domingo, 9 de septiembre de 2012

Crónica 2ª xornada. (por Varu)

A crónica desta xornada por xentileza de Varu.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido (Coruña, min. 78), Manuel, Valiña, Matías, Iván, Varu (René, min. 77), Sergio (Adrián, min. 83), Jose (Tedín, min. 65), Mario (Buri, min. 84) e Barreiro.
  • ALCAIÁN: Martín, Jorge, Lino, Martínez, Pombo, David, Corral, Iván, Dani, Pichel e Daviciño.
  • GOLES: 1-0, min. 55 -Sergio, 2-0, min. 70 -Sergio.
Victoria clara do Camelle diante dun equipo bastante mermado polas baixas (acudiu con só once xogadores), que pudo ser cun marcador mais abultado , pero no que o Camelle pecou de falta de puntería.

Empezou o Camelle moi forte pero con moitas prisas por agradar a gran cantidade de siareiros que se deron cita na estrea do campo do Rodeiro. Nos primeiros minutos tivo o Camelle ata catro ocasións moi claras que non foron quen de resolver.O Alcaián apenas inquietou o marco defendido por Purrúa na primeira metade, na que se chegou co empate a cero ó descanso.

Empezou o segunda metade cunha boa ocasión para o Alcaián no lanzamento dunha falta na que o porteiro local fixo unha intervención de mérito. A partir de ahí, ocasions e mais ocasións para os xogadores do Camelle que as tiveron por mediación de Jose, de Barreiro, de Tedín, de Buri ou de Varu, pero nas que só Sergio foi capaz de marcar por partida doble.

Segundo o noso comentarista ocasional, o partido estivo controlado en todo momento por un equipo que nunca se descompuxo en pos da victoria, a pesar das presas por chegar ó área rival das que adoeceu o equipo.

No hay comentarios: