Trouxo os tres puntos o Camelle de Cee nun partido marcado polo forte vento reinante no Sampaio de Refoxos.
- AMEIXENDA: David, Álvaro, Alberto, Grille (Jorge, min.46), Bruno, Mateo, Manu (Demetrio, min. 46), Jesús, Rioliño, Javi (Rodrigo, min. 80), Ramiro.
- CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Mario, Barreiro (Mauri, min. 90), Tedín (Varu, min. 58), Jose (René, min. 69), Javi Rañal (Coruña, min.81) e Miguel Riveiro.
- GOLES: 0-1, min. 13 - Matías, 0-2, min. 36 - Barreiro, 0-3, min. 56 - Miguel R., 1-3, min. 59 - Mateo, 1-4, min. 90 - Barreiro, 2-4, min. 95 - Mateo.
Gol de Matías dende mais de 90 metros |
Un gol dende 90 metros de Matías (dende dentro da nosa própia área) antes do cuarto de hora de partido foi o que conseguiu que o Camelle se sacudise o mellor xogo local de comezo de partido, xa que o Ameixenda saiu moi motivado para intentar manter o posto de promoción de ascenso que tiña. Pero apartir de ahí o Camelle mostrou o equipo que é e puxo o balón no chan para facer o seu xogo e crear dudas nos locales cada vez que se achegaban a porta local. Mentres, o Ameixenda, non era capaz de tirar a porta con perigo, apesar de que chegaban con claridade ata tres cuartos de campo, pero ahí diluíanse e Purrúa non tivo que intervir en todo o primeiro tempo. Si chegaba con perigo o Camelle a base de triangulacións, e froito dunha delas chegaba o segundo, obra dun Barreiro que nas últimas xornadas está moi acertado cara o gol, prantandose só no centro do área e batendo o porteiro local por baixo.
0-2 de Barreiro |
Falta do 0-3 |
1-4 de Barreiro |
Quedan catro partidos para o final da tempada e o equipo está con serias opcións de ascenso, pero para conseguilo hai que pensar só no seguinte, no Nantón, e co apoio da magnífica afeción que nos sigue partido tras partido, dalo todo para, sexa cal sexa o resultado ó final, que todo o mundo se sinta orgulloso do traballo realizado.
Tamén quero dende aquí agradecer e reconocer a Lidia a súa axuda para que este blog saia adiante, xa sexa coas magníficas fotos que saca cada fín de semana como cando recolle os datos que despois aparecen nas crónicas. Lidia, eskerrik asko.
No hay comentarios:
Publicar un comentario