viernes, 31 de agosto de 2012

12-13 Primeira xornada. Previa


  • XORNADA: 1ª_ SD LAXE - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Sábado 1 de Setembro 2012 ás 17:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos despexados, vento moderado do Nordés,temperatura en torno ós 24ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: sen datos
  • O partido desputarase no campo municipal "Cabo da Area" de Laxe, de herba artificial, as cores oficiais do Laxe son pantalón e camisola brancos.

martes, 28 de agosto de 2012

Plantilla tempada 2012-2013

Antes de que comece a tempada esta fin de semana, vamos a facer unha relación de altas e baixas na plantilla do Camelle para o presente curso.

O groso do bloque será o da pasada campaña, confiando, básicamente, en xogadores de Camelle ou cunha relación directa co noso pobo. Con respecto a este bloque do ano pasado non renovaron para esta tempada os seguintes xogadores: Alberto, Martín, Juanjo (os tres sen equipo coñecido para este ano), Juan Rubén (rumorease que vai para o Soneira B) e Cristián (que segue entrenando co equipo gañandose un oco).

Polo lado das Altas temos: Matías (Baio), Adrián (Porteño) e Miguel (estaba sen equipo ainda que o ano pasado xogou unha parte da tempada no Cee). Tamén está previsto fichar a un porteiro, Juan (Soneira Juveniles) pero antes ten que obter a carta de liberdade do seu anterior equipo.

Con estes movementos creo que se mellora moito o plantel e vai ser moi complicado facerse un oco, non só no equipo titular, senón mesmo para entrar na convocatoria, pero a competencia sempre foi boa e fará que os que queiran xogar se poñan as pilas e dean o mellor de si mesmos, o que irá en beneficio do propio grupo.

Dende aquí só queda desexarlle sorte ó equipo, e os xogadores que teñan un bó ano, que non leven golpes e que non se manquen, que é o mais importante.

jueves, 9 de agosto de 2012

Nova tempada 2012-2013

Xa está aquí unha nova tempada do futbol da costa para o noso equipo. Un ano cargado de emocións e co aliciente para o noso equipo e a nosa afeción de volver a desputar os partidos como locais no noso campo de sempre, no Rodeiro. Un campo que se remozou para a desputa desta tempada  e no que os nosos tentarán facerse fortes para non deixar marchar ningún punto de Camelle.

O liga comezará para nós o 2 de setembro en Laxe, e faremos o debut "oficial" do Rodeiro contra o Alcaian. Podedes ver o calendario completo en www.futgal.es ou descargalo no seguinte enlace: http://www.futgal.es/descarga.php?id=FGF_09082012_111029.pdf&enlace=./uploadedFiles/pdfs/cal_007_001_0000306849.pdf

Este ano a nosa liga será de dezasete equipos (dous menos que o ano pasado) e con bastantes cambios. Non teremos desprazamentos longos cara o Sur (só o Lira queda maís abaixo de Cee) e haberá tres equipos novos (Ameixenda, Baiñas e Castrelos). Os favoritos para ascender este ano poderían ser o Nantón, o Baíñas, o Porteño, o Cerqueda ou o Coristanco e nós intentaremos darlle toda a guerra do mundo.

No que respeta ó noso equipo continúa básicamente o mesmo bloque con boas incorporacións, como a de Matías, pero coa mesmas ganas de pasa-lo ben e mais ganas ainda de facer un bó papel na competición, axudados pola magnífica afección que tanto nos acompañou a pasada campaña.