martes, 6 de septiembre de 2011

Crónica 2ª Xornada

Accidentado debut do Camelle “na casa” diante do Alcaian no que se conseguí o primeiro punto da tempada
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri (Coruña, min.46), Manuel, Juanjo, Iván, Alvaro, Gati (Buri, min.35), René (Sergio, min.60), Felipe Barreiro e Mario.
  • ALCAIAN: Rizos, Pombo, Andrés (Tote, min.65), Dani, Luís, Negreira, Pío, Nahuel, Pistolas, Víctor e Roberto.
  • Goles: 1-0, min.22: Gati; 1-1, min.40: Roberto.
  • Expulsión: O local Coruña (min.86) por dobre cartón amarelo.
Gran primeira metade do Camelle, que mellorou claramente con respecto ó primeiro partido desputado en Cerqueda, controlando en todo momento o balón durante os primeiros cuarenta e cinco minutos e facendo xogadas de gran mérito.
Nunca destas xogadas, un perfecto pase en profundidade de Iván, aproveitabao Jose para driblar ó porteiro e batilo a placer, adiantando ó Camelle. Pouco despois unha impresionante triangulación ó primeiro toque entre Iván, Álvaro, René e o propio Jose estivo a piques de acabar nun segundo gol que non se chegou a conseguir.
A base de empuxe e cun xogo moi físico foise estirando o Alcaián que estivo a punto de conseguir o empate nun man a man co porteiro que Carlos resolveu a perfección enviando o balon a corner.
Fotos de diariocamarinan.com

Nun choque “fortuito” Jose sufriu unha importante lesión que obrigou a parar o encontro uns minutos e tivo que ser evacuado en ambulancia ó Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Aproveitou o Alcaian un despiste defensivo no saque dunha falta para empatar o encontro antes do descanso e ahí morreu prácticamente o encontro.
A segunda metade, desputada baixo unha chuvia espesa, converteu o partido nunha loita polo balón no medio do campo sen moitas oportunidades, destacando un remate de cabeza de Felipe que saiu cerca do pau. O cansanzo nos dous equipos notouse neste periodo e o partido rematou coa expulsión de Ángel (Coruña) cando o partido estaba a piques de rematar.
Os tres xogadores mais destacados do Camelle foron Manuel, Iván e Cristian, ainda que todos xogaron un bo partido e poderían estar aquí como destacados.

Tamén se debe destacar a gran afeción do Camelle, que ateigou o campo de Camariñas animando en todo momento ó equipo e demostrando que é a mellor afeción do mundo (O presidente do Camariñas chegou a comentar que nunca vira tanta xente no campo).
Por último lamentar as baixas do equipo, xa que perdeu tres xogadores para os vindeiros partidos, Jose cunha fractura de cúbito e radio, Mauri cunha fisura no codo e Ángel Coruña por sanción.

No hay comentarios: