Quedan só tres partidos para acabar a liga e hai que facer un último esforzo por conseguir tres victorias que nos colocarían en segunda autonómica, na Liga da Costa. Esto é así. Hai que apretar os dentes e intentalo con todas as forzas posibles. Esto vale para todos, para os xogadores e para os afecionados que ata o de agora nos apoiaron.
Pulsar sobre ela para ver en grande |
E para que non decai o ánimo vamos a facer un pouco de memoria:
Aquí tedes a clasificación do ano pasado. >>>>>>>>>>>>> >>>>>>>>>>>
Como podedes ver o Camelle foi o terceiro peor equipo da competición, o terceiro pola cola.
E aquí a primeira foto do ano pasado (o primeiro ano de este equipo, non o olvidemos).
Nesa foto faltan:
Buri, Mario, Tedín e Carlos de Dido.
Deste equipo marcharon catro xogadores e viñeron catro novos: Matías, Javi Rañal, Miguel Riveiro e Adrián de Barca. A base do equipo, dezaoito de vintedous xogadores, é a mesma. Os que viñeron són moi bos e aumentaron o nivel do equipo pero, repito, de vintedous xogadores que ten o plantel, dezaoito xa estaban o ano pasado.
Ese mesmo equipo, este ano, está terceiro (ese posto xa hai tres xornadas que o ten asegurado). O mellor posto na clasificación que o Camelle fixo nunca nas súas participacións en competición federada. Está a pelexar por ascender, e, co apoio de todos, ten posibilidades matemáticas de facelo. Por eso, dende aquí, se pide un último esforzo.
Ós xogadores. Para que o deixen todo no campo e dean o mellor deles mesmos, como levan facendo todo o ano.
A afeción. Para que apoie incondicionalmente ó equipo e ós xogadores que estean no campo, e que se den conta de dónde vimos e onde estamos..., como levan facendo todo o ano.
Para mín, a temporada 2012-2013 xa foi un éxito, acabe como acabe, tanto se o equipo ascende directamente como se queda fora na primeira eliminatoria do play-off. Eu estou orgulloso do equipo. Como dí o eslogan da bufanda: seda da boa
No hay comentarios:
Publicar un comentario