viernes, 14 de octubre de 2011

Previa - 9ª Xornada

Nova xornada de liga e novo encontro fora da casa. Desta volta xogamos en Cee contra o Atlético Pereiriña, partido que se prevé igualado, xa que os dous equipos ocupámolas ultimas prazas na clasificación xunto co Muxia.  

Ambos equipos contan con numerosas baixas que están lastrando as súas actuacións e levan unha tendencia bastante mala, pero e hora de levantar a cabeza, dar un paso adiante e gañarlle ó filial do Cee, equipo que o ano pasado rematou cuarto pola cola na taboa clasificatoria.

O partido desputarase no campo “Novo Raices” de Cee, (105x68m) de herba artificial. As cores oficiais do At. Pereiriña son camisola verde e pantalón negro.

9ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 15 de Outubro ás 16:00 horas
     - Campo: “Novo Raices” de Cee (sintético)
     - Previsión meteorolóxica: ceos pouco anubrados, vento fruoxo e variable, tempertura sobre 22º.

No hay comentarios: