lunes, 17 de octubre de 2011

Crónica 9ª xornada



Derrota do Camelle en Cee diante dun rival combativo
  • At.PEREIRIÑA:Simón, Alvaro (Mateo, min.46), Mario, Gabri, Javichu, Mario (Riki, min.30), Adán (Javi, min.46), Rafa (Grille, min.75), Néstor (Jose Express, min.83), Poki e Víctor.
  • CAMELLE: Coruña, Cristian, Juanjo, Manuel (Varu, min.65), Carlos, Valiña, Mario, René, Iván, Barreiro e Alvaro Pantera (Adrian, min.75).
  • Goles: 0-1, min.27: Barreiro; 1-1, min.48: Mateo; 2-1, min.52: Poki; 3-1, min.57: Víctor; 4-1, min.62: Nestor.
Seguen os problemas para o Camelle que non foi quen de conseguir nada bo na súa visita ó campo dun dos últimos clasificados. Foi mellor o Camelle na primeira metade, dónde o Pereiriña non foi capaz de crear nin unha sola ocasión de gol, mentres nós, ademais dun par de oportunidades pouco claras, fixemos un bonito gol tras unha boa combinación entre Mario e René para que o primeiro lle dese o pase da morte a Barreiro que fusilou o porteiro local.
Pero chegou a segunda metade e con ela a gran páxara do noso equipo que nun “visto y no visto” apañou catro goles como catro soles. Parecía neses intres o Pereiriña unha versión costeira do Madrid entrandonos polas bandas como flechas e dominando o centro do campo como o Barsa sen que os nosos rapaces viran por onde lles caían. Pero pasou, e voltamos a un partido que xa estaba tolo con ocasións nas dúas porterías, e dónde fallamos por pouco varios goles. Pantera errou un remate prácticamente a porta valeira e a Barreiro foronselle fora tres man a man co porteiro das que non suele fallar, pero así son os partidos.
Para semana xogamos co colista coa gran cantidade de baixas que temos, as que lle haberá que engadir as de Barreiro e Manuel por sanción e Carlos de Dido por lesión. Polo menos recuperamos ó porteiro… ou eso creo.
Os xogadores mais destacados do partido foron René, Mario e Barreiro.

No hay comentarios: