Tras a derrota do último partido só queda pensar no Alcaián para mellorar a imaxe ofrecida. O equipo de Coristanco non será un rival facil, e moito menos no seu campo, e ven, ademais, de golear ó Lira a domicilio por cero goles a sete, mostrando unha importante melloría nas últimas xornadas. Decimosegundos con vintaedous puntos, non están moi lonxe dos postos de loita polo ascenso e, nesta liga tan apretada, tres bos resultados farían que estivesen ahí.. A xeira de resultados dos seus partidos neste ano é a seguinte: Pinchar aquí
A temporada pasada o resultado foi de catro a dous favorable ó Alcaián
XORNADA: 19ª_ SD ALCAIÁN - SD CAMELLE
DATA E HORA: Domingo 20 de Xaneiro 2013 ás 16:00h (fonte: siguetuliga)
PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Ceos anubrados con chuvias frecuentes, vento moderado do sudoeste, temperatura en torno ós 11ºC (fonte: meteogalicia)
ÁRBITRO: Castreje Ferrío, David (fonte: futgal)
O partido desputarase no campo "Portorrubio" de Alcaián - Coristanco, de herba natural e de 90x60m, as cores oficiais do Alcaián son pantalón negro e camisola amarela.
CONVOCATORIA: A partir das 23 horas no facebook
No hay comentarios:
Publicar un comentario