miércoles, 23 de noviembre de 2011

Crónica 15ª xornada

Non acadou un bo resultado o Camelle na súa visita ó campo de Lombáns.
  • CARNOTA: Peipo, Urko (Pumuki, min.44), Pedro, Manolo, David Brea, Borja Santos (Jacobo, min.75), Joselu (Tono Goyanes, min.40), Rodrigo (David Castreje, min.90),Tono da Caixa, Manuel Luís (Raúl, min.85) e Manoliño.
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Valiña, Buri, René, Alvaro Pantera, Alvaro, Mario, Jose e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.33: Manoliño, de penalti; 2-0, min.75: Pumuki; 3-0, min.79: Manoliño, de penalti; 4-0, min.85: Rodrigo.
Non mereceu traer un resultado tan abultado o Camelle de Carnota, e non porque non dispuxeran os carnotáns de ocasións, senon polo propio desarrollo do partido. Presentouse o Camelle con só once xogadores e co porteiro tocado (ainda que a postre sería o mais destacado) e contando coa volta de Jose do Gati despois da longa lesión que o tivo apartado dende o segundo partido de liga. Pero ainda así non se amedrentaron os xogadores de Camelle e tutearon durante prácticamente todo o partido a un dos “gallitos” da categoría.

Poucas ocasións houbo na primeira metade, nas que un balón ó pau foi o mais destacado dun Carnota que se adiantou no marcador pasada a media hora cun penalti inexistente por mans de René cando o balón lle dou claramente nas costas. Poucas mais ocasións tiveron ambos equipos durante esta primeira parte na que o Carnota dominou moito o centro do campo pero sen profundidade e, ademais, tivo que facer dous cambios. O Camelle apenas se acercou a portería local mais que en lanzamentos lonxanos.

Cambiou o decorado na segunda metade na que o Camelle foi durante gran parte da mesma o dominador do xogo, e cun Carnota mais directo que se encontrou co acerto da Carlos na nosa portería. Durante esa media hora na que lle aguantaron as forzas ós nosos, o árbitro (moi mal durante todo o partido) deixou de sinalarnos dous penaltis, un moi claro ó desviar coa man un xogador carnotán un lanzamento que ía dentro, e outro mais difícil de ver pero no que, nun saque de banda, un defensa agarrou e montou enriba de Jose. Nun mal despexe defensivo o balón quedou morto para que o Carnota conseguira o dous a cero e con él tamén morreu a esperanza dos nosos de acadar algo positivo, co que a falta de forzas, a mellor condición local (o Carnota fixo outros tres cambios na segunda parte) e a desilusión finiquitou o encontro. Ainda chegaría un terceiro gol de penalti (que foi moi claro pero no que o xogador do Carnota partira en fora de xogo) e un cuarto e defitivo case co pitido final, ademais da expulsión da Álvaro Pantera por dicirlle ó colexiado que non vía unha. Tamén hai que decir que co tres a cero o árbitro non pitou un clarísimo penalti de Cristian sobre o dianteiro Carnotán.
Os mais destacados do partido foron Carlos Purrúa, e a volta os terreos de xogo de Jose, que vai a aportar moito ó noso equipo.

Temos agora unha xornada de descanso para afrontar dous partidos en tres días e cerrar prácticamente a primeira volta. Esperemos que esta sirva para recuperar a algún xogador que nos está a facer moita falta, xa que ainda non sabemos o potencial que pode ter o noso equipo porque en toda a tempada ainda non tivo a todos os xogadores disponibles.




jueves, 17 de noviembre de 2011

Modificación da clasificación

Por mor dun recurso interposto polo Fisterra B contra o Muxía por alineación indebida, e gañado polos fisterráns, deuselle o partido por perdido ó Muxía por 0-3 (cando no campo ganara o Muxía), polo que se lle quitaron os tres puntos ós muxians para darllos os do fín do mundo.
Esto fai que o noso equipo adiante unha posición na clasificación quedando nestes intres en decimocuarto lugar.

Previa 15ª xornada

Decimoquinta xornada de liga na terceira da Costa e o Camelle ten un difícil desplazamento a Carnota. 

Comezou o Carnota de maneira un tanto irregular o campeonato, xa que estaba chamado a acadar o ascenso directo e o título de campeón despois de descender o ano pasado de segunda e ser o equipo con maior presuposto de toda a categoría. Sen embargo está en postos de promoción e moi cerca do líder e, seguramente acabará cumplindo coas expectativas, polo que o partido será moi complicado para o noso equipo, ainda que vai con toda a ilusión de poder lograr algo positivo de Carnota ou, polo menos, deixar unha boa imaxe e non traer na saca os catro goles que acostuma cando xoga fora.

"Lombáns" de Carnota
O partido desputarase no campo de “Lombáns” de Carnota (90x57m), de herba artificial. As cores oficiais do Carnota son camisola azul e blanca e pantalón azul.

15ª Xornada:
     - Fecha e hora: Domingo 20 de Novembro ás 16:15 horas
     - Campo: “Lombáns” de Carnota (sintético)
     - Previsión meteorolóxica: ceos con nubes e claros, vento frouxo do noroeste, tempertura sobre 14º.
     - Árbitro: Reborido Rodriguez, Rubén

lunes, 14 de noviembre de 2011

Crónica 14ª xornada

Segunda victoria consecutiva do Camelle na casa nun partido que debiu golear e rematou case que pedindo a hora.
  • CAMELLE: Carlos, Adrián, Coruña, Mauri, Buri, Iván, René, Sergio (Alberto, min.82), Mario, Varu e Barreiro.
  • LIRA: Miguel Anxo, Santi, Edu, Pelexo, Abel, Yerai (Ancho, min.55) Fernando, Suso, Patachín, Miche (Oscar, min.55), Gabri e Fran Petete.
  • Goles: 1-0, min.10: Barreiro, 2-0, min.55: Barreiro, 2-1, min. 70: Fran Petete.
Empezou moi ben o partido o Camelle, xogando o balón dende atrás e facendo un xogo bastante bó, con rápidas incursións polas bandas e con moita sensación de perigo no seu xogo. Froito deste bo xogo, chegou o primeiro gol do partido (claramente ilegal, xa que primeiro rematou coa man e segundo o balón non chegou a traspasala liña de gol) obra de Felipe, moi protestado polo Lira. Esta xogada fixo cambiar o partido, xa que o Lira empezou a presionar mais arriba e a controlar mais o mesmo, ainda que sen crear perigo, pero, pola contra, fixo que o Camelle se mostrara mais incisivo e perigoso, con internadas constantes as costas da defensa liracha, e onde poido sentenciar con múltiples ocasións de gol (pódense contar dúas ou tres ocasións claras de Mario, Varu e Barreiro cada un).

Non variou apenas o guión na segunda metade, só destacar a magnifica aportación de Sergio, que cada vez que collía a pelota xeneraba unha ocasión, mentres que René e Iván se facían donos do medio do campo. Nunha boa xogada do equipo Sergio dou un perfecto pase as costas da defensa que Barreiro converteu no segundo gol da súa conta. E poideron ser mais, pero continúa moi fallón o noso “killer” e non foi quen de aprobeitar outras dúas bastante claras. Non se rendeu un Lira moi combatibo e recurtou distancias nunha boa xogada por banda que o seu dianteiro rematou a pracer (na miña opinión en fora de xogo). Ainda tivo o Camelle mais ocasións, nas botas de Varu e cun tiro o longueiro de Sergio. Nos minutos finais apretou o Lira, que se vía cun solo gol de desventaxa, en pos do empate, pero non tivo claridade nos últimos metros.

De novo a  nosa afeción estivo moi ben, animando durante todo o encontro e volcándose cos nosos xogadores .

Os mais destacados do partido foron Sergio, René e Barreiro, tamén quero destacar os dous rapaces que xogaron nos laterais (Adrián e Buri) a pesar de non ser o seu posto e que o fixeron moi ben.

viernes, 11 de noviembre de 2011

Previa - 14ª xornada

Nova xornada de futbol na costa e novo partido do Camelle no Hermanas Patiño de Camariñas, esta vez diante do Lira.

Partido difícil para os dous equipos que están empatados a puntos na clasificación. I é que os dous equipos están levando unha traxectoria semellante no discurrir do campionato. Tampouco marcha ben o equipo liracho, que está a padecer dos mesmos males que o noso Camelle. O ano pasado ocuparon a décima posición na clasificación final do campeonato, polo que parece que teñen mais equipo do que están a demostrar.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Lira son camisola branquivermella e pantalón blanco.

Hermanas Patiño de Camariñas
14ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 12 de Novembro ás 19:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)
     - Previsión meteorolóxica: ceos anubrados con posibilidade de choivas ocasionais, vento forte do sureste, tempertura sobre os 15º.
     - Árbitro: Rey Fariña, Alfredo

martes, 8 de noviembre de 2011

Crónica 13ª xornada

Nova derrota do Camelle no municipal Cabo da Area de Laxe
  • LAXE: Illote, López, Ventura (Oscar, min.75), Antonio Castro, Jaja, Adán, Jacinto, Iván, Darío, Naya (Felipe, min.46) e Zurich (Gándara, min.86)
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Carlos (Buri, min.50), Adrián, René, Mario, Barreiro, Coruña (Alvaro Pantera, min.65), Valiña e Sergio (Varu, min.46).
  • Goles: 1-0, min.60: Darío; 2-0, min.70: Felipe; 3-0, min.80: Felipe: 4-0, min.86: Zurich.
Non sacou nada positivo o Camelle en Laxe onde sufrimos unha merecida derrota na segunda metade. Comezou ben plantado o equipo no primeiro tempo non concedendo ningunha ocasión clara ó Laxe ata case rematar este periodo, na que tivo unha moi clara pero o dianteiro só fronte a Carlos non foi quen de enviar o balón dentro da nosa porta. Antes tivo o Camelle as súas, en dous avances de Felipe que non tivo a sorte de cara, nunha porque golpeou mal o balón e outra que sacou a defensa debaixo dos paus cando o porteiro local xa estaba batido.

Pero chegou a segunda metade na que nada mais comezar lesionouse Carlos de Dido. Debido a que non tiñamos defensas no banquillo tivo que recompoñerse o equipo cun cambio de posicións dos xogadores do medio do campo, o que levou a que o Camelle se borrara prácticamente do partido ata case o final, dónde cando quixo reaccionar xa tiña apañado catro goles que son a condena que temos que sufrir cando xogamos fora de Camariñas.

Non hai que darlle mais voltas e xa toca pensar en recibir a semana que ven ó Lira, un equipo que está a padecer as mesmas dificultades que nós no que vai de tempada.
O mais destacado do encontro volveu a ser a nosa afeción, que aguantou estoicamente o chaparrón

jueves, 3 de noviembre de 2011

Sobre o noso blog

Aquí poño un enlace dunha das páxinas da Costa da Morte mais visitadas, quepasanacosta e que fala do blog do Camelle. http://www.quepasanacosta.com/?p=10541

Agradecervos tamén a todos os que entrades nesta páxina a vosa fidelidade, que fai que xa teñemos mais de duas mil visitas, con mais de trescentas semanais. Calqueira cousa que queirades comentar, calquer anuncio, calquer iniciativa para axudar ó Camelle, calquer suxerencia ou crítica a este blog podédela mandar a sdcamelle@gmail.com e aquí sairá publicada.

Gracias a todos e a seguir axudando e animando a S.D. Camelle

Previa - 13ª xornada

Cun calendario do que Madrid ou Barcelona se estarían queixando, afrontamos unha nova xornada de futbol na costa enfrontándonos desta vez ó Laxe. 

O equipo laxense empezou bastante mal a temporada, pero está levantando o voo e xa se atopa na metade da clasificación. O Camelle terá que intentar aproveitar as boas sensacións que deixou a victoria do martes e facerse forte en defensa para sacar proveito das ocasións que sempre crea. O ano pasado o Laxe quedou na duodécima posición.

O partido desputarase no campo municipal “Cabo da area” de Laxe, de herba artificial. As cores oficiais do Laxe son camisola e pantalón blancos.

13ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 5 de Novembro ás 16:00 horas
     - Campo: municipal “Cabo da area” de Laxe (sintético)
     - Previsión meteorolóxica: ceos anubrados con chuvascos, vento moderado do Norte, tempertura sobre 12º.
     - Árbitro: Gómez Senín, Jesus Miguel

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Crónica 12ª xornada

Segunda victoria do Camelle nun derbi moi loitado e con moi pouco futbol.
  • CAMELLE: Carlos, Coruña, Mauri, Carlos, Cristian, Valiña, Iván, Adrián (Buri, min.45), Barreiro, Mario, René.
  • XAVIÑA:Pablo, Sergio, Chapu, Caamaño, Jallejo, Búa, Juan Antonio, Ángel, Elvis, Frutos e Martín.
  • Goles: 1-0, min.90: Mario.
Victoria moi traballada nun partido moi loitado e moi malo por parte dos dous equipos. Empezou o partido sen un dominador claro pero cun xogo sen interrupcións e con algunha ocasión, unha moi clara de Barreiro que encarou o porteiro do filial do Camariñas e o seu tiro saiu a rentes do pau, e outra do Xaviña que enviou o balón ó longueiro cun tiro dende fora da área.  Tivo despois outra ocasión Felipe que tampouco foi capaz de enchufar e ahí rematou practicamente o futbol para converterse o partido nunha loita de balóns largos, choques, interrupcións e protestas que non beneficiaron o xogo de ningún dos dous equipos.

Apenas houbo ocasións na segunda metade salvo outra clara de Barreiro na que lle sobrou un recorte cando xa o tiña practicamente feito. O Xaviña só o intentou a base de balóns colgados en faltas laterais (que houbo infinidade) pero que o Camelle defendeu a perfección. E no último minuto e tamén nun centro lateral ó saque dunha falta, foi Mario o que acertou a rematar de cabeza ó fondo das mallas da portería visitante o gol que nos dá os tres puntos e un pouco de tranquilidade para afrontar os próximos encontros.

Estivo tamén moi reñido o duelo na grada do Hermanas Patiño, que rexistrou unha magnifica entrada e onde as dúas afecións se fixeron oir animando ós seus.

Non sabría se destacar a ninguén xa que foi un dos peores partidos do noso equipo, pero pola importancia do gol que nos fai sumar tres puntos e porque leva doce partidos loitando como un león, peleandose contra tódalas defensas rivais e con só unha tarxeta amarilla (ainda que pareza increible esto último), o mais destacado do partido foi Mario.

Crónica 11ª xornada

Partido gañado por un Cabana superior ó Camelle.
  • CABANA: Añón, José, David, Jacobo, Eloy García (Óscar, min.70), Eloy Pereira (Diego, min.55), Jandro, Adrián (Tebo, min.65), Josiño (Fernando, min.67) Fran Martuxa (Fran Fariña, min.70), Rubén Rama.
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Coruña (Alvaro Pantera, min.46), Adrián, Iván, Valiña, René, Sergio (Buri, min.70), Mario e Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.20: Rubén Rama; 2-0, min.25: Rubén Rama; 3-0, min.35: Josiño; 3-1, min.40: Iván; 4-1, min.55: Rubén Rama.
Nada que obxetar á victoria do Cabana en Neaño diante dun bó Camelle de medio campo para arriba pero que froxeou bastante en defensa. Cando os rapaces de Carlos e Tono se quixeron dar conta, xa ían perdendo por tres goles a cero, pero ainda así nunca lle perdeu a cara o Camelle ó partido, no que marcou Iván despois dun gran pase de René e no que dispuxo de ocasións para recurtar o marcador (Barreiro e Álvaro Pantera), se ben e certo que o Cabana reclamou un mais que posible penalty cara o final do partido e de que tamén dispuxo de ocasións a contra na segunda metade.
Os mais destacados do partido foron Valiña, René, Adrián e a magnifica afeción que nunca deixa só ó equipo e que se fai sentir alá dónde van.