domingo, 2 de septiembre de 2012

Crónica 1ª Xornada

Partido moi desputado en Laxe que gañou o equipo local pero no que se pudo dar calquer outro resultado.

  • LAXE: Illote, Pailos, López, Ventura (Samuel, min. 46), Roi (Darío, min. 30), Felipe, Borja, Iván Vilanova, Iván Porteiro, Zurich e Manuel Saleta.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Manuel (René, min. 86), Valiña, Adrián (Coruña, min. 51), Matías, Iván (Varu, min. 80), Miguel, Sergio (Buri, min. 70), Jose e Barreiro.
  • GOLES: 0-1 min. 18.- Iván, 1-1 min. 47.- Darío , 2-1 min.85.- Samuel

Moi intenso o primeiro partido da tempada o desputado na tarde do sábado en Laxe. O comezo foi para o Camelle, que era o que tiña o dominio do balón e do xogo, facendo perigo sobre todo pola banda esquerda e dispoñendo moi rápido dunha clara ocasión que Barreiro non foi quen de marcar  cando na grada xa se cantaba o gol. Ese que non tardaría en chegar cando nun balón largo peiteado por Barreiro deixaba franco a Iván que recorreu todo o campo do Laxe para plantarse só diante do porteiro e marcar por baixo. Gol que facía xustiza ó visto, xa que o Laxe poñía moita vontade e demasida intensidade pero pouco xogo. Pero apartir do gol, e pouco a pouco, o Laxe foi xogando un pouco mellor e facendose co control do partido. No último minuto unha gran parada de Purrúa (que uns minutos antes pudo ser expulsado por unha falta fora da área) impedía un empate que o Laxe non merecera.

Pero cambiou o partido no segundo tempo no que nada mais comezar empataba o Laxe cun balón as costas de Adrián e batendo por baixo a un Purrúa que nada poido facer. O camelle perdeu por completo o control do partido e só a calidade de moitos dos xogadores mantiñan a igualdade no xogo e no marcador. Unha desafortunada acción no medio do campo rematou coa expulsión de Jose e do local Zurich, montandose unha pequena tangana sen maiores consecuencias e que esperamos non se volten a repetir. Tras varias ocasións polos dous bandos, entre elas unha clara de Carlos de Dido tras unha parede con Miguel, a nova fichase do Camelle para esta tempada, pudo decantarse o partido ó noso favor se Barreiro empurrase dentro un magnifico saque en longo do porteiro que controlou con moita calidade, prantandose só diante do porteiro local pero mandando o balón pegado ó pau pola parte de fora cando faltaban dez minutos para rematar. O que sí acertou foi un Laxe cun punto mais de agresividade que o Camelle seis minutos despois aproveitando unha indecisión dentro da área para conseguir o dous a un definitivo.


Se algo destacou no encontro foi a afección do Camelle que, unha tempada mais, acompañou en masa ó equipo, deixandose notar en terras laxenses, e animando durante todo o encontro ó noso equipo. Con uns siareiros así da gusto ir a xogar ó futbol a calquer lugar do mundo.

No hay comentarios: