Xusta derrota do Camelle diante dun dos favoritos desta tempada.
- CAMELLE: Carlos, Cristian (Coruña, min 45), Diego (Adrián, min.80), Manuel, Juanjo, Iván, Alvaro, Valiña, René (Alvaro Pantera, min.45), Felipe Barreiro e Mario (Sergio, min 85 ).
- OUTES: Gato, Alvaro (Lago, min.80), Martín (Saúl, min.46), Debé, Chúa, Poke, David, Fabio, Deivi, Potor (Kin, min.46) e Pesco (Damian, min.71)
- Goles: 0-1, min.5: Fabio; 1-1, min.9: Felipe Barreiro; 1-2, min.44: Debé; 1-3, min.64: Fabio; 2-3, min.66: Felipe Barreiro; 2-4, min.68: Deivi, de penalti; 2-5, min.88: Deivi.
Caeu derrotado o Camelle diante do Outes por un resultado que ainda que por xogo non foi merecido, si o foi en canto a ocasions de gol. Empezou forte o Outes que consegiu o gol nunha xogada desafortunada para o Camelle xa que nun despexe do noso porteiro o balón golpeu no dianteiro do Outes e entrou na nosa portería.

Balons en longo as costas da nosa defensa foi o recurso do Outes na segunda metade, na que rápido consegiu o terceiro gol nun claro fora de xogo que o árbitro foi o único que non viu. Pero tivo arrestos o Camelle para acercarse no marcador nunha magnifica xogada que empezou Juanjo na defensa e rematou Barreiro co seu segundo gol do partido. Pero o paso dos minutos e os cambios foron unha lousa para o noso equipo que encaixou o cuarto gol nun claro penalti cometido por Manuel e que Carlos estivo a piques de deter cunha magnífica palomita. Poidemonos acercar de novo nun lanzamento de falta maxistralmente lanzado por Alvaro, pero a fortuna fixo que o balon golpease no pau, rebotara no porteiro e volvese a pegar no pau para sair fora. Co equipo volcado tivo varias ocasions o Outes que consegiu o quinto cando xa morria o partido noutro contragolpe.
Os tres xogadores mais destacados do Camelle foron Manuel, Barreiro e Carlos Purrúa.

2 comentarios:
moy ben escrito jose maria garcia e como hay confianza podesme chamar varu ou super ti elixes
Queremos ver o Camelle xogar,empaten perdan ou ganen o que non queremos é oir insultos nin ver boxeo,e o que solo vai o campo para desafogar é millor que quede na casiña.
Publicar un comentario