Merecida derrota do Camelle no peor partido que se lle recorda dende que volveron a competición.
- CAMELLE: Carlos
de Dido, Coruña (Tedín, min. 50), Manuel (Adrián P., min.
50) Valiña, Matías, Varu (René, min. 83), Mario, Miguel, Jose
(Sergio, min. 62), Javi Rañal e Barreiro (Adrián T., min. 83).
- LAXE: Illote, Adrián, Jacinto, Naya, Pailos, Gora (Samuel, min. 46), Borja, Mandi, Felipe, Saleta, Carrabete.
- GOLES:
0-1, min. 25 - Carrabete, 0-2, min. 45 - Mandi, 0-3, min. 93 Felipe
- EXPULSIÓNS:
Matías, min.57. Carrabete, min. 60. Miguel, min.82
Partido
con pouco futbol por parte dun Camelle que colleita a primeira derrota como
local da tempada e volve a perder cun Laxe que xa lle ganara na primeira volta.
Non empezou mal
nin o partido nin o Camelle, que os catro minutos dispoxo dunha boa ocasión por
medio de Miguel a pase de Barreiro que desbaratou o porteiro visitante. Pouco
despois foille anulado un gol ó Laxe por fora de xogo e nova ocasión, esta vez
para Barreiro, que non foi quen de precisar unha bolea dende a frontal cando se
cumpría o cuarto de hora. O Laxe estaba moi ben prantado e intentaba sair a
contra con moita rapidez, pero foi nun saque de esquina ós vintaecinco minutos
cando, cun remate franco de cabeza, se adiantaba no marcador. E aquí empezou a
debacle do Camelle, mais preocupado en protestarlle ó árbitro as reiteradas
faltas do Laxe que en desputar o encontro. Un achegamento de Barreiro nun
mal despexe da defensa laxense cun lanzamento desviado foi o pouco fixo o
equipo local ata o final do primeiro tempo, un final que chegou co segundo gol do
Laxe, noutro saque de esquina tras unha parada de moito mérito de Carlos de
Dido (de novo porteiro por lesión de Purrúa). O lanzamento do corner chegou
rexeitado ó borde do área onde o xogador do Laxe voleou sen oposición para
facer un gran gol.
A
segunda metade foi un autentico correcalles, onde o Laxe executaba rápidas
contras ante un Camelle deslabazado en pós dun gol que o metera no partido, e no
que o colexiado se fixo protagonísta cambiando toda a permisividade que tivera
co Laxe na primeira parte por unha sucesión de amonestacións mais que
discutible e que fixo que ningún dos dous equipos acabase o partido cos once
xogadores no campo. Se ben é certo que o Camelle o intentou ata o pitido final,
tamén é claro que o fixo sen ton nin són, con moitas guerras individuales e con
constantes perdas de ubicación de posicións, onde ninguén estaba onde tiña que
estar. O Laxe tentou aprovietar isto con perigosas contras, pero entre o longueiro
e un inspirado Carlos de Dido (sen dúbida o mellor do equipo) non foron capaces
de facer o terceiro ata o minuto noventaetrés cando tras un novo paradón de
Carlos, aproveitaron o seu rexite para marcar a pracer.
Non
sentou nada ben ó equipo o "exilio" camariñan e agora só queda pensar
no seguinte partido e afronta-lo do mellor xeito posible. Destacar sobre todo á
magnifica afeción do Camelle que se desprazou ata Camariñas para animar ós
nosos e, encabezados por Ana Pérez, non deixaron de animar en ningún momento a
pesar do mal partido e do resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario