lunes, 4 de febrero de 2013

Crónica 21ª xornada


Intenso o partido vivido na tarde do sábado en Buño e onde o Camelle se levou uns valiosísimos tres puntos.
  • CERQUEDA: Costa, Bastón, Javi, Pablo, Javi Pazos, Santi, Dani, Dani Seaia, Moisés, Dieguito, Juanjo (Lorenzo, min. 53)
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel (Iván, min. 60), Matías, Varu, Mario, Jose (Tedín, min. 56), Miguel, Javi Rañal e Barreiro.
  • GOLES: 0-1, min. 45 - Matías
  • EXPULSIÓNS: min. 79 - Miguel e o defensa local Pablo
Partido moi intenso, con fases de bó xogo e dominio alterno de dous equipos que demostraron o porqué da súa posición na táboa clasificatoria.

Empezou dominando o Camelle o partido durante o primeiro cuarto de hora, embotellando ós locais no seu campo ainda que sen crear moito perigo e onde unha internada de Barreiro que tentou o pase definitivo cara Jose en duas ocasions, e que foi despexada pola defensa, foi o mais salientable. Sacudíuse o Cerqueda o dominio camellán e comezou a chegar con perigo en rápidas internadas, rematando con claridade en ata tres ocasións nos seguintes quince minutos pero o marcador non variaba. Pasaba un pouco da media hora cando, nunha bonita xogada do Camelle a pelota chegáballe a Miguel na frontal do área e o seu disparo foi rexeitado nunha moi boa parada polo porteiro local, pero o balón quedou morto nos pés de Javi que deu o pase da morte para que Barreiro o mandase ó fondo das mallas, sen embargo o árbitro anulouno por un fora de xogo a todas luces inexistente. Pouco despois e tras unha violenta entrada no medio do campo sobre Miguel formouse unha pequena tangana que non foi a maiores. Intentouno Javi dende dentro da área pero o balón foiselle alto. Non así a Matías, quen marcaba de falta directa cando xa se cumpría o tempo regulamentado.

Non tivo un dominador claro a segunda parte do encontro e sí moita incertidume e tensión. Chegandose ó cuarto de hora tivo o Cerqueda a mais clara no saque dunha falta, pero Purrúa fixo unha parada de moito mérito despexando o balón fora. Tamén o Camelle tivo oportunidades como unha que Barreiro non foi quen de rematar na liña de gol tras unha boa xogada. Houbo outro rifirrafe entre Miguel e un xogador local despois dunha patada sen balón dende o chán deste último e que rematou cos dous xogadores expulsados. Dende ahí ata o final poido sentenciar o Camelle con tres chegadas (duas de Barreiro e unha de Matías) pero o marcador xa non se movería mais.

Destacar, unha vez mais, a afluencia de afecionados do Camelle nun desprazamento do equipo e denunciar dende aquí unha situación moi habitual e que non se debería dar, i é que cando por circunstancias do xogo hai algún tipo de enganchón entre xogadores, saltan ó campo personas relacionadas ou non cos equipos para (supoñese) intentar separar ós xogadores, pero o único que se consegue e crear mais nerviosismo e facer mais difícil a labor do árbitro. Os partidos de futbol son eso, partidos de futbol, e hai patadas, enganchóns, discusións, etc.. pero deberíamos ser o suficientemente intelixentes como para darnos conta de que hai que ser deportistas e personas, e ir a pasalo ben os campos de xogo e desfrutar do futbol e do teu equipo e só a eso....

No hay comentarios: