    Como podedes ver o Camelle foi o terceiro peor equipo da competición, o terceiro pola cola.

    E aquí a primeira foto do ano pasado (o primeiro ano de este equipo, non o olvidemos).


    Nesa foto faltan:
    Buri, Mario, Tedín e Carlos de Dido.








    Deste equipo marcharon catro xogadores e viñeron catro novos: Matías, Javi Rañal, Miguel Riveiro e Adrián de Barca. A base do equipo, dezaoito de vintedous xogadores, é a mesma. Os que viñeron són moi bos e aumentaron o nivel do equipo pero, repito, de vintedous xogadores que ten o plantel, dezaoito xa estaban o ano pasado.

    Ese mesmo equipo, este ano, está terceiro (ese posto xa hai tres xornadas que o ten asegurado). O mellor posto na clasificación que o Camelle fixo nunca nas súas participacións en competición federada. Está a pelexar por ascender, e, co apoio de todos, ten posibilidades matemáticas de facelo. Por eso, dende aquí, se pide un último esforzo.

    Ós xogadores. Para que o deixen todo no campo e dean o mellor deles mesmos, como levan facendo todo o ano.

    A afeción. Para que apoie incondicionalmente ó equipo e ós xogadores que estean no campo, e que se den conta de dónde vimos e onde estamos..., como levan facendo todo o ano.

    Para mín, a temporada 2012-2013 xa foi un éxito, acabe como acabe, tanto se o equipo ascende directamente como se queda fora na primeira eliminatoria do play-off. Eu estou orgulloso do equipo. Como dí o eslogan da bufanda: seda da boa


    martes, 23 de abril de 2013

    Noticias da prensa "seria"

    Poñemos aquí unha noticia da semana pasada do deporsport na que se fan eco da iniciativa deste blog da sección "Bufanderos viajeros". O único pero sería que, a lo menos, puxeran o nome do blog, pero que se lle vai a facer...


    Bufanderos en Lobios

    Os nosos amigos Raúl e Pilar envíanos unha foto dende Lobios, Ourense.



    lunes, 22 de abril de 2013

    Crónica 31ª xornada

    Inesperada derrota na casa do Camelle nun partido que debeu rematar en empate.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido (Coruña, min.79), Manuel (René, min. 74),  Valiña, Matías, Varu, Mario, Javi, Miguel (Tedín, min. 70), Iván (Jose, min.59) e Barreiro.
    • NANTÓN: Bonano, David Lareo, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Victor Amado, Fabio, Luis, Martín, Iván (Cachirulo, min. 60)
    • GOLES: 0-1, min. 5 - Félix 1-1, min 7 - Miguel. 1-2, min 68 - Luis
    • EXPULSIÓNS: Coruña, min. 85
    Pouco que contar dun partido no que non se xogou a nada por ningún dos dous bandos, no que apenas houbo ocasións e no que as interrupción no xogo foron constantes.

    A primeira metade durou sete minutos, que foi o tempo que tardaron os dous equipos en marcar un gol en cada portería, e coa axuda de ambos porteiros, que poideron facer algo mais para impedilo. Despois de eso case nada mais, unha falta lanzada por Miguel que o porteiro atallou ben os vintecinco minutos e moita loita, con demasiadas protestas e interrupcións para que se vise algo de futbol.

    A segunda metade foi polo mesmo camiño, só que o Nantón tivo unha ocasión que foi quen de convertir en gol e o Camelle non, tivoa Matías cando xa remataba o partido e o equipo xa tocara a corneta para ir todos adiante a polo empate, pero o porteiro visitante, e cun pouco de fortuna, desviou o lanzamento denda a frontal a saque de esquina.

    O mellor da tarde foi a pulpada coa que o clube quiso agasallar a todos os incondicionais do equipo polo seu apoio. Mañan habrá outra entrada no blog para expresar unha opinón personal sobre a tempada.

    viernes, 19 de abril de 2013

    12-13. 31ª xornada. Previa

    Con catro xornadas de liga por desputarse, volve o Camelle ó campo do Rodeiro. E contra un rival moi perigoso como é o Nantón, equipo que descendeu o ano pasado da liga da Costa e cunha experiencia notable en competición. Chega, ademais, cunha incrible racha de nove partidos consecutivos sen perder (ver resultados do Nantón). O Nantón está noveno na táboa clasificatoria con trintaeoito puntos, pero con opcións de chegar a postos de promoción en función de como rematen a liga. Ademais xogan nun campo das mesmas características do Rodeiro, polo que o campo non será factor determinante no encontro.

    Na primeira volta o resultado foi de cero goles a dous favorable ó Camelle.


  • XORNADA: 31ª_ SD CAMELLE - CD NANTÓN
  • O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

     DATA E HORA: Sábado 20 de Abril 2013 ás 17:00h (fonte: SD Camelle)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos sen nubes, vento forte do Nordés, temperatura en torno ós 16ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Vilariño Hidalgo, Alejandro (fonte: federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Nantón son pantalón negro e camisola blanca.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .


  • Informan dende a directiva do Camelle que, despois do partido, o clube invitará a pulpo a feira no mesmo campo de futbol como mostra de agradecemnto ó apoio que o equipo está a recibir polos seus afecionados.

    lunes, 15 de abril de 2013

    Crónica 30ª xornada


    Trouxo os tres puntos o Camelle de Cee nun partido marcado polo forte vento reinante no Sampaio de Refoxos.
    • AMEIXENDA: David, Álvaro, Alberto, Grille (Jorge, min.46), Bruno, Mateo, Manu (Demetrio, min. 46), Jesús, Rioliño, Javi (Rodrigo, min. 80), Ramiro.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Mario, Barreiro (Mauri, min. 90), Tedín (Varu, min. 58), Jose (René, min. 69), Javi Rañal (Coruña, min.81) e Miguel Riveiro.
    • GOLES: 0-1, min. 13 - Matías, 0-2, min. 36 - Barreiro, 0-3, min. 56 - Miguel R., 1-3, min. 59 - Mateo,  1-4, min. 90 - Barreiro, 2-4, min. 95 - Mateo.
    Gol de Matías dende mais de 90 metros
    O forte vento que sopraba o sábado en Cee condicionou o xogo dos equipos, que ademais do rival, tiñan que lidiar contra él, e tamén os poido axudar, como a Matías co gol dende mais distancia a balón parado que recordo.

    Un gol dende 90 metros de Matías (dende dentro da nosa própia área) antes do cuarto de hora de partido foi o que conseguiu que o Camelle se sacudise o mellor xogo local de comezo de partido, xa que o Ameixenda saiu moi motivado para intentar manter o posto de promoción de ascenso que tiña. Pero apartir de ahí o Camelle mostrou o equipo que é e puxo o balón no chan para facer o seu xogo e crear dudas nos locales cada vez que se achegaban a porta local. Mentres, o Ameixenda, non era capaz de tirar a porta con perigo, apesar de que chegaban con claridade ata tres cuartos de campo, pero ahí diluíanse e Purrúa non tivo que intervir en todo o primeiro tempo. Si chegaba con perigo o Camelle a base de triangulacións, e froito dunha delas chegaba o segundo, obra dun Barreiro que nas últimas xornadas está moi acertado cara o gol, prantandose só no centro do área e batendo o porteiro local por baixo.
    0-2 de Barreiro

    Falta do 0-3
    Non cambiuo moito o partido no segundo tempo, salvo por que o Ameixenda se facía mais profundo axudado polo vento, pero o Camelle seguía co xogo por baixo creando ocasións. Miguel Riveiro fixo o terceiro os dez deste segundo tempo de falta directa e recurtou o Amixenda cinco minutos despois cun balón colgado, no que a indecisión entreo porteiro e a defensa, facilito o remate do dianteiro ceense. Chegaron os cambios no Camelle e con eles o control definitivo do partido, xa que o Ameixenda só era capaz de achegarse con balóns colgados ou lanzamentos de falta, como unha que desviou Purrúa cos pés a corner. Barreiro facía o cuarto co tempo prácticamente cumprido e era cambiado para recibir os aplausos do numeroso público camellán que se desprazou a Cee. Maquillou o resultado o equipo local nun corner rematado no segundo pau e co que o árbitro puxo o punto final ó encontro.
    1-4 de Barreiro

    Quedan catro partidos para o final da tempada e o equipo está con serias opcións de ascenso, pero para conseguilo hai que pensar só no seguinte, no Nantón, e co apoio da magnífica afeción que nos sigue partido tras partido, dalo todo para, sexa cal sexa o resultado ó final, que todo o mundo se sinta orgulloso do traballo realizado.

    Tamén quero dende aquí agradecer e reconocer a Lidia a súa axuda para que este blog saia adiante, xa sexa coas magníficas fotos que saca cada fín de semana como cando recolle os datos que despois aparecen nas crónicas. Lidia, eskerrik asko.

    jueves, 11 de abril de 2013

    12-13. 30ª xornada. Previa



    Nova xornada de liga en sábado desta vez en Cee ante o Amixenda. O equipo ceense está completando unha mágnifica primeira tempada de existencia, xa que está a loitar pola promoción de ascenso a Liga da Costa. O partido complicarase polas dimensións do campo de Cee, as que os locales están moi afeitos. Esta é a xeira de resultados dos partidos do Ameixenda. Nestes intres colocado en posto de promoción de ascenso, sexto con corentaeun puntos, e terá moito que loitar por afianzar esa posición tan desputada.

    Na primeira volta o resultado foi de dous goles a un favorable o equipo camellán




  • XORNADA: 30ª_ SD AMEIXENDA - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Sábado 13 de Abril 2013 ás 17:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos de nubes e claros, vento moderado do sur, temperatura en torno ós 15ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO:  González Rey, Miguel Antonio (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal "Sampaio de Refoxos" de Cee, de herba artificial e de 105x65m, as cores oficiais do Ameixenda son pantalón negro e camisola amarela.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas do venres no facebook Camelle
  • martes, 9 de abril de 2013

    Bufanderos en Portugalete

    O noso amigo David de Tito envíanos unha foto dende Vizcaia onde sae coa ponte colgante de Portugalete, declarada no 2006 Patrimonio da Humanidade.


    Da wikipedia sacamos a seguinte información:

    El Puente VizcayaPuente de VizcayaPuente Colgante o Puente Palacio (Bizkaiko Zubia, en euskera) es un puente transbordador de peaje, concebido, diseñado y construido por la iniciativa privada entre 1887 y 1893, que une las dos márgenes de la ría del Nervión en Vizcaya (España), y fue inaugurado en 1893, siendo el primero de su tipología en el mundo.
    El puente recibe varios nombres. Su nombre oficial es "Puente de Vizcaya", aunque su denominación más popular y extendida sea la de "Puente Colgante" al que a veces se suelen añadir las extensiones "de Portugalete", "de Guecho" o incluso "de Bilbao". También suele recibir los nombres de "Puente de Portugalete", ya que ésta es una de las localidades que une, y "Puente Palacio", en honor de su arquitecto, Alberto de Palacio y Elissague.
    El puente enlaza la villa de Portugalete con el barrio de Las Arenas, que pertenece al municipio de Guecho, así como las dos márgenes de la ría de Bilbao. Su construcción se debió a la necesidad de unir los balnearios existentes en ambas márgenes de la ría, destinados a la burguesía industrial y a los turistas de finales del siglo XIX.

    lunes, 8 de abril de 2013

    Bufanderos en Finlandia

    Dende Finlandia o noso amigo Rafa envíanos a seguinte foto con este texto:



    Hola,


    Mándovos esta foto que me tomaron mentres pescaba nun lago conxelado de Finlandia. É algo mui típico por aquí. Fan un furado no xeo co taladro manual que vedes, tiran a liña e veña carpas p'arriba! Suelen ser pequenas, pero fritas tanche ben boas. Ademáis pican bastante rápido, co cal faise entretido, o que axuda a esquecerse algo do frío (sobre 0° nestes días a esa hora).



    Saúdos.


    Lembrade que estas fotos, e mais, serán tamén publicadas no facebook do Camelle

    Crónica 29ª xornada


    Sufrida victoria do Camelle no Rodeiro que o mantén na loita do ascenso directo.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Mauri (Adrián Tajes, min. 65),  Valiña, Matías, Varu (Tedín, min. 60), Mario, Javi, Jose (Sergio, min. 55), Iván e Barreiro.
    • BAIÑAS: Simón, Samuel, Sergio, Sancho (Chambón, min. 75), Héctor (Yanki, min. 60), Iván, Cris, Styven, Nándo, Diego (Mario, min. 46), Adrián (Suso, min. 60)
    • GOLES: 0-1, min. 20 - Sergio. 1-1, min 35 - Carlos de Dido. 2-1, min 88 - Barreiro

    Custoulle moito ó Camelle dobregar a un Baiñas ben prantado no campo pero con pouca mordente arriba.

    O partido non tiña control por ningún dos dous equipos, ainda que eran os visitantes os que mellor se situaban no campo, pero sen chegabar con perigo as inmediacións de Purrúa salvo en xogadas a balón parado. E foi así como logrou adiantarse no marcador, case que no único balón que foi rematado entre os tres paus, nun saque de curruncho no que o rematador visitante se adiantaba a todos no primeiro pau. Reaccionou o Camelle e tivo tres ocasións claras nas que o porteiro visitante se luciu para sacarlle dous tiros a Jose e un coa cara a Barreiro cando xa se cantaba gol nas ateigadas gradas do Rodeiro. Pero tivo que ser o polifacetico Carlos de Dido o que co seu primeiro gol do ano nun preciso remate de testa que se colou por toda a escadra da portería vimiancesa acadara o empate que facía xustiza ás ocasións locales.


    Menos entretido foi o segundo tempo, onde as ganas de conseguir a victoria se transformaron en nervios que atenazaban o xogo do Camelle e ós corazóns dos afecionados. Moita loita e poucas ocasións e onde o Camelle fixo trocos ofensivos para apurar as opcións de victoria. O Baiñas reclamou penalti nunha xogada onde o árbitro sinalou fora da área unha man, claramente involuntaria, de Carlos de Dido que si foi dentro. Tivo que ser co partido practicamente rematado cando Barreiro conseguiría o gol da victoria nunha xogada clásica súa que xa ten patentada e na que se vai con velocidade da defensa e lla cruza por riba ó porteiro, destando a alegría da afeción local.


    Unha afeción que, de novo, estivo de escándalo animando ó equipo e que desfrutou da victoria cunha churrascada no propio campo coa que a directiva obsequiou a xogadores e socios para que siga a comunión entre ambos no treito final de campionato.

    jueves, 4 de abril de 2013

    Bufanderos no Bernabeu

    O noso amigo Adrián envíanos dúas fotos dende o Estadio Bernabeu. Como teño noticias de que mais amigos do Camelle se retrataron coa bufanda do noso equipo dende este mesmo sitio iranse engadindo nesta entrada según nos cheguen, ademais de incluílas na Facebbok do Camelle.

    12-13. 29ª xornada. Previa


    Nova xornada do Camelle no campo do Rodeiro. Desta vez diante dun dos novos da categoría como é o Baiñas que, apesar de non estar onde pretendían a comezos de campaña, están a facer unha boa tempada (ver resultados do Baiñas). O Baiñas está noveno na táboa clasificatoria con trintaecinco puntos, pero cun par de bos resultados pode colocarse en postos de promoción, que ten a só cinco puntos. Ademais virá cargado de confianza despois de eliminar a todo un segunda autonómica na rolda previa da Copa da Costa.

    Na primeira volta o resultado foi de un gol a tres favorable ó Camelle.



  • XORNADA: 29ª_ SD CAMELLE - CD BAIÑAS
  • O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

    DATA E HORA: Sábado 6 de Abril 2013 ás 17:00h (fonte: SD Camelle)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: intervalos de nubes e claros, vento frouxo variable, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Naya Fariña, Oscar (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Baiñas son pantalón negroo e camisola verde.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .
  • martes, 2 de abril de 2013

    Resultado da enquisa


    Xa está pechada a enquisa que realizmos para saber a vosa opinión sobre a conveniencia de, en caso de acadalo a fín de tempada, ascender á liga da costa ou manterse en terceira autonómica. Os resultados son os seguintes:

    Votos totales: 37
    Datos:
    Subir á Liga da Costa: 34 votos
    Quedar en 3ª autonómica: 3 votos

    Aquí queda reflexada a vosa opinión.