viernes, 30 de noviembre de 2012

12-13. 14ª xornada. Previa

Este domingo o partido será en Nantón, equipo que o ano pasado descendiu da Liga da Costa a terceira e do que se esperaba que estivera loitando por voltar a segunda. De momento non é así, xa que nestes momentos da competición, atópase fora das prazas que dan dereito a loita polo play-off, ainda que está moi cerca. Oitavo con dezaseis puntos, a só cinco dos postos de loita polo ascenso. Será, ademais un rival complicado, xa que en todos os seus partidos (especialmente no seu campo) os resultados foron moi igualados.
Como é un equipo que xogaba en distinta categoría que nós, non hai crónica de partidos anteriores.



  • XORNADA: 12ª_ CD. NANTÓN - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 2 de Decembro 2012 ás 16:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos anubrados, vento frouxo do noroeste, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Pardo Pose, Samuel (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo "As Fontiñas" de Nantón, de herba natural e de 105x65m, as cores oficiais do Nantón son pantalón negro e camisola blanca.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas no facebook Camelle .
  • lunes, 26 de noviembre de 2012

    Crónica 13ª xornada


    Importante o resultado acadado nun campo que se volveu moi dificil co transcurrir dos minutos

    • CAMELLE: Púrrua, Adrián P. (Coruña, min. 89), Carlos de Dido, Valiña, Matías, Varu, René, Miguel, Jose (Adrián T., min. 63), Javi Rañal (Buri, min. 83) e Barreiro.
    • AMEIXENDA:Oscar Riolo, Grille, Demetrio (Rodrigo, min. 55), Javichu, Álvaro, Mateo, Alberto, Jorge, Rioliño, Diego, Ramiro
    • GOLES: 1-0, min. 7 - Jose; 2-0, min. 16 - Jose; 2-1, min. 25 - 
    • EXPULSIÓN: O porteiro visitante tras cortar o balón coas mans fora do área min. 75


    Partido complicado e que só tivo xogo na primeira parte, a segunda apenas aportou nada mais que a incertidume do marcador e o empeoramento do estado do terreo de xogo.

    Empezou o partido da mellor maneira para o Camelle xa que na primeira chegada Jose marcaba no segundo intento, tras sacarlle moi ben o porteiro un remate a centro de Javi, pero deixando o balón de novo ós pés do xogador camellán para que remachara o un a cero cando só ían sete minutos de partido. Tivo Felipe o dous a cero no minuto dez, pero non está acertado cara o gol o noso killer e desvioulla o bo porteiro ceense a saque de esquina. Sen embargo fixo unha xogada de crack cando se cumplira o cuarto de hora de partido tirandolle un caño espectacular a un defensa sobre a liña de fondo, adentrandose no área e dando o pase da morte para que Jose puxese o seu segundo gol da tarde no marcador. Pero o Ameixenda volveu ó partido nun fallo de Purrúa que pensou que se ía fora un lanzamento de falta dende o circulo central pero que rematou dentro de maneira inexplicable para o porteiro local. E ainda que Jose poido facero terceiro só un minuto despois, foi o equipo visitante o que creou mais perigo, como un lanzamento ó pau a media hora tras unha indecisión defensiva do Camelle ou un remate de cabeza que saiu fora por pouco cando expiraba o primeiro tempo.

    Foi moito mais tranquila do que se pensaba a segunda metade na que apenas houbo ocasións, o Ameixenda non rematou nin unha soa vez con perigo, ainda que a incerteza do marcador puxo un poso de intranquilidade na bancada e unha emoción no partido que o xogo non tiña. Só se pode salientar deste segundo tempo un remate de cabeza de Adrián P. no saque dun corner que o porteiro visitante enviou de novo a saque de esquina cando xa se colaba pola sua escadra esquerda, un man a man de Barreiro que non foi que de resolver con acerto e a expulsión do porteiro visitante cando tocou coas mans fora do área un pase en profundidade cara Adrián T. e no que o árbitro arcertou. E ainda que o equipo ceense xogou un cuarto de hora cun home menos e un xogador de campo de porteiro, non houbo ocasións dignas de salientar ata o pitido final.

    Hai que quedarse co valor dos puntos que se suman e pensar só no seguinte partido, deixando as cábalas pola clasificación que agora temos, e que só a final de tempada se verá se serven para acadar un ascenso co que nadie contaba no verán e co que non hai que obsesionarse, senón seguir partido a partido desfrutando da magnifica afeción que temos e a que lle temos que estar moi agradecidos polo apoio mostrado.

    viernes, 23 de noviembre de 2012

    12-13. 13ª xornada. Previa

    Volvemos a xogar con un dos equipos novos da liga, que empezou moi forte pero parece que está a perder un pouco de fuelle nas derradeiras xornadas. O Ameixenda está séptimo na táboa clasificatoria a só un posto dos que dan opción de xogar o play-off con dezasete puntos, a só unha victoria de alcanzar eses postos, co que virá a xogar co coitelo entre os dentes.

    Este é o primeiro ano do equipo ceense, polo que non dispoñemos de antecedentes de enfrontamentos directos contra eles.



  • XORNADA: 13ª_ SD CAMELLE - SD. AMEIXENDA
    O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

  • DATA E HORA: Sábado 24 de Novembro 2012 ás 16:15h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: ceo anubrado, vento frouxo do norte, temperatura en torno ós 14ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO:  Patiño Pedreira, Iván (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Ameixenda son pantalón negro e camisola amarela cunha franxa negra.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .
  • lunes, 19 de noviembre de 2012

    Crónica 12ª xornada


    Nova victoria dun Camelle que espabilou levado en volandas pola afección..
    • BAIÑAS: Damián, Simón (Adrián, min. 75), Samuel, Sancho, Esteban, Héctor, Luís, Cris, Dani (Diego, min. 70), Tasky, Fernando (Iván, min. 80)
    • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Iván (Varu, min. 78), Mario, Jose (Tedín, min. 80), Miguel (Buri, min. 89), Javi Rañal (Sergio, min. 88) e Barreiro (Álvaro Pantera, min. 89).
    • GOLES: 0-1, min. 11 - Manuel; 1-1, min. 56 - Héctor; 1-2, min. 60 - Mario; 1-3, min. 86 - Miguel
    Non foi mellor o Camelle durante ochenta minutos e sen embargo ía gañando e poido acabar o partido goleando a un Baiñas moi serio.

     Foi moi igualada a primeira metade con apenas duas ocasións para cada un dos equipos pero Manuel encontrouse un balón morto ó saque dun corner ós dez minutos e fusilou a portería local. Despois un remate de cabeza de Barreiro e un disparo de Jose foi o pouco que se acercou o Camelle a portería local. O Baiñas tampouco creou moito perigo, con dous lanzamentos de fora do área que se marcharon cerca da portería de Purrúa. Non estaba a ser un bó partido cun Camelle moi largo donde  parecía que había dous bandos, un atacando e outro defendendo que non chegaban a entenderse.

    Comezou moi forte o Baiñas a segunda metade en pos do empate e foi Purrúa o que o impediu os dez minutos cunha gran parada, sen embargo no saque do corner desa mesma acción empataba o equipo local con outro balón que quedara morto no área. Poido poñerse por diante so dous minutos despois pero tras botar unha falta e pegar o balón na barreira este foi bater no pau da portería camellana. Foi esta acción a que espoleou a unha afección entregada que ten que ser a envidia do resto de equipos da costa e que comezou a animar sen descanso o equipo en busca dunha reacción. Esta chegou no minuto quince cando Mario remataba de cabeza un balón centrado ó fondo da portería soneirán. Non era un resultado xusto co que se estaba vendo pero esto pasa no fútbol. Non decaeu o Baiñas que ainda tivo ocasións, como un tiro axustado, un posible penalti que o árbitro sacou fora e outro lanzamento o pau a media hora de partido. Tamén Barreiro poido marcar pero non foi quen de tocar o balón cando se prantou só diante do porteiro.

    Coa entrada de Varu morreu o partido, xa que, a partir de ahí, o Camelle sí tivo o control do mesmo, e ademaís creou perigo, como un lanzamento seu ó longueiro, o terceiro gol, de Miguel definindo moi ben un bo pase de Barreiro e mesmo outra xogada clara de Felipe que non foi quen de remachar cando xa non tiña oposición.

    Quedámonos coa victoria sobre o xogo e coa afección, que dando exemplo acude en masa a animar o noso equipo, facéndose notar pola cantidade, a deportividade e a animosidade. Seguide así que sodes a mellor afección do mundo.



    jueves, 15 de noviembre de 2012

    12-13. 12ª xornada. Previa


    Este fín de samana xogamos en Vimianzo ante o Baiñas, outro dos equipos novos deste ano, creado polo anterioir presidente do Soneira a base de talonario para subir e que non está acadando as espectativas creadas sobre él no papel. Nestes momentos da competición, atópase décimo con doce puntos, pero a catorce dos postos de ascenso directo que pretendían antes de empezar a xogar.
    Como é un equipo de nova creación, non hai crónica de partidos anteriores.




  • XORNADA: 12ª_ CD. BAIÑAS - SD CAMELLE
  • DATA E HORA: Domingo 18 de Novembro 2012 ás 16:00h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos de nubes e claros, vento frouxo do sur, temperatura en torno ós 12ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: Fernández Liñares, José (fonte: futgal)
  • O partido desputarase no campo municipal de Vimianzo, de herba artificial e de 100x60m, as cores oficiais do Baiñas son pantalón negro e camisola verde.
  • CONVOCATORIA: A partir das 23 horas no facebook Camelle .
  • lunes, 12 de noviembre de 2012

    Crónica 11ª xornada

    Partido cómodo do Camelle nun campo que notou a choiva ante un equipo moi inocente.
    • CAMELLE: Púrrua, Carlos de Dido (Adrián P., min. 61), Manuel, Valiña, Matías, Varu, Mario (René, min. 54)  Miguel (Buri, min. 67), Jose, Javi Rañal (Sergio, min. 59) e Barreiro (Adrián T., min. 65)
    • CASTRELO: 
    • GOLES: 1-0, min. 10 - Jose; 2-0, min. 12 - Matías; 3-0, min. 33 - Javi Rañal; 4-0, min. 51 - Varu; 4-1, min. 67 -  ; 5-1, min. 75 - Matías.

    Pouco hai que dicir dun partido no que o Camelle foi moi superior a un Castrelo bastante frouxo, pero cunha actitude e un comportamento dignos de salientar.

    Xa ós dous minutos se poido adiantar o Camelle, Javi driblou a Roberto i este derribouno claramente no área, pero o colexiado non pitou nada.Outras dúas claras tivo o equipo antes do primeiro gol de Jose, que aproveitou unha indecisión da defensa para facer o un a cero. E só dous minutos despois un corner peiteado por Carlos de Dido foi remachado por Matías no segundo pau para facer o dous a cero. Entre o segundo e o terceiro houbo catro ocasións claras para o Camelle e unha para o Castrelo, pero sería Javi Rañal, que porfín marcou o gol que leva buscando dende o debut, o que se aproveitaría dun rechace do porteiro a tiro de Varu (o mellor do partido sen duda) tras unha boa internada de Miguel con pase atrás.Seguiron as ocasións ata o descanso cunha boa parada de Purrúa e outra non peor do porteiro visitante a lanzamento de Barreiro.

    Houbo menos futbol na segunda metade debido o empeoramento do estado do campo e o carrusel de cambios para que todos os nosos xogadores desfrutasen de minutos, pero seguiuse vendo un partido entretido. Foi Varu o que ós seis minutos poñía o catro a cero cun tiro dende dentro da área. O Castrelo non se rendeu e marcou o seu gol mediado este segundo periodo e ainda dispuxo dun lanzamento ó longueiro cando xa se cumpría o tempo regulamentado, pero antes marcara Matías o seu segundo gol da tarde nun centro de Varu tras un saque en corto dun corner. Tamén Sergio poido facer o sexto, pero o seu lanzamento tras unha boa xogada individual foise ó pau esquerdo da portería visitante.

    Salientar unha vez mais a magnifica afección deste Camelle que volveu a ateigar o campo do Rodeiro, que dende que se reinauguruo, vai de cheo en cheo. Asimesmo desexarlle ó Castrelo toda a sorte do mundo nun ano moi dificil para eles como é o da creación do equipo. Ademais contan nas súas filas con ex-xogadores do Camelle de outras etapas como son Roberto, Manolo Insua e Cardeso. Ánimo rapaces.

    E por último unha sorpresa para todas as fans do Camelle. Vamos a publicar no facebook do Camelle tres fotos sacadas dentro do vestiario cando os xogadores estaban nas duchas tralo remate do partido. Estade atentas.........................

    jueves, 8 de noviembre de 2012

    12-13. 11ª xornada. Previa



    Volve o futbol ó Rodeiro despois da xornada de descanso e faino para recibir a un dos equipos novos da liga ó que lle está costando moito collerlle o ritmo a competición. I é que o Castrelo está de pechacancelas na táboa clasificatoria con só dous puntos, co que é case que obrigado acadar un bó resultado que nos manteña na situación tan boa que desfrutamos.
    Este é o primeiro ano do equipo soneirán, creado e dirixido por un bó amigo do Camelle, Manolo Ínsua, que hai case tres lustros xogaba no noso equipo e foi compañeiro de algún dos nosos xogadores (Barreiro, Varu, Mauri, Diego) e agora o fai no equipo do seu pobo, ó que, dende aquí, lle desexamos o mellor.




  • XORNADA: 11ª_ SD CAMELLE - C.F. CASTRELO
    O Rodeiro
    Vista aérea virtual do campo do Rodeiro

  • DATA E HORA: Sábado 10 de Novembro 2012 ás 16:15h (fonte: siguetuliga)
  • PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Apertura de claros con chuvascos ocasionais, vento moderado do noroeste, temperatura en torno ós 13ºC (fonte: meteogalicia)
  • ÁRBITRO: España Andrade, Jesús (fonte:federación galega de futbol)
  • O partido desputarase no campo do "Rodeiro" de Camelle, de herba natural e de 94x54m, as cores oficiais do Castrelo son pantalón celeste e camisola branca cunha franxa celeste.
  • CONVOCATORIA: O venres a partir das 23h. en facebook Camelle .
  • lunes, 5 de noviembre de 2012

    Xornada de descanso

    Bueno amigos, como esta semana non houbo partido, xa que nos tocaba descansar, aquí vos deixo unha tabliña con estadísticas dos xogadores para que vos entreteñades un pouco.

    fonte: propia do blog contrastando as crónicas

    NOTA: Para ver a maior tamaño pulsar sobre a imaxe