Con catro xornadas de liga por desputarse, volve o Camelle ó campo do Rodeiro. E contra un rival moi perigoso como é o Nantón, equipo que descendeu o ano pasado da liga da Costa e cunha experiencia notable en competición. Chega, ademais, cunha incrible racha de nove partidos consecutivos sen perder (ver resultados do Nantón). O Nantón está noveno na táboa clasificatoria con trintaeoito puntos, pero con opcións de chegar a postos de promoción en función de como rematen a liga. Ademais xogan nun campo das mesmas características do Rodeiro, polo que o campo non será factor determinante no encontro.
Na primeira volta o resultado foi de cero goles a dous favorable ó Camelle.
Vista aérea virtual do campo do Rodeiro |
Informan dende a directiva do Camelle que, despois do partido, o clube invitará a pulpo a feira no mesmo campo de futbol como mostra de agradecemnto ó apoio que o equipo está a recibir polos seus afecionados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario