domingo, 16 de septiembre de 2012

Crónica 3ª xornada

Intenso derbi o vivido o sábado entre o Xaviña e o Camelle.


  • XAVIÑA: Moro (Lalá, min. 46), Juan Antonio, Beto, Caamaño (Gallego, min. 30), Chiriví, Bieito, Ismael, Elvis, David (Felipe, min. 46), Rusiño (Pirucho, min. 46), Frutos (Dani, min. 46)
  • CAMELLE: Púrrua, Carlos de Dido, Coruña, Manuel, Matías (Diego, min. 86), Iván, Miguel (René min. 83), Sergio (Adrián, min. 72), Jose (Tedín, min. 62), Mario, Barreiro (Varu, min. 89).
  • GOLES: 0-1, min. 53 - Barreiro, 0-2, min. 78 -  Tedín, 1-2, min. 83 - Felipe.
  • EXPULSIÓNS: O local Ismael, min. 60; e os visitantes Púrrua, Iván e Manuel, nos min. 85, 89 e 91. A segunda metade chegou ata os 56 minutos.

Derbi en estado puro no Hermanas Patiño no que o resultado favoreceu a un Camelle que, co partido completamente controlado, estivo a piques de tiralo pola borda.

Na primeira metade viuse un mal partido con moito balón largo e moi pouco xogo combinativo, no que as mellores ocasións foron para un Xaviña que mandou dous balóns ó pau, un ó principio nunha xogada rápida e outro ó final no lanzamento dunha falta que desviou Purrúa e acabou dando no longuerio. Pola contra o Camelle tivo a súa por medio de Barreiro no minuto 40, pero o porteiro local fixo unha boa parada.

Cambiou o partido no segundo tempo en canto a ocasións, non en canto ó xogo, no que foi o Camelle o que tivo as mais claras. Ós oito minutos marcou Felipe un golazo pola escadra a pase de Miguel e tivo só cinco minutos despois o cero a dous, pero o balón foiselle o longueiro no remate dun corner. Acababase de cumprir a media hora do segundo tempo cando Tedín remataba a pracer un bó centro para facer o segundo do Camelle, e parecía o partido sentenciado xa que o Xaviña xogaba cun xogador menos. Pero non foi así xa que un gol do Xaviña no remate dun corner e a expulsión de tres xogadores do Camelle nos últimos minutos (o porteiro e dous centrais) concederon unha incertidume o partido ata o pitido final.

Creo, a título personal, que se debería facer un pouco de autocrítica por riba do resultado, xa que co partido completamente controlado non se pode botar a perder en discusións, en protestas ó árbitro (que sí, que son moi malos, pero si sabemos que son malos e que non se lles pode dicir nada, o que hai que facer é deixalos, non dicirlle nada, e dedicarse a xogar que é o que hai que facer), en entrar a todos os trapos que nos ensinan como se fóramos touros bravos. Non lle votemos a culpa a ninguén, ó árbitro, ós contrarios, votémonola a nós mesmos, que non somos capaces de controlar nin a boca nin o xenio...

No hay comentarios: