viernes, 31 de mayo de 2013

Play-off de ascenso. Previa da ida da eliminatoria final

Estamos xa ante a eliminatoria definitiva para acadar o ascenso a Liga da Costa, na final da promoción de ascenso. E desputarémola diante do Cerqueda (5º), un equipo que deixou na cuneta ó Soneira B e que tamén deixou atrás unha convulsa semana con renuncia e rectificación a desputar a eliminatoria de Copa da Costa..
Un Cerqueda moi rocoso, cunha plantilla de xogadores con experiencia, con moito tempo xogando xuntos e, ademais, con experiencias previas en participacións en promocións de ascenso. Un Cerqueda ó que o Camelle superou na Liga en trece (13) puntos, pero que presenta uns números en canto a goles moi similares ós do noso equipo, marcou un gol mais (64 por 63 do Camelle), e recibiu un gol mais que o Camelle (33 por 32 do Camelle), e, ainda que o Camelle lle ganou os dous partidos que desputaron este ano, prevese un partido duro e moi igualado.
  • XORNADA: Ida eliminatoria final polo ascenso_ UD CERQUEDA - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 2 de Xuño 2013 ás 18:00h
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos despexados, vento forte do Nordeste, temperatura en torno ós 15ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: sen datos
  • O partido desputarase no campo municipal "Xaviña" de Buño, de herba artificial e de 97x59m, as cores oficiais do Cerqueda son pantalón e camisola brancos.

lunes, 27 de mayo de 2013

Play-off de ascenso. Volta da primeira eliminatoria

Conseguíu o Camelle o pase a derradeira eliminatoria da promoción de ascenso ante un Laxe que se foi desdibuxando e que pudo rematar cunha goleada de escándalo.

  • CAMELLE: Matías, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Javi Rañal, Mario (Tonsón, min. 75), Varu (René, min. 69), Jose (Vuri, min 71), Sergio (Tedín, min. 63), Miguel Riveiro e Barreiro.
  • LAXE:
  • GOLES: 1-0, min. 17 -  Sergio, 2-0, min. 50 - Varu, 3-0, min. 60 -  Miguel Riveiro, 4-0, min. 65 - Matías (penalti).
  • EXPULSADOS: foron expulsados catro xogadores do Laxe cando xa ían perdendo catro a cero
A diferencia onte estivo na intensidade e nas porterías, xa que os fallos do porteiro laxense unidos a intensidade do Camelle foron unha combinación explosiva.

I eso que non empezaban ben as cousas para os nosos cando, pouco antes de empezar, o noso porteiro titular tivo que marchar, e tendo Carlos de Dido (o noso porteiro "suplente") problemas cervicais que non lle impediron xogar pero sí poñerse baixo os paus. Responsabilidade que colleu Matías, que superou con nota o exame, dándo tranquilidade tanto ó equipo como a bancada e facendo intervencións de mérito. Nótabase o que se xogaban os equipos no ambiente, tomándose os primeiros minutos de tanteo, con escasas chegadas ben resoltas polos porteiros. Pero pasaba o cuarto de hora cando Sergio conseguía adiantar ó Camelle. Era Miguel o que sacaba unha falta dende tres cuartos de campo e ante a indecisión da defensa e porteiro do Laxe era Sergio o mais listo da clase para facer un gol que poñía en franquicia a eliminatoria para o Camelle. O Laxe tiña que marcar, alomenos, dous goles e estirouse, tendo algunha ocasión para marcar, pero unhas veces Matías e outras a falta de puntería dos seus xogadores fixeron que o primeira parte rematara a favor dos intereses do Camelle.

Pero é que con ela rematou o partido e a eliminatoria, xa que ós vinte minutos da segunda parte o Camelle vencía por un claro catro a cero. Primeiro foi Varu, ós cinco minutos, cun lanzamento de falta escorado preto do corner o que sorprendeu ó porteiro por arriba, que fallou no intento de despexe e dez minutos despois Miguel Riveiro, dende o centro do campo, noutro lanzamento de falta que volveu a fallar estrepitosamente o porteiro laxense por alto, os que daban a tranquilidade, e, no minuto vinte Matías, completando o magnífico partido na portería cun gol dende os once metros (penalti que non foi, xa que a falta cometeuse fora do área) o que cerraba o marcador. Co carrusel de cambios chegaba, tamén, un carrusel de expulsións (ou autoexoulsións) de xogadores do Laxe, que vían con impotencia como o Camelle seguía facendo o seu partido e fallando varias oportunidades que poderían ter deixado un marcador de escándalo. O porteiro visitante resarciuse un pouco da súa nefasta tarde detendo o lanzamento doutra pena máxima que tirou Tonsón co tempo cumplido.

Tamén hai que destacar a festa vivída na grada, onde os siareiros camelláns desfrutaron da victoria do noso equipo, animando constantemente e levando en volandas ós xogadores, pero na que había multitude de seguidores do Laxe e moitos afecionados de outros equipos da contorna que non se quixeron perder o partido. Agora queda o mais dificil, superar a última eliminatoria ante un equipo moi rocoso, moi traballado, que se coñecen de xogar xuntos moitos anos e que xa ten experiencia e eliminatorias de play-off de anos anteriores como é o Cerqueda.

Tamén enviarlle dende aquí e de parte de toda a familia do Camelle un abrazo e moita forza ó tesorero do clube, Pepe do Chalana, que está a pasar un trance moi complicado do que estamos seguros que salirá adiante. ¡Ánimo Pepe!


viernes, 24 de mayo de 2013

Play-off de ascenso. Previa da volta da primeira eliminatoria


Toca xogar este domingo no Rodeiro o partido de volta da 1ª eliminatoria do play-off de ascenso. E faino o Camelle cun gran resultado colleitado a semana pasada en Laxe (3-3), que lle permite afrontar o partido cun ha certa marxe de manobra, xa que ganando, ou empatando a menos de tres goles, permitelle acadar a clasificación para a eliminatoria final. Pero tamén é un resultado enganoso, xa que ó Laxe válelle con ganar pola mínima para apearnos da competición, polo que dende aquí voltamos a pedir que todos e cada un de nós, no noso papel, fagamos un penúltimo esforzo, xa sexa no campo xogando, ou na grada animando.
¡¡¡¡Entre todos podémos conseguilo!!!!


  • XORNADA: Volta 1ª eliminatoria polo ascenso_ SD CAMELLE - SD LAXE
  •  DATA E HORA: Domingo 26 de Maio 2013 ás 18:00h (fonte: propia do clube)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos con nubes e claros, vento frouxo do norte, temperatura en torno ós 15ºC (fonte: meteogalicia)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .
  • martes, 21 de mayo de 2013

    Estatísticas dos xogadores


    Poñemos desta volta as estadísticas mais completas que se poidan facer de todos os xogadores do Camelle durante a temporada regular. Esta é a terceira entrega das estatísticas. Podedes ver as anteriores táboas premendo aquí (2ª) e aquí (1ª)

    fonte: propia do blog contrastando as crónicas

    NOTA: Para ver a maior tamaño pulsar sobre a imaxe.

    lunes, 20 de mayo de 2013

    Play-off de ascenso. Ida da primeira eliminatoria


    Gran resultado do Camelle en Laxe que terá que corroborar no partido de volta a vindeira semana no Rodeiro.
    • LAXE: Illote, Someira, Pailos, Jacinto, Saleta, Borja, Mandi (López, min. 60), Porteiro (Felipe, min 46), Carrabete, Samuel, Zurich (Gora, min. 30)
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Javi Rañal, Mario, Varu (Tonsón, min. 80), Iván, Sergio (Tedín, min. 64), Adrián Tajes (Jose, min 50) e Barreiro.
    • GOLES: 0-1, min. 20 -  Barreiro, 1-1, min. 35 - Samuel, 1-2, min. 39 -  Varu, 2-2, min. 49 - Carrabete, 2-3, min. 80 -  Manuel, 3-3, min. 90 - Felipe.
    • EXPULSADOS: min. 91 o xogador local Felipe
    golazo de Varu de falta directa
    Bonito e intenso partido o vivído onte en Laxe onde o Camelle mereceu, se cabe, traer un mellor resultado, pero no que o Laxe consegiu empatar no último suspiro.

    Era a hora da verdade para o Camelle e notouse na actitude dos xogadores, que foron a polo encontro dende o pitido inicial, olvidándose das baixas e da festa que desfrutaron nesta fín de semana do Santo. E foi o Camelle quen golpeou primeiro, cando nunha preciosa xogada, Varu deixalla de cara a Mario, que poñe un balón franco a Barreiro que define de maneira espectacular por riba do porteiro local. Sen embargo consegiu empatar o Laxe pouco despois dende os once metros cun penalti que Purrúa estivo a piques de parar. Non desanimou este gol ós camelláns, que só catro minutos despois se volvían a poñer por diante cun lanzamento maxistral de falta de directa dun Varu que onte estivo en plan estelar. Chegábase ó descanso coa sensación de que o resultado era xusto e que si o Laxe se mantiña no partido era mais por a labor sorda dun pésimo árbitro (que sempre pitou a favor do Laxe) que polo xogo que estaban a realizar.
    3º gol do Camelle

    O comezo do segundo tempo foi nefasto, xa que o Camelle seguía ó seu, a ir a polo partido e tivo o un a tres nada mais comezar, pero fallou Barreiro no man a man co porteiro e na contra posterior empataba o Laxe na única xogada clara que tivo en todo o partido. Pero seguía o Camelle con mais sensación de control, sobre todo no medio do campo, ónde Varu e Iván movían ben o balón, pero era Mario o que estaba en todos lados cortando e dominando. Chegou a dez para o final o terceiro do Camelle cando nun corner sacado por Varu moi pechado, era peinado cara o segundo pau onde Barreiro remataba de cabeza, o balón petaba nas costas de Manuel i entraba mansamente na porta local. Aguantou ben as embestidas finais do Laxe o Camelle, pero nunha xogada de fortuna, o balón era rematado no segundo pau por un atacante local, rexeitabao Purrúa pero o balón petaba no poste e volvía a petar no lombo do porteiro para rematar no fondo da portería e rematando o partido co empate a tres definitivo.
    Onte tanto equipo como afeción estiveron de dez, para a semana mais e esperemos que mellor...

    viernes, 17 de mayo de 2013

    Play-off de ascenso. Previa da ida da primeira eliminatoria

    Chegan os partidos mais importantes do ano para o Camelle, onde se xoga a cara ou cruz o traballo de toda unha tempada. I é que empeza a promoción de ascenso á Liga da Costa. Consta de dúas eliminatorias a dobre partido, como se dun sistema de Copa se tratase (con prórroga, valor dobre dos goles fora da casa e penaltis se foran necesarios), onde o equipo que mellor clasificación conseguira durante a Liga será o que despute o partido de volta na casa.
    Nesta primeira eliminatoria o Camelle (3º) xoga diante do Laxe (6º), mentres que a outra eliminatoria despútanna o Soneira B (4º) contra o Cerqueda (5º).
    Un Laxe que lle ten tomada a medida ó Camelle, xa que dende a refundación do noso equipo só coñece a victoria contra nós, pero que se atendemos ós números é un equipo accesible. Un Laxe ó que o Camelle superou na Liga en dezaseis (16) puntos, que marcou dez goles mais (73 por 63 do Camelle), pero que ten unha defensa mais frouxa, xa que recibiu vinteun goles mais que o Camelle (53 por 32 do Camelle), polo que o Camelle debe aprobeitar esa debilidade defensiva do equipo laxense para pasar a final destes play-offs de ascenso.
    • XORNADA: Ida 1ª eliminatoria polo ascenso_ SD LAXE - SD CAMELLE
    • DATA E HORA: Domingo 19 de Maio 2013 ás 18:00h (fonte: siguetuliga)
    • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos con nubes e claros e choivas ocasionais, vento moderado do Sudoeste,temperatura en torno ós 13ºC (fonte: meteogalicia)
    • ÁRBITRO: sen datos
    • O partido desputarase no campo municipal "Cabo da Area" de Laxe, de herba artificial, as cores oficiais do Laxe son pantalón e camisola brancos.
    Se nalgún momento o equipo necesitou do apoio da afeción, ese momento é agora, polo que se espera que apoiedes de maneira incondicional a un equipo que fixo a mellor tempada da súa historia, co voso apoio acadaremos o ascenso.

    martes, 14 de mayo de 2013

    Crónica 34ª xornada (e última)

    Por motivos laborais non teño tempo para elaborar a crónica polo que copio a de www.quepasanacosta.com


    Camelle – Coristanco (1-0)

    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña (Vuri, min.51), Coruña, Javi Rañal, René, Varu, Tonsón, Tedín, Sergio, Mario.
    • CORISTANCO: Brais, Jonathan, Iván, Marcos, Rubén, Torreira, Cancela, Magovi, Adrián, Navarro, Gonzalo (García, min.55).
    • Gol: 1-0, min.77: Carlos de Dido de cabeza nun córner.
    Partido en clave de pachanga xogado no Rodeiro pois na ida cambiaran a orde polo mal estado do campo camellán. E foi un choque igualado cun Coristanco que prantou cara ao Camelle, xa pensando na promoción. Magovi un man a man ao comezo da segunda metade e Adrián contra o final,  tiveron a ocasión para igualar, mentres que o Camelle puido ampliar por medio de Tonsón, que mandou un balón ao pao.
    O Camelle recuperará efectivos para a fase de ascenso, pero contará coas baixas de Matías e Riveiro por sancións. Queren desfacerse da súa besta negra, un Laxe que lle leva 5 partidos gañados nos últimos anos.



    viernes, 10 de mayo de 2013

    Bufanderos en Lucerna

    A nosa amiga Macarena envíanos unhas instantáneas dende Lucerna, Suiza.


    Mais información sobre Lucerna en Lucerna

    jueves, 9 de mayo de 2013

    12-13. 34ª xornada. Previa



    Última xornada de liga regular para o Camelle que quererá despedir unha magnífica temporada dandolle unha alegría a afeción e, de paso, collendo moral para afrontar a promoción de ascenso. Un partido no que non hai nada en xogo para ningún dos dous equipos. Enfrontarase a un Coristanco que tivo unha tempada moi complicada por problemas internos pero que solventou a papeleta dándolle a oportunidade de xogar ós xuveniles que o fixeron bastante ben (ver resultados do Coristanco). O Coristanco está decimoquinto na táboa clasificatoria con trinnta e un puntos.

    Na primeira volta o resultado foi de un gol a tres favorable ó Camelle.


  • XORNADA: 34ª_ SD CAMELLE - SD CORISTANCO
  • O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

    DATA E HORA: Sábado 11 de Maio 2013 ás 17:00h (fonte: federación galega de futbol)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos con nubes e claros, vento moderado do norte, temperatura en torno ós 15ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO:  (fonte: federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Coristanco son pantalón blanco e camisola verde.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .


  • martes, 7 de mayo de 2013

    Crónica 33ª xornada


    A crónica desta semana é tomada de www.quepasanacosta.com
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Manuel (Jose, min. 46 (Sergio, min.75)),  Valiña, Matías, Varu (René, min. 65), Mario, Javi (Adrián Tajes, min. 55), Miguel, Iván (Álvaro Pantera, min.70) e Barreiro.
    • SONEIRA B: Martín, Curra, Chans, Roi, Jemisa, Alberto, Canosa, Figueroa, Fernando (Pichón, min.46), Wii, Felix (Espi, min.75)
    • GOLES: 1-0, min. 2 - Matías (penalti) 1-1, min 12 - Wii (penalti) 2-1, min 47 - Matías (penalti), 2-2, min 91 - Espi
    • EXPULSIÓNS: Miguel Riveiro, min. 27

    Partido estrano en Camelle que rematou en táboas. Xa comezaba con dous penaltis por sendas mans que podían evitarse. O Camelle meteuse por diante e Matías, o protaonista da tarde, tivo unha chilena preciosa que saiu fóra e un tiro ao pao ademais dos dous tantos de penalti. En fronte, o máis activo era Wii, xogador camellán que voltaba ao Rodeiro con moitas gañas. Foi el o que respondeu ao tanto incial de Matías tamén dende os 11 metros.
    Á media hora Miguel Riveiro autoexpulsouse e o Camelle quedaba con 10 cunha hora por diante. Pero así e todo na segunda algo mellor o Camelle, con ocasións para os dous equipos, e a pinta de que o partido podía quedar do lado dos locais sobre todo tralo gol á saída dos vestiarios, de novo de penalti. Barreiro e Varu avisaban e o Soneira tamén mandaba un balón ao pao efacía dano nos córner. Pero o empate non chegaría ata o último suspiro, cando o xuvenil de primeiro ano Espi marcaba tamén de saque de esquina.

    viernes, 3 de mayo de 2013

    12-13. 33ª xornada. Previa


    Penúltima xornada de liga regular para un Camelle que está a atravesar a peor xeira de resultados de toda a campaña, con dúas derrotas en liga e a eliminación, por tres goles a un, na Copa da Costa diante do Laxe. Un partido no que non hai prácticamente nada en xogo para o Camelle, pero que para o Soneira pode determinar a posición final de cara ó play-off. Un Soneira que fixo unha campaña excelente e foi sempre o primeiro equipo da liga que seguía ós tres primeiros (ver resultados do Soneira B). O Soneira B está cuarto na táboa clasificatoria con cincuenta e cinco puntos, clasificado para a fase de ascenso (e, na miña opinión, máximo favorito na mesma), quererá nesta xornada confirmar esta boa cuarta plaza.

    Na primeira volta o resultado foi de un gol a catro favorable ó Camelle.




  • XORNADA: 33ª_ SD CAMELLE - SONEIRA "B" SD
  • O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

      DATA E HORA: Sábado 4 de Maio 2013 ás 17:00h (fonte: federación galega de futbol)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceos totalmente despexados, sen vento, temperatura en torno ós 19ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO:  (fonte: federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Soneira son pantalón e camisola blanca.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .