lunes, 10 de junio de 2013

Play-off de ascenso. Volta da final

Co permiso do noso amigo (e camellán de adopción e colaborador de quepasanacosta) David Castro a crónica deste último partido está recollida do seu magnífico blog.

SD Camelle 3 – 1 UD Cerqueda

SD Camelle: Purrúa, Javi, Manuel, Miguel Riveiro, Carlos de Dido (Jati m.64), Varu (Tedín m.76), Mario, Matías, Sergio, Iván e Barreiro.
UD Cerqueda: Rubén, Bastón, Santi (Juanjo m.73), Javi, Pablo, Javi Pazos (Manu m.67), Atu, Dani, Dieguito, Dani Seaia e Lorenzo.
Lesión: O xogador do Cerqueda, Santi,  tivo que ser retirado cunha lesión de xeonllo.
Árbitro: O Sr. Espasandín Cores (A Coruña). Estivo ben, foi quen de controlar os nervios e a tensión que se viviu no Rodeiro.
Campo: O Rodeiro (Camelle). Cheo histórico o que se viviu no campo camellán, cun ambiente espectacular.
Incidencias: Gran detalle dos xogadores locais antes de comezar o partido, que portaron unha pancarta de ánimo ao seu veciño,Pepe da Chalana, que se atopa nunha situación delicada de saúde.

Goles: 1-0 m.10 Sergio, resolve unha melé na área do Cerqueda. 1-1 m.24 Boa xogada por banda de Dani Seaia e o centro deste é rematado a gol por Dieguito. 2-1 m.33 Espectacular falta lanzada por Miguel Riveiro, que pon o esférico donde dormen as arañas.3-1 m.82 Matías transforma o penalti cometido por Bastón sobre Mario.

Partido de moita tensión o que vivimos na tarde do sábado no campo do Rodeiro, que presentaba un espectacular ambiente cun cheo histórico nunca visto no terreo de xogo camellán. Foi un encontro con moito fútbol directo, sin un claro dominador e no que houbo constantes interrupcións.

Comezou mellor o Cerqueda, que tuvo en Dani Seaia un auténtico puñal na banda esquerda, creando perigo en cada balón que tocaba. Nos primeiros minutos, os cerquedáns contaron con dúas ocasións casi consecutivas, a primeira un centro chut do xogador de Seaia que pon en apretos a Purrúa e un tiro lonxano de Santi que se vai por riba do longueiro, nos minutos 3 e 4, respectivamente, pero serían os locais os que pegarían antes, cando transcorría o minuto 10 fórmase unha melé na área visitante que finalmente Sergio é quen de empurrar o esférico ao fondo da rede para poñer o 1-0 no marcador e empatar a eliminatoria. Nesta xogada os xogadores do Cerqueda reclamarían unha falta ao seu porteiro, Rubén. Tan só 8 minutos tardarían en dar a réplica os visitantes, recuperación en medio campo, o balón que lle cae a Dieguito, quen ve adiantado a Purrúa pero o seu lanzamento vaise a rentes do pau. O capitán do Cerqueda non tardaría en volver a poñer en apuros ao porteiro do Camelle, Dieguito colga unha falta dende o medio campo e Purrúa despexa a córner con dificultades. Tras estas dúas ocasións dos visitantes, chegaría a recompensa, gran xogada por banda de Dani Seaia, o mellor do Cerqueda na tarde de sábado, que pon un centro perfecto ao borde da área pequena que é rematado a gol por Dieguito. O empate, faría reaccionar ao adestrador local, Pupus, que intercambiaría a Iván e a Riveiro de posición, o que lle faría recuperar o dominio do partido, con Miguel Riveiro como director de orquesta. Pero sería un dominio que non se transformaría en ocasións. No minuto 33, chegaría o 2-1 que devolvería a esperanza do ascenso a bancada do Rodeiro, Riveiro lanza unha falta situada ao borde da área visitante e coloca o esférico donde dormen as arañas, un auténtico golazo. Antes do descanso, o Cerqueda tería a última da primeira metade, córner botado por Dani, que remata Javi ao longueiro e o rexeite do pau e sacado por Mario debaixo dos paus. Nesta xogada os visitantes reclamaríanlle ao árbitro asistente que o esférico traspasara a línea de gol.Co 2 a 1, sen un claro dominador, con moita tensión e un bonito ambiente nas bancadas, chegaríamos ao intermedio do partido.

Na segunda metade seguiría a tónica da mesma, moito fútbol directo e sen un claro dominador, pero cun Camelle arriesgando moito para buscar o gol que lle dera o ascenso.A primeira ocasión deste segundo tempo sería para o Cerqueda, no minuto 56, gran xogada individual de Dani Seaia pero o seu lanzamento é despexado a córner por Purrúa sen problemas. Responderían os locais a balón parado, na primeira unha falta en medio campo, botada por Riveiro termina no pau da portería visitante tras unha mala saída de Rubén, e, de novo, unha falta colgada polo propio Miguel Riveiro é cabeceada por Matías a rentes do pau.No minuto 82, chegaría a xogada determinante do partido e da eliminatoria, Mario cando se adentraba co esférico na área do Cerqueda é derrubado por Bastón, penalti claro, e o colexiado Espasandín Cores non o duda é asubía a pena máxima, que se encarga de transformar o especialista dos locais, Matías, facendo o 3 a 1 definitivo. Este gol levaría o delirio as bancadas do Rodeiro.A dous minutos de cumprirse o tempo reglamentario, Jati, logo dunha despexe da defesa local, plántase só ante a portería visitante, pero escacha o balón contra o corpo de Rubén.
Os visitantes terían a última opción de ascenso a balón parado no minuto 92. O córner botado por Dani é rematado polo central Javi ao pau.Chegado o minuto 97, o colexiado pitaría o final do encontro, o que significou a invasión de campo dos afeccionados locais e trouxo o delirio no Rodeiro, que se convertiu nunha auténtica festa para uns e un trago moi amargo para outros.

Tamén podedes ver crónicas do partido noutros enlaces (queda para a historia), como na páxina do noso amigo muxián Xose Búa de piratas de muxía e que tamén recollo aquí co seu permiso.
Ou en La Voz de Galicia do domingo.
(Só tendes que pinchar nos enlaces para ver cada un deles)

No hay comentarios: