Novo partido do Camelle en Camariñas. Nesta ocasión para enfrontarse a un dos equipos da zona baixa da clasificación, o Corcoesto. Un Corcoesto que é un dos equipos que mais ilusión teñen por xogar, xa que apesar das dificultades que teñen para xuntar xente para os seus partidos (motivo polo que sempre xogan en domingo) sempre se presentan coa mesma ilusión, e se teñen un día bó, complicanlle o partido a calquera (ver resultados do Corcoesto).Este ano, ademais, están a mellorar notablemente en defensa. O Corcoesto está decimoquinto na táboa clasificatoria con dezanove puntos, moi preto do grupo da zona media da clasificación.
O ano pasado o Camelle gañou o partido que desputamos co Corcoesto por tres goles a un.
AVISO IMPORTANTE:
LEMBRAR A TODOS QUE O PARTIDO APRAZADO DIANTE DO ALCAIAN DESPUTASASE O MARTES 12 (MARTES DE ENTROIDO) ÁS 20:00 HORAS NO CAMPO MUNICIPAL DE CORISTANCO
No hay comentarios:
Publicar un comentario