miércoles, 9 de octubre de 2013

lunes, 23 de septiembre de 2013

CRÓNICA 3º XORNADA - 2º AUTONÓMICA

Un encontro que crea afección o vivido no campo O Cairo entre o Come C.F. e o S.D Camelle

CAMELLE: Ángel Luis, Carlos de Dido, Valiña, Ivan, Matías, Mario, Miguel Riveiro, Varu ( min 45 Ángel Riveiro) , Javi, Adrián Tajes ( min 45 Sergio), Barreiro.

CORME: Javier, Adolfo, Alejandro (min 53 Diego), Jesús J, Daniel ( min 89 Manuel), Sergio, Juan, Adrián (min73 Antonio) , Alejo, Brais (min 35 Miguel), Lucas.

EXPULSIÓNS: Ángel Luis,  min 31.

Non saío o Camelle moi enchufado o campo de xogo, que se viu un pouco atrincherado polo Corme que chegaba unha e otra vez a porteria camellana, que fixeron que o noso porteiro realizase varias  parada de mérito ante os lanzamentos dos xogadores do Corme.
Comezou o Camelle a achegarse a porteria do Corme mediate Barreiro que despois dun bo pase de Adrián Tajes quedaba so ante o porteiro para facerlle unha bolea que este esquivou ca punta dos dedos.
Nunha das chegadas do equipo cormelan chegaría o primerio tanto, tras un erro da defensa quedaba so o dianterio do Corme para facer o 1-0.

Despois disto chegaría a xogada que desarbolaría o encontro, na que o colexiado (máis protagonista que os xogadores neste encontro) sinalaba un penalti, a meu ver, inexistente amosandolle a tarxeta vermella o porteiro camellan, tendo que ser sustitudo  por Carlos de Dido, xa con experiencia no cargo. Formouse unha pequena liorta no campo cas protestas dos xogadores camelláns e un balon que petou na cabeza do colexiado provocando que tomase a decisión de abandonar o terreo de xogo durante uns minutos para logo volver, chegando así o 2-0.

O Camelle non atopaba a maneria de poñerse no encontro, cando chegou así outra xogada, na que o colexiado pouco atinado asubiaba outro penalti chegando o descanso co 3-0 a favor dos locais.

Nada máis comezar a segunda parte o Corme volve a marcar por medio do seu goleador Alejo mediante una boa xogada dos locais.

Foi esto un punto e aparte no partido xa que o Camelle ca entrada de Angel Riveiro e Sergio comezou a chegar con mais perigo a portería comerlán. Nunha destas xogadas foi derribado Barreiro na aéra do Corme na que o árbitro volveu a asubiar outro penalti  que transformaría  Miguel.

O Camelle puxo o balón arriba e asoballou o equipo rival chegando así dous tantos mediante xogadas moi parecidas que transformaría un Barreiro que chegaba a todas. Xa case remataba o encontró canto un pase de Iván chegaba as botas de Sergio e este transformaría o 4-4.

Compre destacar a magnifica presencia da afección camellana que ateigaba as bancadas de O Cairo, entregada e sin parar de animar cos seus cánticos que leva o equipo en volandas vaia a onde vaia.




martes, 10 de septiembre de 2013

Crónica do partido da 1ª xornada da Liga da Costa 2013-14

Deixamosvos o enlace da crónica de David Castro ( http://davidcastro27.blogspot.com) sobre encontro ante o San Lorenzo onde se acadou un valioso empate de cara os obxectivos do Camelle. #sedadaboa
Animámosvos aos que teñades twitter a seguir ao Camelle através da sua conta @SDCamelle

http://davidcastro27.blogspot.com.es/2013/09/comeza-competicion-das-estrelas-na.html


jueves, 13 de junio de 2013

Noticias da prensa seria

Vamos a deixar aqui (e pa historia, jeje) todas as noticias que poida recolectar da prensa "seria" (non coma nós), se se me escapa algunha, mandádema para poñela aquí.(pinchar sobre as imaxes para velas en grande)

Empezamos coa Voz de Galicia:
  • Portada do Domingo 9 de Xuño (edición impresa).

  
  • páxina interior Domingo 9 de Xuño (edición impresa e dixital) .


DeporSport:
  • paxina interior Domingo 9 de Xuño (edición impresa).

  
  • paxina interior Mércores 12 de Xuño (edición impresa).


Programa NORDÉS DEPORTIVOS (con Xosé Luis Louzán) no Dial 92.2 de F.M.



lunes, 10 de junio de 2013

O Camelle novo equipo da Liga da Costa

Hoxe a crónica é diferente a como se preparou sempre neste blog, porque hoxe queda para outros (podedes vela na anterior entrada). Hoxe a crónica será dende un punto de vista personal, e dende o punto de vista dun xogador do Camelle, que é o que realmente son e non un xuntaletras de blogs, no que se fai o que se pode.

Cando nada mais levantarme me dixeron que Valiña (un salúdo campeón, recupérate pronto que este éxito tamén é teu como de todos os que, moito ou pouco, puxeron o seu gran de area) estaba ingresado e non podería xogar, souben que conseguiríamos o ascenso, e non porque Valiña sea moi malo, senon porque o Camelle crecese cando hai mais dificultades, cando o tivo todo de cara relaxouse e non foi ese equipo sólido que sorprendeu a todo o mundo nesta temporada, pero que cando tivo problemas, cando parecía que non podía ser (xogamos varios partidos con Carlos de Dido ou Matías de porteiros, eliminamos a un Laxe có que só perderamos nos cinco partidos anteriores) sacaba adiante o resultado.

Algo parecido pasou no partido, no que o Cerqueda vendeu moi cara a derrota, no que nos adiantamos e pensamos que estaba todo feito, pero que se viu que non era así e o Cerqueda empatou xustamente. E con ese gol do empate foi cando xa me tranquilicei totalmente, pois estaba completamente seguro de que íbamos a conseguilo, porque outra vez as cousas se poñían complicadas e é ahí cando a xente sacou o caracter e demostrou o porqué do ascenso. Xente como Miguel Riveiro, que colleu o equipo as espaldas e demostrou que, secadra, José Ramón (o irmán de Fran do Deportivo) estaba equivocado cando o sacou a él da titularidade do Arteixo para que xogara o seu amigo Nando (sí internacional con España, pero ¿e qué?). Ou como Mario, que se multiplicaba polo campo, xa fora para salvar un gol baixo os paus ou para provocar o penalti que nos dou a victoria. Un gol que marcou Matías, que deixou ó Baio (e os cartos que lle daban) para vir xogar o equipo do seu pobo e ser clave cos seus goles durante todo o ano. Ou Purrúa, que pese a non estar ó 100 por 100 salvo unha ocasión clarísima que sería a puntilla para nós e dou unha seguridade por arriba como non o fixo en todo o ano. E como eles todos os demais, os que xogaron, Carlos de Dido, Manuel e Iván detrás solventando con seguridade os intentos do Cerqueda, Varu movendo o equipo, Sergio como un puñal pola banda e abrindo o marcador, Barreiro sempre presente no ataque e imprimindo o caracter e a veteranía dun xogador de categoría e Javi Rañal que cumple sobrado onde o poñan e, ademais, co seu caracter, xa é un camellán mais. Jose e Tedín que entraron para controlar os últimos intentos visitantes. Tamén os que quedaron no banquillo, René, Coruña e Tonsón que estaban tan metidos no partido e no campo como os que xogaban; e os que non estaban convocados, pero cando tiveron que xogar aportaron todo o que tiñan para poder chegar ó partido de onte, Valiña, Diego, Buri, Adrián Tajes, Adrián Pasantes e Mauri. Non me vou a olvidar do entrenador que conseguíu o ascenso Púpus, nin da directiva e moita xente que aporta traballo, ganas e ilusión cada semana, e que teñen a cabeza visible no presidente e secretario, Tono e Antonio.

E cando acabou o partido só quedaba disfrutar, ver as caras da xente, a alegría que tiñan e saber que participastes na medida das túas posibilidades en todo esto, non ten precio. Facendo miña unha frase que me dixo ó día siguiente Luis de Ernesta dándose unha palmada no peito, xunto o corazón, -Esto lévoo aquí, pa siempre, pa cando vaia pa'lo p'arriba.

Xa para acabar, un vídeo xusto cando o árbitro pitou o final do partido  de como o vivimos os xogadores:


Play-off de ascenso. Volta da final

Co permiso do noso amigo (e camellán de adopción e colaborador de quepasanacosta) David Castro a crónica deste último partido está recollida do seu magnífico blog.

SD Camelle 3 – 1 UD Cerqueda

SD Camelle: Purrúa, Javi, Manuel, Miguel Riveiro, Carlos de Dido (Jati m.64), Varu (Tedín m.76), Mario, Matías, Sergio, Iván e Barreiro.
UD Cerqueda: Rubén, Bastón, Santi (Juanjo m.73), Javi, Pablo, Javi Pazos (Manu m.67), Atu, Dani, Dieguito, Dani Seaia e Lorenzo.
Lesión: O xogador do Cerqueda, Santi,  tivo que ser retirado cunha lesión de xeonllo.
Árbitro: O Sr. Espasandín Cores (A Coruña). Estivo ben, foi quen de controlar os nervios e a tensión que se viviu no Rodeiro.
Campo: O Rodeiro (Camelle). Cheo histórico o que se viviu no campo camellán, cun ambiente espectacular.
Incidencias: Gran detalle dos xogadores locais antes de comezar o partido, que portaron unha pancarta de ánimo ao seu veciño,Pepe da Chalana, que se atopa nunha situación delicada de saúde.

Goles: 1-0 m.10 Sergio, resolve unha melé na área do Cerqueda. 1-1 m.24 Boa xogada por banda de Dani Seaia e o centro deste é rematado a gol por Dieguito. 2-1 m.33 Espectacular falta lanzada por Miguel Riveiro, que pon o esférico donde dormen as arañas.3-1 m.82 Matías transforma o penalti cometido por Bastón sobre Mario.

Partido de moita tensión o que vivimos na tarde do sábado no campo do Rodeiro, que presentaba un espectacular ambiente cun cheo histórico nunca visto no terreo de xogo camellán. Foi un encontro con moito fútbol directo, sin un claro dominador e no que houbo constantes interrupcións.

Comezou mellor o Cerqueda, que tuvo en Dani Seaia un auténtico puñal na banda esquerda, creando perigo en cada balón que tocaba. Nos primeiros minutos, os cerquedáns contaron con dúas ocasións casi consecutivas, a primeira un centro chut do xogador de Seaia que pon en apretos a Purrúa e un tiro lonxano de Santi que se vai por riba do longueiro, nos minutos 3 e 4, respectivamente, pero serían os locais os que pegarían antes, cando transcorría o minuto 10 fórmase unha melé na área visitante que finalmente Sergio é quen de empurrar o esférico ao fondo da rede para poñer o 1-0 no marcador e empatar a eliminatoria. Nesta xogada os xogadores do Cerqueda reclamarían unha falta ao seu porteiro, Rubén. Tan só 8 minutos tardarían en dar a réplica os visitantes, recuperación en medio campo, o balón que lle cae a Dieguito, quen ve adiantado a Purrúa pero o seu lanzamento vaise a rentes do pau. O capitán do Cerqueda non tardaría en volver a poñer en apuros ao porteiro do Camelle, Dieguito colga unha falta dende o medio campo e Purrúa despexa a córner con dificultades. Tras estas dúas ocasións dos visitantes, chegaría a recompensa, gran xogada por banda de Dani Seaia, o mellor do Cerqueda na tarde de sábado, que pon un centro perfecto ao borde da área pequena que é rematado a gol por Dieguito. O empate, faría reaccionar ao adestrador local, Pupus, que intercambiaría a Iván e a Riveiro de posición, o que lle faría recuperar o dominio do partido, con Miguel Riveiro como director de orquesta. Pero sería un dominio que non se transformaría en ocasións. No minuto 33, chegaría o 2-1 que devolvería a esperanza do ascenso a bancada do Rodeiro, Riveiro lanza unha falta situada ao borde da área visitante e coloca o esférico donde dormen as arañas, un auténtico golazo. Antes do descanso, o Cerqueda tería a última da primeira metade, córner botado por Dani, que remata Javi ao longueiro e o rexeite do pau e sacado por Mario debaixo dos paus. Nesta xogada os visitantes reclamaríanlle ao árbitro asistente que o esférico traspasara a línea de gol.Co 2 a 1, sen un claro dominador, con moita tensión e un bonito ambiente nas bancadas, chegaríamos ao intermedio do partido.

Na segunda metade seguiría a tónica da mesma, moito fútbol directo e sen un claro dominador, pero cun Camelle arriesgando moito para buscar o gol que lle dera o ascenso.A primeira ocasión deste segundo tempo sería para o Cerqueda, no minuto 56, gran xogada individual de Dani Seaia pero o seu lanzamento é despexado a córner por Purrúa sen problemas. Responderían os locais a balón parado, na primeira unha falta en medio campo, botada por Riveiro termina no pau da portería visitante tras unha mala saída de Rubén, e, de novo, unha falta colgada polo propio Miguel Riveiro é cabeceada por Matías a rentes do pau.No minuto 82, chegaría a xogada determinante do partido e da eliminatoria, Mario cando se adentraba co esférico na área do Cerqueda é derrubado por Bastón, penalti claro, e o colexiado Espasandín Cores non o duda é asubía a pena máxima, que se encarga de transformar o especialista dos locais, Matías, facendo o 3 a 1 definitivo. Este gol levaría o delirio as bancadas do Rodeiro.A dous minutos de cumprirse o tempo reglamentario, Jati, logo dunha despexe da defesa local, plántase só ante a portería visitante, pero escacha o balón contra o corpo de Rubén.
Os visitantes terían a última opción de ascenso a balón parado no minuto 92. O córner botado por Dani é rematado polo central Javi ao pau.Chegado o minuto 97, o colexiado pitaría o final do encontro, o que significou a invasión de campo dos afeccionados locais e trouxo o delirio no Rodeiro, que se convertiu nunha auténtica festa para uns e un trago moi amargo para outros.

Tamén podedes ver crónicas do partido noutros enlaces (queda para a historia), como na páxina do noso amigo muxián Xose Búa de piratas de muxía e que tamén recollo aquí co seu permiso.
Ou en La Voz de Galicia do domingo.
(Só tendes que pinchar nos enlaces para ver cada un deles)

jueves, 6 de junio de 2013

Play-off de ascenso. Previa da volta da final.

Chega o último partido do ano e o mais importante ata o de agora, onde o Camelle pode acadar un histórico ascenso a Liga da Costa. Para facelo terá que superar o resultado adverso que trae de Cerqueda (1-0), un resultado que non é, nin moito menos, definitivo nin insalvable. E contará o Camelle co apoio da que esta tempada é a mellor de toda a Costa, nun campo do Rodeiro que presentará a mellor entrada (que xa é dicir sabendo como estivo o día do Porteño) do ano e, seguramente, de sempre.
Unha final na que o Camelle ten que xogar coa tranquilidade de que pase o que pase xa fixo a mellor temporada de sempre, pero coa mesma tranquilidade ten que ir a polo partido e o ascenso, porque a xente está ilusionada co equipo e quere o ascensoasi que hai que sair a por todas e entre todos:
¡¡¡VAMOS A CONSEGUIR O ASCENSO!!!!

  • XORNADA: Volta eliminatoria final polo ascenso_ SD CAMELLE - UD CERQUEDA
  •  DATA E HORA: Sábado 8 de Xuño 2013 ás 18:00h (fonte: propia do clube)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos con alternancia de nubes e claros con probabilidades de precipitacións, vento frouxo e variable, temperatura en torno ós 14ºC (fonte: meteogalicia)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .
  • martes, 4 de junio de 2013

    Bufanderos no Vaticano

    E como dín que o novo Papa é futbolero os nosos amigos, Tania, Diego, Rosi e Damián non quixeron deixar pasar a oportunidade de sacar unha fotiño na plaza de San Pedro do Vaticano, en Roma coa bufanda dun equipo celestial, o Camelle.


    Da wikipedia sacamos a seguinte información:

    La Plaza de San Pedro (Piazza San Pietro, en italiano), se encuentra situada en la Ciudad del Vaticano, dentro de la ciudad y capital italiana de Roma y precede, a modo de gran sala períptera, a la Basílica de San Pedro, el magno templo de la cristiandad. Fue enteramente proyectada por Gian Lorenzo Bernini entre 1656 y 1667.
    A la plaza se accede desde la Via della Conciliazione y muestra, al fondo, la magnífica fachada de la Basílica de San Pedro; esta vía comienza en el largo Giovanni XXIII, muy cerca del castillo de Sant'Angelo, junto al río Tíber, pasando al final por la plaza Pío XII.
    La plaza es una gran explanada trapezoidal que se ensancha lateralmente mediante dos pasajes, con forma elíptica, de columnatas rematadas en una balaustrada sobre la que se asientan las figuras de ciento cuarenta santos de diversas épocas y lugares; en su interior se encuentran dos fuentes, una en cada foco de la elipse,y en medio de la plaza se erigió un monumental obelisco (de 25 metros de alto y 327 toneladas), un bloque pétreo sin inscripciones traído desde Egipto que estaba en el centro de un circo romano. En 1586 el Papa Sixto V decidió colocarlo frente a la Basílica de San Pedro en memoria del martirio de San Pedro en el Circo de Nerón. Se le conoce como el “testigo mudo”, pues junto a este se crucificó a Pedro. La esfera de bronce de la cúspide que, según la leyenda medieval, contenía los restos de Julio César, fue reemplazada por una reliquia de la cruz de Cristo. Los dos pasajes de columnas (284 de 16 metros cada una) se abren a cada lado simbolizando el abrazo de acogida de la Iglesia al visitante que parece invitan a entrar.
    En esta plaza, el Papa suele celebrar algunas liturgias solemnes (especialmente aquellas que reúnen a multitudes demasiado grandes como para que entren en la ya de por sí inmensa basílica) y otros encuentros, sobre todo audiencias públicas. La famosa Plaza de la Concordia en París es una copia de esta plaza ya que tanto el obelisco como las fuentes y su distribución son idénticas a las de San Pedro.

    Bufanderos en Fuerteventura

    A nosa amiga Adriana envíanos unha idílica instantánea dende Fuerteventura (illas afortunadas a xuzgar por un sol que aquí empezamos a vislumbrar...)

    lunes, 3 de junio de 2013

    Play-off de ascenso. Ida da final

    Todo pendente para o partido de volta a vindeira semana no Rodeiro, tras o resultado desta semana.


    • CERQUEDA: Rubén, Atu, Pablo, Javi, Javi Pazos, Dani, Lorenzo, Dieguito, Dani Seaia, Juanjo (Bastón, min. 58), Manu (Santi, min. 46)
    • CAMELLE: Matías, Carlos de Dido, Valiña, Iván, Javi Rañal, Mario, Varu, Jose (Tedín, min 70), Sergio (Vuri, min. 85), Miguel e Barreiro.
    • GOLES: 1-0, min. 67 -Javi 




    Xogou as súas bazas o Cerqueda para conseguir un resultado engañoso que deixa a eliminatoria en suspenso para a volta no Rodeiro.

    I é que o Cerqueda olvidouse completamente do balón, cedéndollo ó Camelle pero sen deixalo xogar a partir do medio campo. Moi cerrados atrás esperaban ó Camelle, para intentar coller unha contra ou esperando algunha xogada a balón parado, xogo no que se senten cómodos apoiados na súa fortaleza física. O Camelle tampouco tivo ideas, xa que apenas fixo algunha combinación de mérito de medio campo para adiante, e tentouno abusando bastante do xogo en largo. Apenas houbo ocasións no primeiro tempo, unha de Sergio que picou demasiado o balón ante a saida do porteiro e outra de Barreiro que pelexou un balón para roubalo dentro da área pequena pero que cruzou demasiado e saíu rozando o pau cando se chegaba ó descanso.

    Non variou o planteamento do encontro no segundo tempo, e o Cerqueda tivo a ocasión mais clara nada mais comezar este, nun saque de esquina que rematou só no segundo pau pero no que Matías fixo unha gran intervención. O Camelle rondaba un pouco mais as inmediacións da portería, pero sen perigo ningún. Mediado este segundo tempo chegou o gol do Cerqueda nun saque de falta lateral, que non foi rematado nin despexado por un montón de pernas e que si foi remachado no segundo pau. Tivo Sergio o empate nun gran balón de Javi, pero o porteiro local sacoulle o remate e posterior rexeite. E xa casi non houbo mais futbol, cun Cerqueda que non quería e un Camelle mais preocupado en protestar e entrar no xogo local que en facer o seu partido.

    Non é un mal resultado para a volta (ainda que un cero a cero sería mais xusto), engañoso para o Cerqueda que probablemente virá a cerrarse e intentar un gol nunha contra ou a balón parado para matar a eliminatoria, pero que pode espolear a un Camelle que estará arroupado pola mellor afeción da costa como demostrou este fin de semana en Buño.


    viernes, 31 de mayo de 2013

    Play-off de ascenso. Previa da ida da eliminatoria final

    Estamos xa ante a eliminatoria definitiva para acadar o ascenso a Liga da Costa, na final da promoción de ascenso. E desputarémola diante do Cerqueda (5º), un equipo que deixou na cuneta ó Soneira B e que tamén deixou atrás unha convulsa semana con renuncia e rectificación a desputar a eliminatoria de Copa da Costa..
    Un Cerqueda moi rocoso, cunha plantilla de xogadores con experiencia, con moito tempo xogando xuntos e, ademais, con experiencias previas en participacións en promocións de ascenso. Un Cerqueda ó que o Camelle superou na Liga en trece (13) puntos, pero que presenta uns números en canto a goles moi similares ós do noso equipo, marcou un gol mais (64 por 63 do Camelle), e recibiu un gol mais que o Camelle (33 por 32 do Camelle), e, ainda que o Camelle lle ganou os dous partidos que desputaron este ano, prevese un partido duro e moi igualado.
    • XORNADA: Ida eliminatoria final polo ascenso_ UD CERQUEDA - SD CAMELLE
    • DATA E HORA: Domingo 2 de Xuño 2013 ás 18:00h
    • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos despexados, vento forte do Nordeste, temperatura en torno ós 15ºC (fonte: meteogalicia)
    • ÁRBITRO: sen datos
    • O partido desputarase no campo municipal "Xaviña" de Buño, de herba artificial e de 97x59m, as cores oficiais do Cerqueda son pantalón e camisola brancos.

    lunes, 27 de mayo de 2013

    Play-off de ascenso. Volta da primeira eliminatoria

    Conseguíu o Camelle o pase a derradeira eliminatoria da promoción de ascenso ante un Laxe que se foi desdibuxando e que pudo rematar cunha goleada de escándalo.

    • CAMELLE: Matías, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Javi Rañal, Mario (Tonsón, min. 75), Varu (René, min. 69), Jose (Vuri, min 71), Sergio (Tedín, min. 63), Miguel Riveiro e Barreiro.
    • LAXE:
    • GOLES: 1-0, min. 17 -  Sergio, 2-0, min. 50 - Varu, 3-0, min. 60 -  Miguel Riveiro, 4-0, min. 65 - Matías (penalti).
    • EXPULSADOS: foron expulsados catro xogadores do Laxe cando xa ían perdendo catro a cero
    A diferencia onte estivo na intensidade e nas porterías, xa que os fallos do porteiro laxense unidos a intensidade do Camelle foron unha combinación explosiva.

    I eso que non empezaban ben as cousas para os nosos cando, pouco antes de empezar, o noso porteiro titular tivo que marchar, e tendo Carlos de Dido (o noso porteiro "suplente") problemas cervicais que non lle impediron xogar pero sí poñerse baixo os paus. Responsabilidade que colleu Matías, que superou con nota o exame, dándo tranquilidade tanto ó equipo como a bancada e facendo intervencións de mérito. Nótabase o que se xogaban os equipos no ambiente, tomándose os primeiros minutos de tanteo, con escasas chegadas ben resoltas polos porteiros. Pero pasaba o cuarto de hora cando Sergio conseguía adiantar ó Camelle. Era Miguel o que sacaba unha falta dende tres cuartos de campo e ante a indecisión da defensa e porteiro do Laxe era Sergio o mais listo da clase para facer un gol que poñía en franquicia a eliminatoria para o Camelle. O Laxe tiña que marcar, alomenos, dous goles e estirouse, tendo algunha ocasión para marcar, pero unhas veces Matías e outras a falta de puntería dos seus xogadores fixeron que o primeira parte rematara a favor dos intereses do Camelle.

    Pero é que con ela rematou o partido e a eliminatoria, xa que ós vinte minutos da segunda parte o Camelle vencía por un claro catro a cero. Primeiro foi Varu, ós cinco minutos, cun lanzamento de falta escorado preto do corner o que sorprendeu ó porteiro por arriba, que fallou no intento de despexe e dez minutos despois Miguel Riveiro, dende o centro do campo, noutro lanzamento de falta que volveu a fallar estrepitosamente o porteiro laxense por alto, os que daban a tranquilidade, e, no minuto vinte Matías, completando o magnífico partido na portería cun gol dende os once metros (penalti que non foi, xa que a falta cometeuse fora do área) o que cerraba o marcador. Co carrusel de cambios chegaba, tamén, un carrusel de expulsións (ou autoexoulsións) de xogadores do Laxe, que vían con impotencia como o Camelle seguía facendo o seu partido e fallando varias oportunidades que poderían ter deixado un marcador de escándalo. O porteiro visitante resarciuse un pouco da súa nefasta tarde detendo o lanzamento doutra pena máxima que tirou Tonsón co tempo cumplido.

    Tamén hai que destacar a festa vivída na grada, onde os siareiros camelláns desfrutaron da victoria do noso equipo, animando constantemente e levando en volandas ós xogadores, pero na que había multitude de seguidores do Laxe e moitos afecionados de outros equipos da contorna que non se quixeron perder o partido. Agora queda o mais dificil, superar a última eliminatoria ante un equipo moi rocoso, moi traballado, que se coñecen de xogar xuntos moitos anos e que xa ten experiencia e eliminatorias de play-off de anos anteriores como é o Cerqueda.

    Tamén enviarlle dende aquí e de parte de toda a familia do Camelle un abrazo e moita forza ó tesorero do clube, Pepe do Chalana, que está a pasar un trance moi complicado do que estamos seguros que salirá adiante. ¡Ánimo Pepe!


    viernes, 24 de mayo de 2013

    Play-off de ascenso. Previa da volta da primeira eliminatoria


    Toca xogar este domingo no Rodeiro o partido de volta da 1ª eliminatoria do play-off de ascenso. E faino o Camelle cun gran resultado colleitado a semana pasada en Laxe (3-3), que lle permite afrontar o partido cun ha certa marxe de manobra, xa que ganando, ou empatando a menos de tres goles, permitelle acadar a clasificación para a eliminatoria final. Pero tamén é un resultado enganoso, xa que ó Laxe válelle con ganar pola mínima para apearnos da competición, polo que dende aquí voltamos a pedir que todos e cada un de nós, no noso papel, fagamos un penúltimo esforzo, xa sexa no campo xogando, ou na grada animando.
    ¡¡¡¡Entre todos podémos conseguilo!!!!


  • XORNADA: Volta 1ª eliminatoria polo ascenso_ SD CAMELLE - SD LAXE
  •  DATA E HORA: Domingo 26 de Maio 2013 ás 18:00h (fonte: propia do clube)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos con nubes e claros, vento frouxo do norte, temperatura en torno ós 15ºC (fonte: meteogalicia)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .
  • martes, 21 de mayo de 2013

    Estatísticas dos xogadores


    Poñemos desta volta as estadísticas mais completas que se poidan facer de todos os xogadores do Camelle durante a temporada regular. Esta é a terceira entrega das estatísticas. Podedes ver as anteriores táboas premendo aquí (2ª) e aquí (1ª)

    fonte: propia do blog contrastando as crónicas

    NOTA: Para ver a maior tamaño pulsar sobre a imaxe.

    lunes, 20 de mayo de 2013

    Play-off de ascenso. Ida da primeira eliminatoria


    Gran resultado do Camelle en Laxe que terá que corroborar no partido de volta a vindeira semana no Rodeiro.
    • LAXE: Illote, Someira, Pailos, Jacinto, Saleta, Borja, Mandi (López, min. 60), Porteiro (Felipe, min 46), Carrabete, Samuel, Zurich (Gora, min. 30)
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Javi Rañal, Mario, Varu (Tonsón, min. 80), Iván, Sergio (Tedín, min. 64), Adrián Tajes (Jose, min 50) e Barreiro.
    • GOLES: 0-1, min. 20 -  Barreiro, 1-1, min. 35 - Samuel, 1-2, min. 39 -  Varu, 2-2, min. 49 - Carrabete, 2-3, min. 80 -  Manuel, 3-3, min. 90 - Felipe.
    • EXPULSADOS: min. 91 o xogador local Felipe
    golazo de Varu de falta directa
    Bonito e intenso partido o vivído onte en Laxe onde o Camelle mereceu, se cabe, traer un mellor resultado, pero no que o Laxe consegiu empatar no último suspiro.

    Era a hora da verdade para o Camelle e notouse na actitude dos xogadores, que foron a polo encontro dende o pitido inicial, olvidándose das baixas e da festa que desfrutaron nesta fín de semana do Santo. E foi o Camelle quen golpeou primeiro, cando nunha preciosa xogada, Varu deixalla de cara a Mario, que poñe un balón franco a Barreiro que define de maneira espectacular por riba do porteiro local. Sen embargo consegiu empatar o Laxe pouco despois dende os once metros cun penalti que Purrúa estivo a piques de parar. Non desanimou este gol ós camelláns, que só catro minutos despois se volvían a poñer por diante cun lanzamento maxistral de falta de directa dun Varu que onte estivo en plan estelar. Chegábase ó descanso coa sensación de que o resultado era xusto e que si o Laxe se mantiña no partido era mais por a labor sorda dun pésimo árbitro (que sempre pitou a favor do Laxe) que polo xogo que estaban a realizar.
    3º gol do Camelle

    O comezo do segundo tempo foi nefasto, xa que o Camelle seguía ó seu, a ir a polo partido e tivo o un a tres nada mais comezar, pero fallou Barreiro no man a man co porteiro e na contra posterior empataba o Laxe na única xogada clara que tivo en todo o partido. Pero seguía o Camelle con mais sensación de control, sobre todo no medio do campo, ónde Varu e Iván movían ben o balón, pero era Mario o que estaba en todos lados cortando e dominando. Chegou a dez para o final o terceiro do Camelle cando nun corner sacado por Varu moi pechado, era peinado cara o segundo pau onde Barreiro remataba de cabeza, o balón petaba nas costas de Manuel i entraba mansamente na porta local. Aguantou ben as embestidas finais do Laxe o Camelle, pero nunha xogada de fortuna, o balón era rematado no segundo pau por un atacante local, rexeitabao Purrúa pero o balón petaba no poste e volvía a petar no lombo do porteiro para rematar no fondo da portería e rematando o partido co empate a tres definitivo.
    Onte tanto equipo como afeción estiveron de dez, para a semana mais e esperemos que mellor...

    viernes, 17 de mayo de 2013

    Play-off de ascenso. Previa da ida da primeira eliminatoria

    Chegan os partidos mais importantes do ano para o Camelle, onde se xoga a cara ou cruz o traballo de toda unha tempada. I é que empeza a promoción de ascenso á Liga da Costa. Consta de dúas eliminatorias a dobre partido, como se dun sistema de Copa se tratase (con prórroga, valor dobre dos goles fora da casa e penaltis se foran necesarios), onde o equipo que mellor clasificación conseguira durante a Liga será o que despute o partido de volta na casa.
    Nesta primeira eliminatoria o Camelle (3º) xoga diante do Laxe (6º), mentres que a outra eliminatoria despútanna o Soneira B (4º) contra o Cerqueda (5º).
    Un Laxe que lle ten tomada a medida ó Camelle, xa que dende a refundación do noso equipo só coñece a victoria contra nós, pero que se atendemos ós números é un equipo accesible. Un Laxe ó que o Camelle superou na Liga en dezaseis (16) puntos, que marcou dez goles mais (73 por 63 do Camelle), pero que ten unha defensa mais frouxa, xa que recibiu vinteun goles mais que o Camelle (53 por 32 do Camelle), polo que o Camelle debe aprobeitar esa debilidade defensiva do equipo laxense para pasar a final destes play-offs de ascenso.
    • XORNADA: Ida 1ª eliminatoria polo ascenso_ SD LAXE - SD CAMELLE
    • DATA E HORA: Domingo 19 de Maio 2013 ás 18:00h (fonte: siguetuliga)
    • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos con nubes e claros e choivas ocasionais, vento moderado do Sudoeste,temperatura en torno ós 13ºC (fonte: meteogalicia)
    • ÁRBITRO: sen datos
    • O partido desputarase no campo municipal "Cabo da Area" de Laxe, de herba artificial, as cores oficiais do Laxe son pantalón e camisola brancos.
    Se nalgún momento o equipo necesitou do apoio da afeción, ese momento é agora, polo que se espera que apoiedes de maneira incondicional a un equipo que fixo a mellor tempada da súa historia, co voso apoio acadaremos o ascenso.

    martes, 14 de mayo de 2013

    Crónica 34ª xornada (e última)

    Por motivos laborais non teño tempo para elaborar a crónica polo que copio a de www.quepasanacosta.com


    Camelle – Coristanco (1-0)

    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña (Vuri, min.51), Coruña, Javi Rañal, René, Varu, Tonsón, Tedín, Sergio, Mario.
    • CORISTANCO: Brais, Jonathan, Iván, Marcos, Rubén, Torreira, Cancela, Magovi, Adrián, Navarro, Gonzalo (García, min.55).
    • Gol: 1-0, min.77: Carlos de Dido de cabeza nun córner.
    Partido en clave de pachanga xogado no Rodeiro pois na ida cambiaran a orde polo mal estado do campo camellán. E foi un choque igualado cun Coristanco que prantou cara ao Camelle, xa pensando na promoción. Magovi un man a man ao comezo da segunda metade e Adrián contra o final,  tiveron a ocasión para igualar, mentres que o Camelle puido ampliar por medio de Tonsón, que mandou un balón ao pao.
    O Camelle recuperará efectivos para a fase de ascenso, pero contará coas baixas de Matías e Riveiro por sancións. Queren desfacerse da súa besta negra, un Laxe que lle leva 5 partidos gañados nos últimos anos.



    viernes, 10 de mayo de 2013

    Bufanderos en Lucerna

    A nosa amiga Macarena envíanos unhas instantáneas dende Lucerna, Suiza.


    Mais información sobre Lucerna en Lucerna

    jueves, 9 de mayo de 2013

    12-13. 34ª xornada. Previa



    Última xornada de liga regular para o Camelle que quererá despedir unha magnífica temporada dandolle unha alegría a afeción e, de paso, collendo moral para afrontar a promoción de ascenso. Un partido no que non hai nada en xogo para ningún dos dous equipos. Enfrontarase a un Coristanco que tivo unha tempada moi complicada por problemas internos pero que solventou a papeleta dándolle a oportunidade de xogar ós xuveniles que o fixeron bastante ben (ver resultados do Coristanco). O Coristanco está decimoquinto na táboa clasificatoria con trinnta e un puntos.

    Na primeira volta o resultado foi de un gol a tres favorable ó Camelle.


  • XORNADA: 34ª_ SD CAMELLE - SD CORISTANCO
  • O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

    DATA E HORA: Sábado 11 de Maio 2013 ás 17:00h (fonte: federación galega de futbol)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos con nubes e claros, vento moderado do norte, temperatura en torno ós 15ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO:  (fonte: federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Coristanco son pantalón blanco e camisola verde.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .


  • martes, 7 de mayo de 2013

    Crónica 33ª xornada


    A crónica desta semana é tomada de www.quepasanacosta.com
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Manuel (Jose, min. 46 (Sergio, min.75)),  Valiña, Matías, Varu (René, min. 65), Mario, Javi (Adrián Tajes, min. 55), Miguel, Iván (Álvaro Pantera, min.70) e Barreiro.
    • SONEIRA B: Martín, Curra, Chans, Roi, Jemisa, Alberto, Canosa, Figueroa, Fernando (Pichón, min.46), Wii, Felix (Espi, min.75)
    • GOLES: 1-0, min. 2 - Matías (penalti) 1-1, min 12 - Wii (penalti) 2-1, min 47 - Matías (penalti), 2-2, min 91 - Espi
    • EXPULSIÓNS: Miguel Riveiro, min. 27

    Partido estrano en Camelle que rematou en táboas. Xa comezaba con dous penaltis por sendas mans que podían evitarse. O Camelle meteuse por diante e Matías, o protaonista da tarde, tivo unha chilena preciosa que saiu fóra e un tiro ao pao ademais dos dous tantos de penalti. En fronte, o máis activo era Wii, xogador camellán que voltaba ao Rodeiro con moitas gañas. Foi el o que respondeu ao tanto incial de Matías tamén dende os 11 metros.
    Á media hora Miguel Riveiro autoexpulsouse e o Camelle quedaba con 10 cunha hora por diante. Pero así e todo na segunda algo mellor o Camelle, con ocasións para os dous equipos, e a pinta de que o partido podía quedar do lado dos locais sobre todo tralo gol á saída dos vestiarios, de novo de penalti. Barreiro e Varu avisaban e o Soneira tamén mandaba un balón ao pao efacía dano nos córner. Pero o empate non chegaría ata o último suspiro, cando o xuvenil de primeiro ano Espi marcaba tamén de saque de esquina.

    viernes, 3 de mayo de 2013

    12-13. 33ª xornada. Previa


    Penúltima xornada de liga regular para un Camelle que está a atravesar a peor xeira de resultados de toda a campaña, con dúas derrotas en liga e a eliminación, por tres goles a un, na Copa da Costa diante do Laxe. Un partido no que non hai prácticamente nada en xogo para o Camelle, pero que para o Soneira pode determinar a posición final de cara ó play-off. Un Soneira que fixo unha campaña excelente e foi sempre o primeiro equipo da liga que seguía ós tres primeiros (ver resultados do Soneira B). O Soneira B está cuarto na táboa clasificatoria con cincuenta e cinco puntos, clasificado para a fase de ascenso (e, na miña opinión, máximo favorito na mesma), quererá nesta xornada confirmar esta boa cuarta plaza.

    Na primeira volta o resultado foi de un gol a catro favorable ó Camelle.




  • XORNADA: 33ª_ SD CAMELLE - SONEIRA "B" SD
  • O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

      DATA E HORA: Sábado 4 de Maio 2013 ás 17:00h (fonte: federación galega de futbol)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos totalmente despexados, sen vento, temperatura en torno ós 19ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO:  (fonte: federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Soneira son pantalón e camisola blanca.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .


  • lunes, 29 de abril de 2013

    Crónica 32ª xornada

    Perdeu o seu partido o Camelle na Ponte e con él prácticamente todas as opcións de ascenso directo.

    • PORTEÑO: Pablo, Oscar, Iago (Asier, min. 80), Pejo, Maikol, Parga, Mario Toja, David Toja, Ismael, Iago e Cousillas.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Mauri (Varu, min.56), Matías, Mario, Barreiro,  Miguel Riveiro, Jose, Javi Rañal e Sergio (Tedín, min. 74).
    • GOLES: 1-0, min. 67 -  David Toja.
    I eso que o partido tiña mais pinta de empate, pero os locais conseguiron un gol mediado o segundo tempo que o Camelle non foi quén de levantar.

    Empezou o partido con moito respeto por ambas escadras e cun pouco de nerviosismo, ainda que foi o Porteño o que levou o peso do mesmo. Sen embargo, ese control era esteril, xa que apenas creou perigo, a excepción dunha xogada na que, pasada a media hora, enviou un balón ó longueiro de Purrúa nun lanzamento lonxano tras rexeite da defensa. Era o Camelle o que daba mais sensación de perigo nas súas chegadas, creando moita incertidume nos saques de banda que remataban sempre e cunha xogada moi rápids na que Sergio se adiantou ó porteiro local, pero o balón quedoulle un pouco atrás, dándolle tempo a Pablo a refacerse e sacar de maneira incrible un lanzamento que xa se cantaba como gol. Tamén poido adiantarse se o árbitro pitara unhas mans moi claras de Pejo dentro da área (e que él mesmo recoñeceu ós xogadores visitantes), pero o partido íriase ó descanso como comezou.

    A segunda parte comezou mal para o Camelle, cando tivo que facer un cambio, obrigado por lesión, nunha defensa que xa estaba moi mermada polas baixas, e trastocar o plantexamento inicial. Mais control do Porteño e menos chegadas a porta. Sen embargo, un balón cruzado e que non foi capaz de despexar ninguén, aproveitaríao David Toja para facer o un a cero tirándose a rás do chán e marcando no segundo pau. Estirouse o Camelle un pouco e o Porteño tentouno con contras, pero o marcador xa non se movería. Un lanzamento dende o medio do campo de Matías que pasou rozando o largueiro sería a ocasión mais clara dun Camelle ó que apenas lle queda mais opción que a de ir pensando na promoción para refrendar o feito ata o de agora.

    Destacar o ambiente festivo que se viveu no campo da Grixa, con dúas moi boas afecións que estiveron animando ós seus durante todo o encontro coa cordialidade que se ten que ter entre equipos veciños.Felicitar, tamén, ó Independiente de Carballo, que nesta xornada acadou o ascenso directo a Liga da Costa, onde esperamos velos o ano que ven.

    Por último lembrar que comeza a Cpa da Costa para o Camelle, que xogará en Laxe o mercores 1 de Maio as 17:00 horas.

    viernes, 26 de abril de 2013

    12-13. 32ª xornada. Previa

    Este domingo xogase no campo da Grixa o partido da xornada na Costa. Dous equipos veciños que están a facer unha tempada inmellorable e que se van a xogar unha praza de ascenso a Liga da Costa. Porteño segundo e Camelle terceiro a un só punto e a falta de tres xornadas para que remate a liga apurarán as súas opcións neste partido. Un partido bonito e intenso e no que debe reinar a rivalidade pero tamén a deportividade e a tranquilidade. Que cada un acuda polos seus e que cando remate o partido todo o mundo se sinta orgulloso dos equipos e das súas actitudes.

     Esta é a xeira de resultados dos partidos do PorteñoNa primeira volta o resultado foi de empate a ceros



  • XORNADA: 32ª_ CF PORTEÑO - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 28 de Abril 2013 ás 17:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos anubrados con posibilidade de chuvias, vento do nordés, temperatura en torno ós 14ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Mundín Mendizabal, Ion Ánder (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal da Grixa, en Ponte do Porto, de herba natural e de 95x50m, as cores oficiais do Porteño son pantalón azul e camisola vermella.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas do venres no facebook Camelle
  • miércoles, 24 de abril de 2013

    Último esforzo

    Quedan só tres partidos para acabar a liga e hai que facer un último esforzo por conseguir tres victorias que nos colocarían en segunda autonómica, na Liga da Costa. Esto é así. Hai que apretar os dentes e intentalo con todas as forzas posibles. Esto vale para todos, para os xogadores e para os afecionados que ata o de agora nos apoiaron.

    Pulsar sobre ela para ver en grande
    E para que non decai o ánimo vamos a facer un pouco de memoria: 
    Aquí tedes a clasificación do ano pasado.    >>>>>>>>>>>>>    >>>>>>>>>>>

    Como podedes ver o Camelle foi o terceiro peor equipo da competición, o terceiro pola cola.

    E aquí a primeira foto do ano pasado (o primeiro ano de este equipo, non o olvidemos).


    Nesa foto faltan:
    Buri, Mario, Tedín e Carlos de Dido.








    Deste equipo marcharon catro xogadores e viñeron catro novos: Matías, Javi Rañal, Miguel Riveiro e Adrián de Barca. A base do equipo, dezaoito de vintedous xogadores, é a mesma. Os que viñeron són moi bos e aumentaron o nivel do equipo pero, repito, de vintedous xogadores que ten o plantel, dezaoito xa estaban o ano pasado.

    Ese mesmo equipo, este ano, está terceiro (ese posto xa hai tres xornadas que o ten asegurado). O mellor posto na clasificación que o Camelle fixo nunca nas súas participacións en competición federada. Está a pelexar por ascender, e, co apoio de todos, ten posibilidades matemáticas de facelo. Por eso, dende aquí, se pide un último esforzo.

    Ós xogadores. Para que o deixen todo no campo e dean o mellor deles mesmos, como levan facendo todo o ano.

    A afeción. Para que apoie incondicionalmente ó equipo e ós xogadores que estean no campo, e que se den conta de dónde vimos e onde estamos..., como levan facendo todo o ano.

    Para mín, a temporada 2012-2013 xa foi un éxito, acabe como acabe, tanto se o equipo ascende directamente como se queda fora na primeira eliminatoria do play-off. Eu estou orgulloso do equipo. Como dí o eslogan da bufanda: seda da boa


    martes, 23 de abril de 2013

    Noticias da prensa "seria"

    Poñemos aquí unha noticia da semana pasada do deporsport na que se fan eco da iniciativa deste blog da sección "Bufanderos viajeros". O único pero sería que, a lo menos, puxeran o nome do blog, pero que se lle vai a facer...


    Bufanderos en Lobios

    Os nosos amigos Raúl e Pilar envíanos unha foto dende Lobios, Ourense.



    lunes, 22 de abril de 2013

    Crónica 31ª xornada

    Inesperada derrota na casa do Camelle nun partido que debeu rematar en empate.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido (Coruña, min.79), Manuel (René, min. 74),  Valiña, Matías, Varu, Mario, Javi, Miguel (Tedín, min. 70), Iván (Jose, min.59) e Barreiro.
    • NANTÓN: Bonano, David Lareo, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Victor Amado, Fabio, Luis, Martín, Iván (Cachirulo, min. 60)
    • GOLES: 0-1, min. 5 - Félix 1-1, min 7 - Miguel. 1-2, min 68 - Luis
    • EXPULSIÓNS: Coruña, min. 85
    Pouco que contar dun partido no que non se xogou a nada por ningún dos dous bandos, no que apenas houbo ocasións e no que as interrupción no xogo foron constantes.

    A primeira metade durou sete minutos, que foi o tempo que tardaron os dous equipos en marcar un gol en cada portería, e coa axuda de ambos porteiros, que poideron facer algo mais para impedilo. Despois de eso case nada mais, unha falta lanzada por Miguel que o porteiro atallou ben os vintecinco minutos e moita loita, con demasiadas protestas e interrupcións para que se vise algo de futbol.

    A segunda metade foi polo mesmo camiño, só que o Nantón tivo unha ocasión que foi quen de convertir en gol e o Camelle non, tivoa Matías cando xa remataba o partido e o equipo xa tocara a corneta para ir todos adiante a polo empate, pero o porteiro visitante, e cun pouco de fortuna, desviou o lanzamento denda a frontal a saque de esquina.

    O mellor da tarde foi a pulpada coa que o clube quiso agasallar a todos os incondicionais do equipo polo seu apoio. Mañan habrá outra entrada no blog para expresar unha opinón personal sobre a tempada.

    viernes, 19 de abril de 2013

    12-13. 31ª xornada. Previa

    Con catro xornadas de liga por desputarse, volve o Camelle ó campo do Rodeiro. E contra un rival moi perigoso como é o Nantón, equipo que descendeu o ano pasado da liga da Costa e cunha experiencia notable en competición. Chega, ademais, cunha incrible racha de nove partidos consecutivos sen perder (ver resultados do Nantón). O Nantón está noveno na táboa clasificatoria con trintaeoito puntos, pero con opcións de chegar a postos de promoción en función de como rematen a liga. Ademais xogan nun campo das mesmas características do Rodeiro, polo que o campo non será factor determinante no encontro.

    Na primeira volta o resultado foi de cero goles a dous favorable ó Camelle.


  • XORNADA: 31ª_ SD CAMELLE - CD NANTÓN
  • O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

     DATA E HORA: Sábado 20 de Abril 2013 ás 17:00h (fonte: SD Camelle)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos sen nubes, vento forte do Nordés, temperatura en torno ós 16ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Vilariño Hidalgo, Alejandro (fonte: federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Nantón son pantalón negro e camisola blanca.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .


  • Informan dende a directiva do Camelle que, despois do partido, o clube invitará a pulpo a feira no mesmo campo de futbol como mostra de agradecemnto ó apoio que o equipo está a recibir polos seus afecionados.

    lunes, 15 de abril de 2013

    Crónica 30ª xornada


    Trouxo os tres puntos o Camelle de Cee nun partido marcado polo forte vento reinante no Sampaio de Refoxos.
    • AMEIXENDA: David, Álvaro, Alberto, Grille (Jorge, min.46), Bruno, Mateo, Manu (Demetrio, min. 46), Jesús, Rioliño, Javi (Rodrigo, min. 80), Ramiro.
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Mario, Barreiro (Mauri, min. 90), Tedín (Varu, min. 58), Jose (René, min. 69), Javi Rañal (Coruña, min.81) e Miguel Riveiro.
    • GOLES: 0-1, min. 13 - Matías, 0-2, min. 36 - Barreiro, 0-3, min. 56 - Miguel R., 1-3, min. 59 - Mateo,  1-4, min. 90 - Barreiro, 2-4, min. 95 - Mateo.
    Gol de Matías dende mais de 90 metros
    O forte vento que sopraba o sábado en Cee condicionou o xogo dos equipos, que ademais do rival, tiñan que lidiar contra él, e tamén os poido axudar, como a Matías co gol dende mais distancia a balón parado que recordo.

    Un gol dende 90 metros de Matías (dende dentro da nosa própia área) antes do cuarto de hora de partido foi o que conseguiu que o Camelle se sacudise o mellor xogo local de comezo de partido, xa que o Ameixenda saiu moi motivado para intentar manter o posto de promoción de ascenso que tiña. Pero apartir de ahí o Camelle mostrou o equipo que é e puxo o balón no chan para facer o seu xogo e crear dudas nos locales cada vez que se achegaban a porta local. Mentres, o Ameixenda, non era capaz de tirar a porta con perigo, apesar de que chegaban con claridade ata tres cuartos de campo, pero ahí diluíanse e Purrúa non tivo que intervir en todo o primeiro tempo. Si chegaba con perigo o Camelle a base de triangulacións, e froito dunha delas chegaba o segundo, obra dun Barreiro que nas últimas xornadas está moi acertado cara o gol, prantandose só no centro do área e batendo o porteiro local por baixo.
    0-2 de Barreiro

    Falta do 0-3
    Non cambiuo moito o partido no segundo tempo, salvo por que o Ameixenda se facía mais profundo axudado polo vento, pero o Camelle seguía co xogo por baixo creando ocasións. Miguel Riveiro fixo o terceiro os dez deste segundo tempo de falta directa e recurtou o Amixenda cinco minutos despois cun balón colgado, no que a indecisión entreo porteiro e a defensa, facilito o remate do dianteiro ceense. Chegaron os cambios no Camelle e con eles o control definitivo do partido, xa que o Ameixenda só era capaz de achegarse con balóns colgados ou lanzamentos de falta, como unha que desviou Purrúa cos pés a corner. Barreiro facía o cuarto co tempo prácticamente cumprido e era cambiado para recibir os aplausos do numeroso público camellán que se desprazou a Cee. Maquillou o resultado o equipo local nun corner rematado no segundo pau e co que o árbitro puxo o punto final ó encontro.
    1-4 de Barreiro

    Quedan catro partidos para o final da tempada e o equipo está con serias opcións de ascenso, pero para conseguilo hai que pensar só no seguinte, no Nantón, e co apoio da magnífica afeción que nos sigue partido tras partido, dalo todo para, sexa cal sexa o resultado ó final, que todo o mundo se sinta orgulloso do traballo realizado.

    Tamén quero dende aquí agradecer e reconocer a Lidia a súa axuda para que este blog saia adiante, xa sexa coas magníficas fotos que saca cada fín de semana como cando recolle os datos que despois aparecen nas crónicas. Lidia, eskerrik asko.

    jueves, 11 de abril de 2013

    12-13. 30ª xornada. Previa



    Nova xornada de liga en sábado desta vez en Cee ante o Amixenda. O equipo ceense está completando unha mágnifica primeira tempada de existencia, xa que está a loitar pola promoción de ascenso a Liga da Costa. O partido complicarase polas dimensións do campo de Cee, as que os locales están moi afeitos. Esta é a xeira de resultados dos partidos do Ameixenda. Nestes intres colocado en posto de promoción de ascenso, sexto con corentaeun puntos, e terá moito que loitar por afianzar esa posición tan desputada.

    Na primeira volta o resultado foi de dous goles a un favorable o equipo camellán




  • XORNADA: 30ª_ SD AMEIXENDA - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Sábado 13 de Abril 2013 ás 17:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos de nubes e claros, vento moderado do sur, temperatura en torno ós 15ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO:  González Rey, Miguel Antonio (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal "Sampaio de Refoxos" de Cee, de herba artificial e de 105x65m, as cores oficiais do Ameixenda son pantalón negro e camisola amarela.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas do venres no facebook Camelle
  • martes, 9 de abril de 2013

    Bufanderos en Portugalete

    O noso amigo David de Tito envíanos unha foto dende Vizcaia onde sae coa ponte colgante de Portugalete, declarada no 2006 Patrimonio da Humanidade.


    Da wikipedia sacamos a seguinte información:

    El Puente VizcayaPuente de VizcayaPuente Colgante o Puente Palacio (Bizkaiko Zubia, en euskera) es un puente transbordador de peaje, concebido, diseñado y construido por la iniciativa privada entre 1887 y 1893, que une las dos márgenes de la ría del Nervión en Vizcaya (España), y fue inaugurado en 1893, siendo el primero de su tipología en el mundo.
    El puente recibe varios nombres. Su nombre oficial es "Puente de Vizcaya", aunque su denominación más popular y extendida sea la de "Puente Colgante" al que a veces se suelen añadir las extensiones "de Portugalete", "de Guecho" o incluso "de Bilbao". También suele recibir los nombres de "Puente de Portugalete", ya que ésta es una de las localidades que une, y "Puente Palacio", en honor de su arquitecto, Alberto de Palacio y Elissague.
    El puente enlaza la villa de Portugalete con el barrio de Las Arenas, que pertenece al municipio de Guecho, así como las dos márgenes de la ría de Bilbao. Su construcción se debió a la necesidad de unir los balnearios existentes en ambas márgenes de la ría, destinados a la burguesía industrial y a los turistas de finales del siglo XIX.

    lunes, 8 de abril de 2013

    Bufanderos en Finlandia

    Dende Finlandia o noso amigo Rafa envíanos a seguinte foto con este texto:



    Hola,


    Mándovos esta foto que me tomaron mentres pescaba nun lago conxelado de Finlandia. É algo mui típico por aquí. Fan un furado no xeo co taladro manual que vedes, tiran a liña e veña carpas p'arriba! Suelen ser pequenas, pero fritas tanche ben boas. Ademáis pican bastante rápido, co cal faise entretido, o que axuda a esquecerse algo do frío (sobre 0° nestes días a esa hora).



    Saúdos.


    Lembrade que estas fotos, e mais, serán tamén publicadas no facebook do Camelle