- CERQUEDA: Rubén, Atu, Pablo, Javi, Javi Pazos, Dani, Lorenzo, Dieguito, Dani Seaia, Juanjo (Bastón, min. 58), Manu (Santi, min. 46)
- CAMELLE: Matías, Carlos de Dido, Valiña, Iván, Javi Rañal, Mario, Varu, Jose (Tedín, min 70), Sergio (Vuri, min. 85), Miguel e Barreiro.
- GOLES: 1-0, min. 67 -Javi
Xogou as súas bazas o Cerqueda para conseguir un resultado engañoso que deixa a eliminatoria en suspenso para a volta no Rodeiro.
Non variou o planteamento do encontro no segundo tempo, e o Cerqueda tivo a ocasión mais clara nada mais comezar este, nun saque de esquina que rematou só no segundo pau pero no que Matías fixo unha gran intervención. O Camelle rondaba un pouco mais as inmediacións da portería, pero sen perigo ningún. Mediado este segundo tempo chegou o gol do Cerqueda nun saque de falta lateral, que non foi rematado nin despexado por un montón de pernas e que si foi remachado no segundo pau. Tivo Sergio o empate nun gran balón de Javi, pero o porteiro local sacoulle o remate e posterior rexeite. E xa casi non houbo mais futbol, cun Cerqueda que non quería e un Camelle mais preocupado en protestar e entrar no xogo local que en facer o seu partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario