Penúltima xornada de liga regular para un Camelle que está a atravesar a peor xeira de resultados de toda a campaña, con dúas derrotas en liga e a eliminación, por tres goles a un, na Copa da Costa diante do Laxe. Un partido no que non hai prácticamente nada en xogo para o Camelle, pero que para o Soneira pode determinar a posición final de cara ó play-off. Un Soneira que fixo unha campaña excelente e foi sempre o primeiro equipo da liga que seguía ós tres primeiros (ver resultados do Soneira B). O Soneira B está cuarto na táboa clasificatoria con cincuenta e cinco puntos, clasificado para a fase de ascenso (e, na miña opinión, máximo favorito na mesma), quererá nesta xornada confirmar esta boa cuarta plaza.
Na primeira volta o resultado foi de un gol a catro favorable ó Camelle.
Vista aérea virtual do campo do Rodeiro |
No hay comentarios:
Publicar un comentario