miércoles, 7 de septiembre de 2011

3ª Xornada - Previa

Nesta terceira xornada, despois do accidentado partido contra o Alcaian, temos o gran derbi contra o Porteño. Partido que xogaremos no campo “Hermanas Patiño” de Camariñas, pero esta vez como visitantes, diante doutro dos favoritos deste ano para acadar o ascenso a segunda autonómica. O porteño, que o ano pasado descendeu, realizou varias fichaxes para voltar rápidamente a categoría perdida. O noso equipo terá que sobrepoñerse ó importante número de baixas que ten para este partido, pero os xogadores disponibles daran todo o que teñen para acadar un bo resultado.

Seguro que se vivirá un gran ambiente nas gradas, xa que os dous equipos son dos que mais aficionados moven nós seus partidos. Esperamos que a nosa xente demostre que é a mellor afección da costa animando ó Camelle pero co máximo respeto para os nosos contrincantes e veciños.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Porteño son camisola roja e pantalón azul.

3ª Xornada:
     - Fecha e hora: Domingo 11 de Setembro ás 18:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)

No hay comentarios: