lunes, 20 de mayo de 2013

Play-off de ascenso. Ida da primeira eliminatoria


Gran resultado do Camelle en Laxe que terá que corroborar no partido de volta a vindeira semana no Rodeiro.
  • LAXE: Illote, Someira, Pailos, Jacinto, Saleta, Borja, Mandi (López, min. 60), Porteiro (Felipe, min 46), Carrabete, Samuel, Zurich (Gora, min. 30)
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Javi Rañal, Mario, Varu (Tonsón, min. 80), Iván, Sergio (Tedín, min. 64), Adrián Tajes (Jose, min 50) e Barreiro.
  • GOLES: 0-1, min. 20 -  Barreiro, 1-1, min. 35 - Samuel, 1-2, min. 39 -  Varu, 2-2, min. 49 - Carrabete, 2-3, min. 80 -  Manuel, 3-3, min. 90 - Felipe.
  • EXPULSADOS: min. 91 o xogador local Felipe
golazo de Varu de falta directa
Bonito e intenso partido o vivído onte en Laxe onde o Camelle mereceu, se cabe, traer un mellor resultado, pero no que o Laxe consegiu empatar no último suspiro.

Era a hora da verdade para o Camelle e notouse na actitude dos xogadores, que foron a polo encontro dende o pitido inicial, olvidándose das baixas e da festa que desfrutaron nesta fín de semana do Santo. E foi o Camelle quen golpeou primeiro, cando nunha preciosa xogada, Varu deixalla de cara a Mario, que poñe un balón franco a Barreiro que define de maneira espectacular por riba do porteiro local. Sen embargo consegiu empatar o Laxe pouco despois dende os once metros cun penalti que Purrúa estivo a piques de parar. Non desanimou este gol ós camelláns, que só catro minutos despois se volvían a poñer por diante cun lanzamento maxistral de falta de directa dun Varu que onte estivo en plan estelar. Chegábase ó descanso coa sensación de que o resultado era xusto e que si o Laxe se mantiña no partido era mais por a labor sorda dun pésimo árbitro (que sempre pitou a favor do Laxe) que polo xogo que estaban a realizar.
3º gol do Camelle

O comezo do segundo tempo foi nefasto, xa que o Camelle seguía ó seu, a ir a polo partido e tivo o un a tres nada mais comezar, pero fallou Barreiro no man a man co porteiro e na contra posterior empataba o Laxe na única xogada clara que tivo en todo o partido. Pero seguía o Camelle con mais sensación de control, sobre todo no medio do campo, ónde Varu e Iván movían ben o balón, pero era Mario o que estaba en todos lados cortando e dominando. Chegou a dez para o final o terceiro do Camelle cando nun corner sacado por Varu moi pechado, era peinado cara o segundo pau onde Barreiro remataba de cabeza, o balón petaba nas costas de Manuel i entraba mansamente na porta local. Aguantou ben as embestidas finais do Laxe o Camelle, pero nunha xogada de fortuna, o balón era rematado no segundo pau por un atacante local, rexeitabao Purrúa pero o balón petaba no poste e volvía a petar no lombo do porteiro para rematar no fondo da portería e rematando o partido co empate a tres definitivo.
Onte tanto equipo como afeción estiveron de dez, para a semana mais e esperemos que mellor...

No hay comentarios: