Inxusto resultado o colleitado no derbi polo noso equipo que mereceu mais contra o Porteño.
- PORTEÑO: Asiel, Pejo (Tajes, min.65), Yago (Quilmes, min.55), Yago Sestayo, Maikol, Cousillas, Asier, Ismael, Sergio
- CAMELLE: Carlos, Cristian, Diego, Manuel, Juanjo, Iván, Alvaro, Valiña (Buri, min.73), René (Sergio, min.55), Felipe Barreiro e Mario.
- Goles: 1-0, min.80: Cousillas.
Tivo que loitar moito o Porteño para sacar un resultado positivo contra un Camelle que vai a mais partido a partido e que si segue nesta línea pronto empazará a acadar bos resultados nesta liga.
Empezaron os dous euipos intentando xogar o balón pero ningún dos dous conseguía ter ocasións claras de gol, ainda que era o Camelle con rápidas incursions de Felipe e de Mario o que daba a impresión de poder adiantarse no marcador. A igualdade marcou os dous tempos do encontró pero só co paso dos minutos e cun xogo mais físico o equipo local conseguiu nun rebote adiantarse no marcado a poucos minutos do final.
Non se rendiu o Camelle e estivo a piques de empatar na última xogada do partido, pero Sergiño non foi capaz de culminar en gol una magnifica xogada colectiva cun último pase de Alvaro que o deixou só diante do porteiro.
En ningún momento o Camelle foi inferior a un equipo feito como o Porteño e que é un dos grandes favoritos a estar na loita polo ascenso.

Por último, e non por elo menos importante, destacar a boa labor dunha directiva que está a traballar a reo para que os rapaces de Camelle poidan practicar deporte e estar unidos. Como vemos nos outros equipos hai moitos xogadores que non son do lugar no que xogan e en Camelle podemos estar moi contentos e orgullosos de que todos os nosos rapaces son de Camelle (Buri, ainda que é de Arou está casado en Camelle e ten un fillo camellán) e sinten como nadie o noso escudo.
ANIMO RAPACES, SEGUIDE ASI QUE SODES OS MELLORES!!!!
1 comentario:
bueno rapaces hay q janar o outes q vai sendo hora pero vamos polo bo camiño.PODEMOS
Publicar un comentario