lunes, 18 de febrero de 2013

Crónica 23ª xornada


Importantísima victoria do Camelle nun campo dificilísimo non só polo rival, senon tamén polo estado do terreo de xogo.
  • MUXÍA: José Antonio, Luís Romaní, Martín (Ruso, min. 70), Pesqui, Pataca, Ángel, Currás, Javi (Julián, min. 60), David, Adrián Negro (Lagoa, min. 75), Dimas
  • CAMELLE: Carlos de Dido, Manuel (Coruña, min. 46) Valiña, Iván, Matías, Varu (Adrián T., min. 83), Mario, Tedín (Jose, min. 73), Javi Rañal, Miguel Riveiro e Barreiro.
  • GOLES: 1-0, min.12 David (de penalti) 1-1, min. 28 - Tedín, 1-2, min. 53 - Mario 
Complicado partido o xogado en Arliña, con poucas ocasións e un campo de xogo en moi malas condicións debido a carga de partidos que soporta cada fín de semana.

Empezou mellor o Muxía aprobeitando que xogaba co vento a favor e facendose co control do partido. Feito que aproveitou ós dez minutos para poñer en apuros a un Carlos de Dido que sigue destacando na portería por mor doutra lesión de Purrúa. Tan só dous despois Iván cometía penalti que os muxians transformaban no un a cero. Repuxose o Camelle deste gol e conseguiu nivelar o encontro, e tras un lanzamento de falta de Matías os xogadores camelláns reclamaron un claro penalti por mans na área local pero o xuiz de liña anulou a xogada por fora de xogo previo. Foi no minuto vinteoito cando Tedín aprobeitou un balón morto que o porteiro local non atallou a lanzamento de falta de Matías para facer un empate que parecía xusto polo xogo que estaban a despregar ambos equipos e co que se chegaría ó descanso.

Dou unha tregua o tempo na segunda metade e o Camelle saiu mais inspirado, se ben non tivo o control do partido, si tivo algunha ocasión, mentres que o Muxía desapareceu en ataque. Pero foi gracias a un erro do porteiro local ó intentar despexar un centro-chut de Mario sen aparente perigo como conseguiu o Camelle o gol da victoria, xa que o balón acabou entrando pola escadra no intento de despexe do mesmo. Despois moita loita, moita tensión por mor do marcador e da importancia dos puntos para os dous equipos e pouco mais, algunha ocasión para o Camelle por medio de Barreiro, Javi ou un lanzamento lonxano de Matías, pero foi Jose o que poido sentenciar no tempo de desconto pero o seu lanzamento dende cerca do punto de penalti saiulle alto.



O mellor son os tres puntos que permiten consolidar o liderato en solitario e a afección que non deixa de acompañar ó equipo nos seus partidos.

No hay comentarios: