lunes, 27 de mayo de 2013

Play-off de ascenso. Volta da primeira eliminatoria

Conseguíu o Camelle o pase a derradeira eliminatoria da promoción de ascenso ante un Laxe que se foi desdibuxando e que pudo rematar cunha goleada de escándalo.

  • CAMELLE: Matías, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Javi Rañal, Mario (Tonsón, min. 75), Varu (René, min. 69), Jose (Vuri, min 71), Sergio (Tedín, min. 63), Miguel Riveiro e Barreiro.
  • LAXE:
  • GOLES: 1-0, min. 17 -  Sergio, 2-0, min. 50 - Varu, 3-0, min. 60 -  Miguel Riveiro, 4-0, min. 65 - Matías (penalti).
  • EXPULSADOS: foron expulsados catro xogadores do Laxe cando xa ían perdendo catro a cero
A diferencia onte estivo na intensidade e nas porterías, xa que os fallos do porteiro laxense unidos a intensidade do Camelle foron unha combinación explosiva.

I eso que non empezaban ben as cousas para os nosos cando, pouco antes de empezar, o noso porteiro titular tivo que marchar, e tendo Carlos de Dido (o noso porteiro "suplente") problemas cervicais que non lle impediron xogar pero sí poñerse baixo os paus. Responsabilidade que colleu Matías, que superou con nota o exame, dándo tranquilidade tanto ó equipo como a bancada e facendo intervencións de mérito. Nótabase o que se xogaban os equipos no ambiente, tomándose os primeiros minutos de tanteo, con escasas chegadas ben resoltas polos porteiros. Pero pasaba o cuarto de hora cando Sergio conseguía adiantar ó Camelle. Era Miguel o que sacaba unha falta dende tres cuartos de campo e ante a indecisión da defensa e porteiro do Laxe era Sergio o mais listo da clase para facer un gol que poñía en franquicia a eliminatoria para o Camelle. O Laxe tiña que marcar, alomenos, dous goles e estirouse, tendo algunha ocasión para marcar, pero unhas veces Matías e outras a falta de puntería dos seus xogadores fixeron que o primeira parte rematara a favor dos intereses do Camelle.

Pero é que con ela rematou o partido e a eliminatoria, xa que ós vinte minutos da segunda parte o Camelle vencía por un claro catro a cero. Primeiro foi Varu, ós cinco minutos, cun lanzamento de falta escorado preto do corner o que sorprendeu ó porteiro por arriba, que fallou no intento de despexe e dez minutos despois Miguel Riveiro, dende o centro do campo, noutro lanzamento de falta que volveu a fallar estrepitosamente o porteiro laxense por alto, os que daban a tranquilidade, e, no minuto vinte Matías, completando o magnífico partido na portería cun gol dende os once metros (penalti que non foi, xa que a falta cometeuse fora do área) o que cerraba o marcador. Co carrusel de cambios chegaba, tamén, un carrusel de expulsións (ou autoexoulsións) de xogadores do Laxe, que vían con impotencia como o Camelle seguía facendo o seu partido e fallando varias oportunidades que poderían ter deixado un marcador de escándalo. O porteiro visitante resarciuse un pouco da súa nefasta tarde detendo o lanzamento doutra pena máxima que tirou Tonsón co tempo cumplido.

Tamén hai que destacar a festa vivída na grada, onde os siareiros camelláns desfrutaron da victoria do noso equipo, animando constantemente e levando en volandas ós xogadores, pero na que había multitude de seguidores do Laxe e moitos afecionados de outros equipos da contorna que non se quixeron perder o partido. Agora queda o mais dificil, superar a última eliminatoria ante un equipo moi rocoso, moi traballado, que se coñecen de xogar xuntos moitos anos e que xa ten experiencia e eliminatorias de play-off de anos anteriores como é o Cerqueda.

Tamén enviarlle dende aquí e de parte de toda a familia do Camelle un abrazo e moita forza ó tesorero do clube, Pepe do Chalana, que está a pasar un trance moi complicado do que estamos seguros que salirá adiante. ¡Ánimo Pepe!


No hay comentarios: