Sufrida victoria do Camelle no Rodeiro que o mantén na loita do ascenso directo.
- CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Mauri (Adrián Tajes, min. 65), Valiña, Matías, Varu (Tedín, min. 60), Mario, Javi, Jose (Sergio, min. 55), Iván e Barreiro.
- BAIÑAS: Simón, Samuel, Sergio, Sancho (Chambón, min. 75), Héctor (Yanki, min. 60), Iván, Cris, Styven, Nándo, Diego (Mario, min. 46), Adrián (Suso, min. 60)
- GOLES: 0-1, min. 20 - Sergio. 1-1, min 35 - Carlos de Dido. 2-1, min 88 - Barreiro
Custoulle moito ó Camelle dobregar a un Baiñas ben prantado no campo pero con pouca mordente arriba.

Menos entretido foi o segundo tempo, onde as ganas de conseguir a victoria se transformaron en nervios que atenazaban o xogo do Camelle e ós corazóns dos afecionados. Moita loita e poucas ocasións e onde o Camelle fixo trocos ofensivos para apurar as opcións de victoria. O Baiñas reclamou penalti nunha xogada onde o árbitro sinalou fora da área unha man, claramente involuntaria, de Carlos de Dido que si foi dentro. Tivo que ser co partido practicamente rematado cando Barreiro conseguiría o gol da victoria nunha xogada clásica súa que xa ten patentada e na que se vai con velocidade da defensa e lla cruza por riba ó porteiro, destando a alegría da afeción local.
Unha afeción que, de novo, estivo de escándalo animando ó equipo e que desfrutou da victoria cunha churrascada no propio campo coa que a directiva obsequiou a xogadores e socios para que siga a comunión entre ambos no treito final de campionato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario