jueves, 20 de octubre de 2011

Previa - 10ª Xornada

Nova xornada de liga para o Camelle que, outra vez, vai ter moitas dificultades para formar un once. O rival será o Muxía, último clasificado nestes intres pero que teñen un equipo moi agresivo que vai a loitar por levarse os tres puntos do campo camariñan. O ano pasado o Muxía quedou en noveno lugar na liga, o que demostra que teñen mais equipo do que nestes momentos dí a clasificación.

Ademais de tódalas baixas que temos dende hai varias xornadas, haberá que sumalas de Carlos de Dido cunha perna inflamada, Barreiro e Manuel por sanción e Iván que, probablemente, non poderá vir esta semana. Esperemos, polo menos, recuperar ó porteiro, e pode que a Mauri.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Muxía son camisola vermella e pantalón azul.

6ª Xornada:
     - Fecha e hora: Sábado 22 de Outubro ás 19:00 horas
     - Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)
     - Árbitro: González Seoane, Daniel
     - Previsión meteorolóxica: ceos con nubes e claros, vento fruoxo e variable, tempertura sobre 15º.     

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Os vamos a dar en el pelo!!!
by muxian

camelle dijo...

Para muxían:
Pois non nos destedes "po pelo", xogamos moito mellor que vos e a min daríamen vergonza marcar un gol como o que marcastedes vos, pero alá cada un coa súa "deportividade"