lunes, 3 de octubre de 2011

Reflexións sobre o que vai de tempada

Bueno compañeiros, cun tercio da primeira volta xa desputada vamos a facer as seguintes reflexións.

Temos catro puntos, que poden parecer poucos, pero non é asi e vou explicar porqué:
   1º.- É o noso primeiro ano despois de moitos sen futbol en Camelle, co que o equipo necesita un periodo de adaptación a competición e para que os xogadores se acomoden a xogar xuntos.
   2º.- Apenas fixemos pretemporada, xa que só xogamos dous partidos, co que ainda non temos a forma física adecuada para a competición.
   3º.- Estamos tendo moi mala sorte coas lesións. Jose do Gati, Mauri, Manuel, Carlos Purrúa, Juanjo, Martín, Albertiño, Diego, Cristian, son xogadores que están ou estiveron lesionados en algún partido da tempada. Se Mouriño ou Guardiola se queixan de plantillas cortas e xogadores lesionados ¿como nos estaremos nós?
   4º.- Se miramos a clasificación podemos ver que nos enfrontamos xa ós cinco primeiros clasificados, e o único partido que non disputamos contra un destes equipos gañámolo facilmente.

Polo tanto creo que estamos mellor do que poida parecer xa que:
   1º.- Pouco a pouco vamos collendo unha mellor forma física.
   2º.- Cada vez os xogadores están mais conxuntados entre eles.
   3º.- Os xogadores lesionados iranse recuperando e aportando mais ó equipo.
   4º.- Xogar contra os equipos grandes está a facer que o equipo medre como tal e, ainda que agora veñen partidos contra equipos da parte media-alta da taboa, vamos a empezar a xogar contra equipos da "nosa liga" que darán a verdadeira medida do equipo.

O que nos queda agora é estar todos unidos e "remar na mesma dirección", que parece que estamos un pouco desanimados e non ten que ser así. Hai que animarse, unirse e aceptar o papel que a cada un lle toque no equipo, ainda que non se xogue moito ou pareza que non contan moito con nós, xa que a temporada é larga, e esforzandonos e entrenando duro seguro que todos contaredes con minutos para demostrar a vosa valía dentro do equipo.

ANIMO CAMELLE, QUE SODES MELLORES DO QUE PENSADES

No hay comentarios: